Esfínter: Diferenzas entre revisións
Liña 32: | Liña 32: | ||
{{Listaref}} |
{{Listaref}} |
||
[[Categoría: |
[[Categoría:Musculatura]] |
Revisión como estaba o 6 de febreiro de 2014 ás 12:22
Este artigo está a ser traducido ao galego por un usuario desta Wikipedia; por favor, non o edite. O usuario Miguelferig (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 10 anos. Se o usuario non publica a tradución nun prazo de trinta días, procederase ó seu borrado rápido. |
Un esfínter é unha estrutura anatómica constituída por un músculo circular ou con forma de anel que normalmente mantén a constrición dun orificio ou paso natural, que se relaxa cando se require para o funcionamento fisiolóxico normal. Os esfínteres atópanse en moitos animais vertebrados e invertebrados, e no corpo humano existen uns 50 tipos, aínda que algúns son pequenos e microscópicos, especialmente os millóns de esfínteres precapilares existentes nos capilares sanguíneos.[1] Os esfínteres reláxanse ao morrer, polo que poden deixar saír fluídos.[2]
Funcións
Os esfínteres son efectivos para controlar a entrada e liberación de líquidos e sólidos; isto é especialmente evidente no orificio respiratorio de cetáceos.
Moitos esfínteres úsanse diariamente como parte normal da dixestión ou da visión. Por exemplo, o esfínter esofáxico situado na parte superior do estómago mantén os ácidos estomacais e outros contidos estomacais dentro do estómago evitando que pasen ao esófago.
Clasificacións
Os esfínteres poden clasificarse en funcionais e anatómicos:
- Os esfínteres anatómicos teñen un engrosamento de músculo localizado e xeralmente circular que facilita a súa acción copmo esfínter.
- Os esfínteres funcionais non teñen ese engrosamento muscular localizado e realizan a súa acción de esfínter por medio da contracción muscular arredor (extrínsecos) ou dentro (intrínsecos) dunha estrutura anatómica.
Os esfínteres poden tamén ser controlados voluntariamente ou involuntariamente:
- Os esfínteres voluntarios están controlados polo sistema nervioso somático.
- Os esfínteres involuntarios son estimulados polo sistema nervioso autónomo.
Exemplos
- O esfínter pupilar, situado no iris no ollo.
- O esfínter esofáxico superior.
- O cardias (esfínter esofáxico inferior), na parte superior do estómago. Este esfínter impide que os contidos ácidos do estómago pasen ao esófago.
- O esfínter pilóricio, na parte inferior do estómago.
- O esfínter ileocecal na unión do intestino delgado co groso, que impide o refluxo dos contidos do cego cara ao íleo.
- O esfínter de Oddi, que controla as secrecións do fígado, páncreas e vesícula biliar ao duodeno.
- O esfínter uretral, que controla a saída da urina do corpo.
- O ano posúe dous esfínteres (esfínter anal externo e esfínter anal interno), que controlan a saída das feces do corpo. O interno é involuntario e o externo é voluntario.
- Os esfínteres precapilares microscópicos funcionan controlando o fluxo de sangue nos capilarrd en resposta á actividade metabólica local.[1]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 Vander, Arthur; Sherman, James; & Luciano, Dorothy (1994). Human Physiology: The Mechanism of Body Function (Sixth Edition, International Edition). McGraw Hill, Inc. pp. 437–440. ISBN 0-07-113761-0. A referencia usa o parámetro obsoleto
|coauthors=
(Axuda) - ↑ http://www.medscape.com/viewarticle/716463_5