Transexualidade: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q190965
EmausBot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q190965
Liña 18: Liña 18:


[[Categoría:Transexualidade]]
[[Categoría:Transexualidade]]

[[no:Transkjønnethet]]

Revisión como estaba o 5 de febreiro de 2014 ás 11:35

Amanda Lepore, transexual.

Un transexual é unha persoa que se identifica cun xénero que non ten correspondencia directa co seu sexo xenital. Hai homes e mulleres transexuais que fan unha reasignación do seu sexo mediante terapias de tipo cirúrxico e endócrino.

Características

Os requisitos mínimos para que unha persoa sexa considerada transexual están sempre en debate. Algunhas persoas achan que as mudanzas provocadas por tratamento hormonal, sen alteracións cirúrxicas, son suficientes para cualificar o uso do termo transexual. Outros, especialmente médicos, acreditan que existe un conxunto de procedementos que deben ser seguidos sempre. O público en xeral moitas veces define “un/unha transexual” como alguén que fixo ou planea facer unha cirurxía de “mudanza de sexo”. O termo corrente en uso para definir mudanzas das características sexuais é Cirurxía de Reasignación Sexual - CRS (Sex Reasignment Surgery - SRS, en inglés). Este termo reflicte a idea de que as persoas transexuais non están “mudando de sexo”, senón corrixindo os seus corpos. Entre tanto, ten sido comunmente aceptado que o desexo de pertencer ao sexo oposto, ou a afirmación de que determinada persoa é do sexo oposto ao sexo designado no nacemento, xa é condición suficiente para considerar a alguén transexual. En contraste, algunhas persoas transxéneras moitas veces non consideran que son ou queren pertencer ao sexo oposto, senón que son ou queren ser do xénero oposto.

Transxénero é considerado un termo paraugas para persoas que foxen dos roles de xénero. Entre tanto moitas persoas transexuais non se identifican como transxénero. Algúns ven transxénero como descaracterización e non recoñecemento de súas identidades, porque para estes o termo significa "quebra de papeis sociais de xénero", cando de feito se ven a si mesmos como pertencentes a un rol de xénero, pero diferente do que lles foi asignado no nacemento.

As persoas transexuais son moitas veces definidas como pertencentes á comunidade LGBT ou Queer. Algúns identifícanse con esta comunidade, outros non ou prefiren non usar o termo. Hai que salientar que a transexualidade non está relacionada coa orientación sexual. Mulleres e homes transexuais exhiben unha gama de orientacións sexuais da mesma forma que os cisexuais (non-transexuais). Eles sempre se refiren á súa orientación sexual en relación co seu xénero final.

Véxase tamén

Outros artigos