Retórica: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 1: | Liña 1: | ||
⚫ | [[Lausberg]], no seu ''Manual de Retórica Literaria'', define a '''retórica''' como a arte ou a técnica que consiste na sistematización e explicitación do conxunto de instrucións ou regras que permiten a construción dunha clase de discursos que son codificados para influír persuasivamente no receptor. Debemos ademais de entender por retórica a ciencia que se ocupa do estudo de ditos recursos nos seus diferentes aspectos. |
||
{{Lingüística en progreso}} |
|||
⚫ | Lausberg, no seu ''Manual de Retórica Literaria'', define |
||
A retórica como ciencia atende tanto á organización textual como ás relacións que dita organización posúe co relator, o público, o referente e o contexto comunicativo. Esta realidade fai necesario distinguir entre o [[texto]] ou [[discurso]] retórico, por unha banda, e o feito retórico, pola outra: |
A retórica como ciencia atende tanto á organización textual como ás relacións que dita organización posúe co relator, o público, o referente e o contexto comunicativo. Esta realidade fai necesario distinguir entre o [[texto]] ou [[discurso]] retórico, por unha banda, e o feito retórico, pola outra: |
||
Liña 11: | Liña 10: | ||
Se só nos preocupa o [[texto]] literario, a disciplina que se basea na adecuación do instrumental retórico para o estudio literario e do feito literario como fenómeno de produción e recepción social, denomínase [[poética]]. |
Se só nos preocupa o [[texto]] literario, a disciplina que se basea na adecuación do instrumental retórico para o estudio literario e do feito literario como fenómeno de produción e recepción social, denomínase [[poética]]. |
||
==Véxase tamén== |
|||
===Ligazóns relacionadas=== |
|||
===Outros artigos=== |
|||
*[[Estilística]]. |
|||
*[[Oratoria]]. |
|||
*[[Figuras estilísticas]]. |
*[[Figuras estilísticas]]. |
||
Revisión como estaba o 1 de febreiro de 2014 ás 22:55
Lausberg, no seu Manual de Retórica Literaria, define a retórica como a arte ou a técnica que consiste na sistematización e explicitación do conxunto de instrucións ou regras que permiten a construción dunha clase de discursos que son codificados para influír persuasivamente no receptor. Debemos ademais de entender por retórica a ciencia que se ocupa do estudo de ditos recursos nos seus diferentes aspectos.
A retórica como ciencia atende tanto á organización textual como ás relacións que dita organización posúe co relator, o público, o referente e o contexto comunicativo. Esta realidade fai necesario distinguir entre o texto ou discurso retórico, por unha banda, e o feito retórico, pola outra:
- A composición do texto ou discurso retórico desenvólvese por medio dos seguintes procedementos ou fases: intelectio, inventio, dispositio, elocutio, memoria e actio.
- O feito retórico, o acto oratorio ante o auditorio ten as seguintes partes: exordium (presentación), narratio (exposición), argumentatio (argumentación), peroratio (conclusión con finalidade conativa)
Historicamente, a retórica é a disciplina clásica do discurso, e ten, ademais, unha función pragmática: convencer ó interlocutor de que unha causa é xusta. Mais a retórica evolucionou moito desde Aristóteles. Hoxe en día, desde unha perspectiva estilística, lingüística e semiótica, obsérvase un renovado interese, que pretende a consecución dunha retórica xeral que teña como obxecto todo texto, as estruturas extratextuais asociadas, a explicación da complexa produción do discurso e o seu tratamento artístico.
Se só nos preocupa o texto literario, a disciplina que se basea na adecuación do instrumental retórico para o estudio literario e do feito literario como fenómeno de produción e recepción social, denomínase poética.