Paco Martín: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m engadimos unha ligazón externa
Sen resumo de edición
Liña 104: Liña 104:
*[http://www.youtube.com/watch?v=MtmlUDkFssw Vídeo de Paco Martín lendo un texto de [[Álvaro Cunqueiro]]]
*[http://www.youtube.com/watch?v=MtmlUDkFssw Vídeo de Paco Martín lendo un texto de [[Álvaro Cunqueiro]]]
*[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2002/03/20/1014814.shtml Entrevista ao autor en La Voz de Galicia]
*[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2002/03/20/1014814.shtml Entrevista ao autor en La Voz de Galicia]
*[https://sites.google.com/a/iesgarciabarros.org/literatura-galega-do-s/entrevistas/pacomartin Entrevista de Literatura Galega do s.XX do alumando do Ies Manuel Garcia Barros]
*[https://sites.google.com/a/iesgarciabarros.org/literatura-galega-do-s/entrevistas/pacomartin Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros]


[[Categoría:Escritores en lingua galega|Martin Iglesias, Paco]]
[[Categoría:Escritores en lingua galega|Martin Iglesias, Paco]]

Revisión como estaba o 4 de febreiro de 2014 ás 10:00

Infotaula de personaPaco Martín

Francisco Martín Iglesias
Biografía
Nacemento(es) Francisco Martín Iglesias Editar o valor em Wikidata
22 de febreiro de 1940 (84 anos)
Lugo Galicia Galicia
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNarrativa, contos, literatura infanto-xuvenil
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

AELG: 182 Dialnet: 5612219


Francisco Martín Iglesias, coñecido como Paco Martín, nado no barrio de Recatelo, en Lugo, o 22 de febreiro de 1940, é un escritor en lingua galega e foi mestre de ensino primario durante case catro décadas, até a súa xubilación no ano 2000.

Traxectoria

A Paco Martín en Lugo.

Dirixiu o semanario Axóuxere, publicou a súa primeira obra en 1971, a partir dunha escolma de pequenas pezas narrativas que levou por título Muxicas no espello. Data de 1976 a súa primeira novela No cadeixo, finalista do Premio Galaxia de novela convocado en 1975 co gallo do 25 aniversario da editorial. Un lustro máis tarde, en 1981, publicou a novela E agora cun ceo de lama. Foi en 1985, coa publicación do libro Das cousas de Ramón Lamote que gañou sona, sendo traducida a devandita obra a diversas linguas (cómpre pór de relevo o éxito da tradución española que correu por Latinoamérica) e converténdose nun referente da literatura infantil e xuvenil, aportando á historia da literatura galega a figura do personaxe Ramón Lamote, amais de lle ter suposto ao autor o Premio Nacional de literatura infantil 1986. O seguinte título do autor foi Lembranza nova de vellos mesteres (1988), ao que seguiron Servando I rei do mundo enteiro (1990) e Tres historias para ler á noite (1992). No 2006 saíu ao mercado o seu libro "A bisneta lercha", que, baseándose no conto tradicional, procurou dar un novo pulo a escritura de fábulas. En 2008 publicou unha secuela de Das cousas de Ramón Lamote, titulada Das novas cousas de Ramón Lamote.

Por outra banda, Paco Martín recompilou adiviñas galegas, que publicou baixo os títulos O libro das adiviñas (1975) e ¿Que cousa é cousa?... Libro das adiviñas (1985). Amais, ten sido un dos pioneiros da escrita de libros de texto en galego e da súa autoría son Lúa Nova 1 e Lúa Nova 2 (1978) e máis tarde Galego 1 e Galego 2 (1985).

Como columnista ten traballado no Diario de Pontevedra e no diario lugués El Progreso, no que segue a colaborar a día de hoxe.

