Esfínter: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4: Liña 4:


==Funcións==
==Funcións==
Os esfínteres son efectivos para controlar a entrada e liberacuión de líquidos e sólidos; isto é especialmente evidente no orificio respiratorio de [[cetáceos]].
Os esfínteres son efectivos para controlar a entrada e liberación de líquidos e sólidos; isto é especialmente evidente no orificio respiratorio de [[cetáceos]].


Moitos esfínteres úsanse diariamente como parte normal da dixestión ou da visión. Por exemplo, o esfínter esofáxico situado na parte superior do estómago mantén os ácidos estomacais e outros contidos estomacais dentro do estómago e sen poder pasar ao [[esófago]].
Moitos esfínteres úsanse diariamente como parte normal da dixestión ou da visión. Por exemplo, o esfínter esofáxico situado na parte superior do estómago mantén os ácidos estomacais e outros contidos estomacais dentro do estómago evitando que pasen ao [[esófago]].


==Clasificacións==
==Clasificacións==

Revisión como estaba o 6 de febreiro de 2014 ás 12:19

Esfínteres externo e interno do ano.

Un esfínter é unha estrutura anatómica constituída por un músculo circular ou con forma de anel que normalmente mantén a constrición dun orificio ou paso natural, que se relaxa cando se require para o funcionamento fisiolóxico normal. Os esfínteres atópanse en moitos animais vertebrados e invertebrados, e no corpo humano existen uns 50 tipos, aínda que algúns son pequenos e microscópicos, especialmente os millóns de esfínteres precapilares existentes nos capilares sanguíneos.[1] Os esfínteres reláxanse ao morrer, polo que poden deixar saír fluídos.[2]

Funcións

Os esfínteres son efectivos para controlar a entrada e liberación de líquidos e sólidos; isto é especialmente evidente no orificio respiratorio de cetáceos.

Moitos esfínteres úsanse diariamente como parte normal da dixestión ou da visión. Por exemplo, o esfínter esofáxico situado na parte superior do estómago mantén os ácidos estomacais e outros contidos estomacais dentro do estómago evitando que pasen ao esófago.

Clasificacións

Os esfínteres poden clasificarse en funcionais e anatómicos:

  • Os esfínteres anatómicos teñen un engrosamento de músculo localizado e xeralmente circular que facilita a súa acción copmo esfínter.
  • Os esfínteres funcionais non teñen ese engrosamento muscular localizado e realizan a súa acción de esfínter por medio da contracción muscular arredor (extrínsecos) ou dentro (intrínsecos) dunha estrutura anatómica.

Os esfínteres poden tamén ser controlados voluntariamente ou involuntariamente:

Exemplos

Diagrama do esfínter e válvula ileocecal.

Notas

  1. 1,0 1,1 Vander, Arthur; Sherman, James; & Luciano, Dorothy (1994). Human Physiology: The Mechanism of Body Function (Sixth Edition, International Edition). McGraw Hill, Inc. pp. 437–440. ISBN 0-07-113761-0.  A referencia usa o parámetro obsoleto |coauthors= (Axuda)
  2. http://www.medscape.com/viewarticle/716463_5