Eustaquio Ilundáin: Diferenzas entre revisións
m engado a Categoría:Nados en 1862 mediante HotCat |
|||
Liña 13: | Liña 13: | ||
[[Categoría:Bispos da diocese de Ourense|Ilundáin]] |
[[Categoría:Bispos da diocese de Ourense|Ilundáin]] |
||
[[Categoría:Nados en 1862]] |
Revisión como estaba o 13 de febreiro de 2014 ás 09:06
Eustaquio Ilundáin y Esteban, nado en Pamplona o 20 de setembro de 1862 e falecido en Sevilla o 10 de agosto de 1937, foi bispo de Ourense entre os anos 1904 e 1920 e posteriormente arcebispo de Sevilla ata a súa morte.
Traxectoria
Recibiu formación en Teoloxía nos seminarios de Pamplona e Ciudad Real. Na capital navarra foi ordenado sacerdote no ano 1886 e alí serviu ata 1891. Entre 1901 e 1904 foi reitor do Seminario de Segovia.
Durante o seu período na diocese de Ourense prestou especial atención á formación dos seminaristas e promoveu os seus coñecementos científicos. Realizou importantes investimentos para subministrar aparellos ao gabinete de Física e Historia Natural que el mesmo fundou.
En 1914 suspendeu a divinis ao crego e líder agrarista Basilio Álvarez pola campaña xornalística e política que este emprendera en defensa do campesiñado e contra os poderes conservadores. Eustaquio Ilundáin viviu tamén mentres foi bispo de Ourense a aceptación por parte da poboación de novas formas de ocio, entre elas o cinematógrafo, que foi visto como unha ameaza á doutrina da Igrexa e aos seus valores morais[Cómpre referencia], visión esta que retratou Carlos Casares na novela Ilustrísima.