Xabier P. DoCampo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m engadimos unha ligazón externa
Sen resumo de edición
Liña 96: Liña 96:
* [http://www.aelg.org/Centrodoc/GetAuthorById.do?id=autor236 Ficha do autor] na [[AELG]]
* [http://www.aelg.org/Centrodoc/GetAuthorById.do?id=autor236 Ficha do autor] na [[AELG]]
* [http://www.filix.org/ranholas/xabier.html Páxina do autor en FILIX]
* [http://www.filix.org/ranholas/xabier.html Páxina do autor en FILIX]
*[https://sites.google.com/a/iesgarciabarros.org/literatura-galega-do-s/entrevistas/xabierpdocampo Entrevista de Literatura Galega do s.XX do alumando do Ies Manuel Garcia Barros]
*[https://sites.google.com/a/iesgarciabarros.org/literatura-galega-do-s/entrevistas/xabierpdocampo Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros]


{{ORDENAR:Puente Docampo, Xabier}}
{{ORDENAR:Puente Docampo, Xabier}}

Revisión como estaba o 4 de febreiro de 2014 ás 10:03

Francisco Xabier Puente Docampo, coñecido popularmente como Xabier P. DoCampo, nado en Rábade o 5 de abril de 1946, é un mestre, escritor, contacontos, actor de teatro, guionista e promotor da lingua e a cultura galega, ademais de animador á lectura e experto en bibliotecas escolares.

Traxectoria

Traballou como mestre en varios colexios e durante oito anos en Preescolar na Casa. Sempre relacionado cos movementos de renovación pedagóxica, pertenceu ao Consello de Redacción da Revista Galega de Educación. Deu cursos a profesores e lin ponencias en congresos sobre a didáctica da lingua e a literatura, sobre a lectura e a súa implantación escolar e social, sobre a narración oral, a súa estrutura, a súa influencia na literatura escrita e a súa utilización didáctica, tanto en Galicia coma fóra. Escribiu libros de texto para a escola e textos de ensaio didáctico e pedagóxico. Foi tamén actor e director de teatro e colaborou durante sete anos en Radio Nacional de España en Galicia como guionista e como director de programas de diverso tipo e formato.

Trátase dun dos grandes renovadores da literatura infantil-xuvenil galega.

En 1995 obtivo o Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil por Cando petan na porta pela noite, seleccionada así mesmo como unha das cen mellores obras do século XX español, segundo a Fundación Germán Sánchez Ruipérez.

A súa tarefa pedagóxica intégrase na chamada Nova Escola Galega.

Participou activamente na creación de "Gálix" (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), de cuxa Xunta directiva formou parte durante cinco anos, dous deles como presidente. Tamén pertenceu ó Consello de Redacción da Revista Galega de Educación.

Colaborou semanalmente no programa da Radio Galega Un día por diante cun comentario literario.

Obras

Literatura infanto-xuvenil

Narrativa

  • O libro das viaxes imaxinarias (2008, Xerais).

Ensaio

  • Falar e escoitar (1992, Xerais).

Obras colectivas

  • Os contos da campaña (3) (1992, Xunta de Galicia).
  • Trazos, trozos e retrincos (1992, Xunta de Galicia).
  • Construír a paz (1996, Xerais).
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996, Xerais).
  • Novo do trinque (1997, BNG).
  • Imos xuntos camiñar (1999, Xunta de Galicia).
  • Novos exercicios de estilo (2000, Universidade da Coruña).
  • Contos de ler e contar (2001, Xunta de Galicia).
  • Historias para calquera lugar (2001, Xerais).
  • Manuel María (2001, Ophiusa).
  • Contos do museo (2003, Deputación de Lugo).
  • Narradio. 56 historias no ar (2003, Xerais).
  • Contos de máscaras, rúas, perdicións e caníbales (2004, Xunta de Galicia).[1]
  • Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (2008, Xerais).
  • 55 mentiras sobre a lingua galega (2009), Laiovento).
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009, Difusora).
  • Cociñando ao pé da letra (2011, Galaxia). Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.

Premios

  • Premio Feira do Libro da Coruña, 1989, polo conxunto da súa obra narrativa.
  • Premio Emilia Pardo Bazán do Ministerio de Educación.
  • Premio Rañolas 1994 á mellor obra de Literatura Infantil e Xuvenil en Galicia.
  • Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 1995, por Cando petan na porta pola noite.
  • Honourl List IBBY 1996.
  • The White Ravens 1997 da Jugendbibliothek de Munich.
  • Premio Lecturas da Asociación do Libro Infantil e Xuvenil de Galicia (GALIX) de 2004.
  • The White Ravens 2005 da Jugendbibliotethet de Munich, por Bolboretas.
  • Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro Ilustrado no 2008, por O libro das viaxes imaxinarias.
  • Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega de Infantil-Xuvenil no 2008, por O libro das viaxes imaxinarias.
  • Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil no 2008, por O libro das viaxes imaxinarias.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas