Talín: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
corrixo coordenadas e engado mapa de localización
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 102: Liña 102:
[[Ficheiro:Tallinn.jpg|miniatura|dereita|350px|Praza principal de Tallinn]]
[[Ficheiro:Tallinn.jpg|miniatura|dereita|350px|Praza principal de Tallinn]]


Ademais de Tallinn, a cidade posúe outros nomes históricos como: ''Koluvan'', ''Lindanise'', ''Lindanisa'' (''Lindanäs''), xunto con algunhas variacións de "Reval" —'' Revalia'', ''Revel'' e ''Reveln''. A orixe do nome "Tallinn" segue a debaterse, aínda que se sabe que é de orixe [[estoniano]]. Algúns pensan que deriva de "Taani-linn" (que significa "Cidade dinamarquesa"), ou de "Talu linn" (que significa "Cidade agrícola").
Ademais de Tallinn, a cidade posúe outros nomes históricos como: ''Koluvan'', ''Lindanise'', ''Lindanisa'' (''Lindanäs''), xunto con algunhas variacións de "Reval" —'' Revalia'', ''Revel'' e ''Reveln''. A orixe do nome "Tallinn" segue a debaterse, aínda que se sabe que é de orixe [[lingua estoniana|estoniana]]. Algúns pensan que deriva de "Taani-linn" (que significa "Cidade dinamarquesa"), ou de "Talu linn" (que significa "Cidade agrícola").


Tallin é sede da Universidade Tecnolóxica de Tallin, ademais doutras institucións de educación superior, como por exemplo:
Tallin é sede da Universidade Tecnolóxica de Tallin, ademais doutras institucións de educación superior, como por exemplo:

Revisión como estaba o 2 de febreiro de 2014 ás 01:22

Coordenadas: 59°26′14″N 24°44′43″L / 59.43722, -24.74528 Modelo:Cidade Talín ou Tallinn (antigamente: Reval) é a capital e principal porto de Estonia. A cidade atópase no costa norte de Estonia, no Golfo de Finlandia, a 80km ó sur de Helsinki.

Historia

Igrexa Ortodoxa Alexander Nevsky

As primeiras pegadas de ocupación humana da zona atópanse no segundo milenio antes da nosa era. Nos séculos IX e X Talín era un centro comercial importante. En 1219 a vila foi conquistada polas tropas danesas que constrúen unha fortaleza en pedra para defendela. Durante a Idade Media a vila era membro da Hansa, en 1346 pasou á Orde dos Cabaleiros Teutónicos, en 1561 pasou aos suecos e en 1710 aos rusos. Bombardeada durante a Segunda Guerra Mundial.

Poboación

A poboación da cidade é de preto de 500.400 habitantes (2000), rexistrados 401,694 (Marzo de 2005).

De acordo co Eurostat, a axencia de estatística da Unión Europea, de tódalas cidades capitais dos países membros da UE, Tallinn ten a maior porcentaxe de nacionais de fóra da UE:o 27.8% da poboación non é cidadá da UE. Isto se debe ó gran número de rusos, que participaran na migración planexada doutras repúblicas da Unión Soviética para Talín e para outras localidades do norte de Estonia. Actualmente, moitos destes emigrantes, así como os seus descendentes, aínda non teñen a cidadanía estoniana. As leis de nacionalidade estonianas tratan de preserva-la identidade nacional, excluíndo moitos cidadáns de orixe rusa da cidadania.

Na cidade a lingua maioritaria é a lingua estoniana, nativa do país (parte do grupo das linguas ugrofinesas) , próxima á lingua finlandesa, xunto co ruso. O inglés e o propio finlandés tamén son bastante comprendidos na cidade.

