Acetobacteráceas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
de es:Acetobacteria
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 42: Liña 42:
As Acetobacteraceae son bacterias ubicuas. Están presentes nos ambientes nos que se forma etanol como resultado da fermentación dos azucres. Poden illarse do [[néctar]] das plantas e das [[froita]]s estragadas, e tamén da [[sidra]] fresca e da [[cervexa]] sen [[pasteurización|pasteurizar]] nin filtrar. As moscas da froita ou do vinagre [[Drosophilidae]] ou as ''[[Turbatrix aceti]]'' considéranse os vectores comúns para propagar as Acetobacteraceae<ref>[http://www.springerlink.com/content/978-88-470-0865-6#section=103531&page=1 Vinegars of the World.] Chapter 5. ISBN 978-88-470-0865-6</ref> na natureza.

Algúns xéneros como ''[[Acetobacter]]'', poden finalmente oxidar o ácido acético a [[dióxido de carbono]] e auga usando encimas do [[ciclo de Krebs]]. Outros xéneros como ''[[Gluconobacter]]'', non oxidan o ácido acético.
Algúns xéneros como ''[[Acetobacter]]'', poden finalmente oxidar o ácido acético que producen a [[dióxido de carbono]] e auga usando encimas do [[ciclo de Krebs]]. Outros xéneros como ''[[Gluconobacter]]'', non oxidan o ácido acético.

Algunhas bacterias do ácido acético como ''[[Acetobacter xylinum]]'' poden sintetizar [[celulosa]],<ref>[http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC1275385/pdf/biochemj00918-0116.pdf?tool=pmcentrez Formation of cellulose by certain species of Acetobacter] Biochem J. 1951 May; 48(5): 618–621</ref> o cal normalmente é característico dos vexetais.

Liña 48: Liña 48:
Dado que estas bacterias producen ácidos, normalmente son tolerantes á acidez, e crecen mellor por debaixo do [[pH]] 5,0, aínda que o seuu pH óptimo para o crecemento é de entre 5,4 e 6,3.
Dado que estas bacterias producen ácidos, normalmente son tolerantes á acidez, e crecen mellor por debaixo do [[pH]] 5,0, aínda que o seuu pH óptimo para o crecemento é de entre 5,4 e 6,3.

As bacterias do ácido acético son móbiles con [[Flaxelo#Falxelo bacteriano|flaxelación]] peritrica ou polar. Os organismos con flaxelación polar están relacionados coas ''[[Pseudomonas]]'', das que difiren principalmente pola súa tolerancia ao ácido e pola súa incapacidade de oxidar completamente os alcohois. Estes organismos son os que actualmente foron incluídos no xéneo ''Gluconobacter''. O xénero ''Acetobacter'' comprende os organismos con flaxelación peritrica. Ademais, ''Acetobacter'' pode oxidar o ácido acético que produce ata dióxido de carbono, ao contrario que ''Gluconobacter''.
As bacterias do ácido acético son móbiles con [[Flaxelo#Falxelo bacteriano|flaxelación]] [[peritrica]] ou polar. Os organismos con flaxelación polar están relacionados coas ''[[Pseudomonas]]'', das que difiren principalmente pola súa tolerancia ao ácido e pola súa incapacidade de oxidar completamente os alcohois. Estes organismos son os que actualmente foron incluídos no xéneo ''Gluconobacter''. O xénero ''Acetobacter'' comprende os organismos con flaxelación peritrica.

Na produción industrial de [[vinagre]] empréganse cultivos de bacterias do ácido acético. O acetato producido por estas e polos homoacetóxenos tamén se usa (en forma de sal de calcio) para fundir o xeo das estradas en inverno.

Revisión como estaba o 1 de febreiro de 2014 ás 20:00

As acetobacteráceas (Acetobacteraceae), tamén chamadas bacterias do ácido acético, son unha familia de bacterias que realizan unha oxidación incompleta de alcohois a ácidos orgánicos; o máis característico é que obteñan a súa enerxía da oxidación do etanol a ácido acético durante as fermentacións. Son bacterias con forma de bacilo Gram negativas aeróbicas. Non se deben confundir co xénero Acetobacterium da familia Eubacteriaceae, o cal está formado por especies anaerobias que poden reducir o dióxido de carbono para producir ácido acético.[1]

As Acetobacteraceae son bacterias ubicuas. Están presentes nos ambientes nos que se forma etanol como resultado da fermentación dos azucres. Poden illarse do néctar das plantas e das froitas estragadas, e tamén da sidra fresca e da cervexa sen pasteurizar nin filtrar. As moscas da froita ou do vinagre Drosophilidae ou as Turbatrix aceti considéranse os vectores comúns para propagar as Acetobacteraceae[2] na natureza.

Algúns xéneros como Acetobacter, poden finalmente oxidar o ácido acético que producen a dióxido de carbono e auga usando encimas do ciclo de Krebs. Outros xéneros como Gluconobacter, non oxidan o ácido acético.

Algunhas bacterias do ácido acético como Acetobacter xylinum poden sintetizar celulosa,[3] o cal normalmente é característico dos vexetais.

Dado que estas bacterias producen ácidos, normalmente son tolerantes á acidez, e crecen mellor por debaixo do pH 5,0, aínda que o seuu pH óptimo para o crecemento é de entre 5,4 e 6,3.

As bacterias do ácido acético son móbiles con flaxelación peritrica ou polar. Os organismos con flaxelación polar están relacionados coas Pseudomonas, das que difiren principalmente pola súa tolerancia ao ácido e pola súa incapacidade de oxidar completamente os alcohois. Estes organismos son os que actualmente foron incluídos no xéneo Gluconobacter. O xénero Acetobacter comprende os organismos con flaxelación peritrica.

Na produción industrial de vinagre empréganse cultivos de bacterias do ácido acético. O acetato producido por estas e polos homoacetóxenos tamén se usa (en forma de sal de calcio) para fundir o xeo das estradas en inverno.

Notas

Véxase tamén

Outras lecturas

Ligazóns externas