No 2011 foi nomeado Socio de Honra coa Letra E pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. En outubro do mesmo ano foi o encargado de ler o pregón das festas de San Froilán de Lugo.[1]

Obra

Narrativa

  • Muxicas no espello, 1971, Galaxia. 2ª edición en 1981, Xerais.
  • No cadeixo, 1976, Galaxia.
  • E agora cun ceo de lama, 1981, Xerais.
  • Dende a muralla, 1990, Xerais.
  • A, se cadra, verdadeira historia do Basechs Anxeliño Viltroteira, 1992, Castromil.
  • Tres historias para ler á noite[2], 1992, Galaxia. Edición aumentada no 2000.
  • Pierre, 1993, Consorcio de Santiago.
  • Autovía, 1994, Nigra.
  • A bisneta lercha, 2006, Galaxia.

Literatura infanto-xuvenil

  • Coa xente miúda II, 1985, Vía Láctea.
  • Das cousas de Ramón Lamote, 1985. S. M.
  • Lembranza nova de vellos mesteres, 1988, Galaxia.
  • Servando I rei do mundo enteiro, 1990, Xerais.
  • Un robot pequeno, 1991, Xerais.
  • O vagón que perdeu o tren. O xardín, 1991, Xerais.
  • Dous homes ou tres, 1993, S. M.
  • Andanzas e amizades dun robot pequeno, 1994, Xerais.
  • Somos galegos porque..., 1996, Xunta de Galicia.
  • O paporrubio que tiña sede, 1998, Xunta de Galicia.
  • Medio burato, 2000, S. M.
  • Auga para encher un cesto, 2002, Tambre.
  • Das novas cousas de Ramón Lamote, 2008, Galaxia.
  • Sabeliña e os ratos, 2008, Galaxia.

Etnografía

  • O libro das adiviñas, 1975, Akal.
  • ¿Que cousa é cousa?... Libro das adiviñas, 1985, Galaxia.
  • Un reguiño na Terra Cha: mapa do mundo, 1995, Xistral (edición non venal).
Paco Martín

Obras colectivas

  • Contos pra nenos, 1979, Galaxia.
  • Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, 1986, Concello de Lugo.
  • 8 contos, 1989, Xunta de Galicia.
  • Sede Central. Relatos 2, 1990, Clube Cultural Adiante.
  • Contos da xustiza, 1991, Ir Indo.
  • Lerias, 1991, Xunta de Galicia.
  • Contos de hogano, 1992, El Correo Gallego.
  • Berra liberdade (Escritores galegos por Amnistía Internacional), 1996, Galaxia.
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996, Xerais.
  • E dixo o corvo..., 1997, Xunta de Galicia.
  • Novo do trinque, 1997, BNG.
  • Na boca do lobo, 1998, Tris Tram.
  • Imos xuntos camiñar, 1999, Xunta de Galicia.
  • Contos de ler e contar, 2001, Xunta de Galicia.
  • Ninguén está só, 2001, Tris Tram.
  • Poemas e contos da muralla, 2001, A Nosa Terra.
  • Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. I), 2001, Consello da Cultura Galega.
  • Contos do museo, 2003, Deputación de Lugo.
  • Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais.
  • Catro pallasos, en Crispín do Mao, ¡Adeus, pés!, O enigma do menhir e Catro pallasos, 2004, Xunta de Galicia.
  • Contos de máscaras, rúas, perdicións e caníbales, 2004, Xunta de Galicia.
  • Postais do Camiño, 2004, Galaxia.
  • Xela Arias, quedas en nós, 2004, Xerais.
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora.

Premios

  • 1º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1973, por Sabeliña e os ratos.
  • Premio O Barco de vapor no 1984, por Das cousas de Ramón Lamote.
  • Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no 1986, por Das cousas de Ramón Lamote.
  • Lista de honor da IBBY no 1986, por Das cousas de Ramón Lamote.
  • Mención na lista de White Ravens, por Das cousas de Ramón Lamote.
  • Premio Santiago de T.V.E., 1987.
  • Premio Puro Cora de xornalismo, 1994.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas