Sistema nervioso somático: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 16: Liña 16:
O sistema nervioso somático controla todos os sistemas musculares voluntarios do corpo, coa excepción dos [[arco reflexo|arcos reflexos]].
O sistema nervioso somático controla todos os sistemas musculares voluntarios do corpo, coa excepción dos [[arco reflexo|arcos reflexos]].


A ruta básica do sinal nervioso no sisteme nervioso somático eferente implica unha secuencia que empeza nos [[soma|corpos celulares]] das [[motoneurona]]s superiores do xiro cerebral precentral (which approximates the [[córtex motor primario]]). Os estímulos do xiro precentral transmítense desde as motoneuronas superiores e baixas polos [[axón]]s do [[tracto corticospiñal]] para controlar os músculos (voluntarios) esqueléticos. Estes estímulos son transmitidos desde as motoneuronas superiores a través do [[corno anterior da espiña dorsal]], e fan sinapse cos [[receptor sensorial|receptores sensoriais]] das [[alfa motoneurona]]s (as grandes [[motoneurona inferior|motoneuronas inferiores]]) do tronco cerebral e a medula espiñal.
A ruta básica do sinal nervioso no sistema nervioso somático eferente implica unha secuencia que empeza nos [[soma|corpos celulares]] das [[motoneurona]]s superiores do xiro cerebral precentral (que se aproxima ao [[córtex motor primario]]). Os estímulos do xiro precentral transmítense desde as motoneuronas superiores e baixan polos [[axón]]s do [[tracto corticospiñal]] para controlar os músculos (voluntarios) esqueléticos. Estes estímulos son transmitidos desde as motoneuronas superiores a través do [[corno anterior da espiña dorsal]], e fan [[sinapse]] cos [[receptor sensorial|receptores sensoriais]] das [[alfa motoneurona]]s (as grandes [[motoneurona inferior|motoneuronas inferiores]]) do tronco cerebral e a medula espiñal).


As motoneuronas superiores liberan o [[neurotransmisor]] [[acetilcolina]] no botón terminal dos seus axóns, que é recibido polo [[receptor de acetilcolina nicotínico|receptores nicotínicos]] das alfa motoneuronas. Á súa vez, as alfa motoneuronas transmiten o estímulo.
As motoneuronas superiores liberan o [[neurotransmisor]] [[acetilcolina]] no botón terminal dos seus axóns, que é recibido polo [[receptor de acetilcolina nicotínico|receptores nicotínicos]] das alfa motoneuronas. Á súa vez, as alfa motoneuronas transmiten o estímulo.

Revisión como estaba o 6 de febreiro de 2014 ás 18:37

O sistema nervioso somático ou sistema nervioso voluntario é a parte do sistema nervioso periférico [1] asociada co control voluntario dos movementos do corpo por medio dos músculos esqueléticos. O sistema nervioso somático consta de nervios eferentes responsables da estimulación da contracción muscular, e inclúe todas as neuronas non sensoriais conectadas cos músculos esqueléticos e a pel.

Partes do sistema nervioso somático

No noso corpo existen 43 segmentos de nervios e en cada segmento hai un par de nervios motores e sensoriais. No corpo, 31 segmentos de nervios están na medula espiñal e 12 no tronco cerebral. Ademais destes, no corpo existen miles de nervios de asociación.

Deste modo, o sistema nervioso somático consta de tres partes:

i) Nervios espiñais ou raquídeos: Son nervios periféricos que levan información sensorial á medula espiñal e ordes motoras.

ii) Nervios craniais: Son fibras nerviosas que levan información cara adentro e fóra do tronco cerebral. Inclúen os encargados do olfacto, visión, ollo, músculos do ollo, boca, gusto, oído, pescozo, ombros e lingua.

iii) Nervios de asociación: Estes nervios integran as entradas sensoriais e as saídas motoras.

Transmisión de sinais nerviosos

O sistema nervioso somático controla todos os sistemas musculares voluntarios do corpo, coa excepción dos arcos reflexos.

A ruta básica do sinal nervioso no sistema nervioso somático eferente implica unha secuencia que empeza nos corpos celulares das motoneuronas superiores do xiro cerebral precentral (que se aproxima ao córtex motor primario). Os estímulos do xiro precentral transmítense desde as motoneuronas superiores e baixan polos axóns do tracto corticospiñal para controlar os músculos (voluntarios) esqueléticos. Estes estímulos son transmitidos desde as motoneuronas superiores a través do corno anterior da espiña dorsal, e fan sinapse cos receptores sensoriais das alfa motoneuronas (as grandes motoneuronas inferiores) do tronco cerebral e a medula espiñal).

As motoneuronas superiores liberan o neurotransmisor acetilcolina no botón terminal dos seus axóns, que é recibido polo receptores nicotínicos das alfa motoneuronas. Á súa vez, as alfa motoneuronas transmiten o estímulo.

Desde alí, libérase acetilcolina no terminal axónico das alfa motoneuronas, que é recibido polos receptores postsinápticos (receptores de acetilcolina nicotínicos) dos músculos, o que causa a contracción muscular.

Diferenzas en vertebrados e invertebrados

En invertebrados, dependendo do neurotransmisor liberado e do tipo de receptor ao que se une, a resposta na fibra muscular pode ser excitatoria ou inhibitoria. Porén, nos vertebrados a resposta dunha fibra muscular ao neurotransmisor (sempre acetilcolina) pode só ser excitatoria.

Arcos reflexos

Un arco reflexo é un circuíto neural que crea unha ligazón máis ou menos automática entre un estímulo sensorial e unha resposta motora específica. Os circuítos reflexos varían en complexidade, e os máis simples son os reflexos espiñais mediados por unha cadea de tres elementos, que empeza coas neuronas sensoriais que activan interneuronas na medula espiñal, as cales despois activan as motoneuronas. Algunhas respostas reflexas, como a retirada rápida da man cando se toca unha superficie moi quente, son protectoras, pero outras, como o reflexo do xeonllo, activado por un golpe no tendón do xeonllo (tendón patelar), contribúen ao comportamento normal.

Notas

  1. DorlandsDictionary somatic nervous system

Véxase tamén

Outros artigos