Evolución da poboación:


Evolución da poboación:

1816: 12.000

1834: 15.300

1851: 24.000

1881: 45.900

1897: 58.800

1925: 119.800

1989: 500.000

2000: 400.400

Cultura e Educación

Praza principal de Tallinn

Ademais de Tallinn, a cidade posúe outros nomes históricos como: Koluvan, Lindanise, Lindanisa (Lindanäs), xunto con algunhas variacións de "Reval" — Revalia, Revel e Reveln. A orixe do nome "Tallinn" segue a debaterse, aínda que se sabe que é de orixe estoniana. Algúns pensan que deriva de "Taani-linn" (que significa "Cidade dinamarquesa"), ou de "Talu linn" (que significa "Cidade agrícola").

Tallin é sede da Universidade Tecnolóxica de Tallin, ademais doutras institucións de educación superior, como por exemplo:

  • Universidade Pedagóxica de Tallin
  • Academia Estoniá da Música
  • Academia Estoniá da Arte
  • Academia Estoniá da Defensa do Estado
  • Instituto de Teoloxía da Igrexa Evanxélica Luterana Estoniá

Deportes

Durante os Xogos Olímpicos de 1980 levouse a cabo unha regata en Tallinn. Co gallo dos xogos creáronse moitas construcións para as olimpíadas, como por exemplo o Salón Municipal, o Hotel Olímpico, a Oficina Postal e o Centro de Regatas. Grazas ás olimpíadas, a baía de Tallinn, ata entón moi contaminada, sufriu un gran cambio ó comezarse a depuración das augas fecais e dos refugallos da industria antes verquidos directamente ó Mar Báltico.

Xeografia

Vista da costa de Tallinn

Talinn está situada na costa sur do Golfo de Finlandia, no centronorte de Estonia. O principal porto mercante do país atópase en Tallinn (porto de Muuga).

O maior lago de Tallinn é o Lago Ülemiste (9.6 km²), a principal fonte da auga potábel da cidade. O Lago Harku é o segundo maior lago de Tallinn cunha área de 1.6 km². Ó contrario de moitas cidades, o principal río de Tallinn está localizado en Pirita, arrabal da cidade na que as beiras do río están protexidas grazas á súa beleza natural.

O punto máis alto da cidade atópase a 64 metros por enriba do nivel do mar, o cumio está situado no distrito de Nõmme, no suroeste da cidade.

A cidade de Tallinn posúe unha costa de 46 quilómetros, constituída por tres grandes penínsulas: a península de Kopli, a península de Paljassaare e a península de Kakumäe.

Transportes

Imaxe do aeroporto de Tallinn
Imaxe dun dos tranvías de Tallinn

Aéreo

Talín posúe un aeroporto, situado aproximadamente a 4 km nos arrabaldes da cidade. Ademais de conexións regulares a varios aeroportos de Europa, ten un servizo de helicóptero a Helsinki, que é coñecido como a conexión máis rápida existente entre dúas cidades capitais.

Terrestre

A cidade ten conexións ferroviarias a varias cidades, como Tartu, Pärnu, Narva, Riga, Moscova, e San Petersburgo. Tamén existen autobuses cara estes destinos e oitras partes do país.

Talín está conectada a Polonia pola estrada coñecida como "Vía Báltica", que percorre Estonia, Letonia, Lituania e Polonia.

Ferry

Varios ferrys conectan a Talín con Helsinki (Finlandia), Estocolmo (Suecia), Åland (Finlandia), San Petersburgo (Rusia) e Rostock (Alemaña).

Talín é un importante centro de compra para os finlandeses, quenes atravesan o Golfo de Finlandia con ferrys de alta velocidade. Os prezos das bebidas alcólicas en Estonia son moito máis baixos que en Finlandia, que grava con impostos altísimos as bebidas alcólicas. Debido a iso, moitos finlandeses fan viaxes dun día para comprar bebidas e produtos de saúde que non son cubertos polos servizos sociais finlandeses (como por exemplo, os lentes).

Cidades irmás

Predecesor:
Modelo:GERb Essen
Hungría Pécs
Istambul

Capital Europea da cultura
xunto con Finlandia Turku

2011
Sucesor:
Portugal Guimarães
Eslovenia Maribor

Notas


Véxase tamén

Ligazóns externas

Modelo:Ligazón AD Modelo:Ligazón AD Modelo:Ligazón AD