Esfínter: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 18: Liña 18:
* O [[esfínter pupilar]], situado no [[iris (anatomía)|iris]] no [[ollo]], que controla a abertura pupilar e, por tanto, a cantidade de luz que entra no ollo.
* O [[esfínter pupilar]], situado no [[iris (anatomía)|iris]] no [[ollo]], que controla a abertura pupilar e, por tanto, a cantidade de luz que entra no ollo.
* O [[esfínter esofáxico superior]].
* O [[esfínter esofáxico superior]].
* O [[cardias]] (esfínter esofáxico inferior), na parte superior do [[estómago]]. Este esfínter impide que os contidos ácidos do estómago pasen ao esófago.
* O [[cardia]] (esfínter esofáxico inferior), na parte superior do [[estómago]]. Este esfínter impide que os contidos ácidos do estómago pasen ao esófago.
* O [[esfínter pilóricio]], na parte inferior do estómago. Libera o quimo no [[duodeno]].
* O [[esfínter pilóricio]], na parte inferior do estómago. Libera o quimo no [[duodeno]].
* O [[válvula ileocecal|esfínter ileocecal]] na unión do intestino delgado co groso, que impide o refluxo dos contidos do [[cego (anatomía)|cego]] cara ao [[íleo]].
* O [[válvula ileocecal|esfínter ileocecal]] na unión do intestino delgado co groso, que impide o refluxo dos contidos do [[cego (anatomía)|cego]] cara ao [[íleo]].

Revisión como estaba o 6 de febreiro de 2014 ás 17:40

Esfínteres externo e interno do ano.

Un esfínter (do latín tardío sphincter, e este do grego σφιγκτήρ, sphinktēr, "banda, músculo contráctil"), é unha estrutura anatómica constituída por un músculo circular ou con forma de anel que normalmente mantén a constrición dun orificio ou pasaxe natural do corpo, que se relaxa cando é necesario para o funcionamento fisiolóxico normal. Os esfínteres atópanse en moitos animais vertebrados e invertebrados, e no corpo humano existen moitos, aínda que algúns son pequenos e microscópicos, especialmente os millóns de esfínteres precapilares existentes nos capilares sanguíneos.[1] Os esfínteres reláxanse ao morrer. O mal funcionamento dos esfínteres orixina diversos problemas como a incontinencia urinaria ou fecal ou o refluxo gastroesofáxico.

Funcións

Os esfínteres son efectivos para controlar a entrada e liberación de líquidos e sólidos, facilitando o seu paso nos momentos adecuados ou impedindo o refluxo. Moitos esfínteres úsanse diariamente como parte normal da dixestión ou da visión. Por exemplo, o esfínter esofáxico situado na parte superior do estómago mantén os ácidos estomacais e outros contidos estomacais dentro do estómago evitando que pasen ao esófago.

Clasificacións

Os esfínteres poden clasificarse en funcionais e anatómicos:

  • Os esfínteres anatómicos teñen un engrosamento de músculo localizado e xeralmente circular que facilita a súa acción como esfínter.
  • Os esfínteres funcionais non teñen ese engrosamento muscular localizado e realizan a súa acción de esfínter por medio da contracción muscular arredor (extrínsecos) ou dentro (intrínsecos) dunha estrutura anatómica.

Os esfínteres poden tamén ser controlados voluntariamente ou involuntariamente:

Exemplos

Diagrama do esfínter e válvula ileocecal.

Notas

  1. 1,0 1,1 Vander, Arthur; Sherman, James; & Luciano, Dorothy (1994). Human Physiology: The Mechanism of Body Function (Sixth Edition, International Edition). McGraw Hill, Inc. pp. 437–440. ISBN 0-07-113761-0.  A referencia usa o parámetro obsoleto |coauthors= (Axuda)