A Gándara, Narón, Narón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
PepedoCouto (conversa | contribucións)
→‎Historia: corrixo e elimino referencias a colexios non radicados no barrio.
Liña 96: Liña 96:
[[File:Fenya centro de formación A Gándara Narón 3300ertwGL.jpg|thumb|dereita|Centro de formación, antiga Fenya.]]
[[File:Fenya centro de formación A Gándara Narón 3300ertwGL.jpg|thumb|dereita|Centro de formación, antiga Fenya.]]
As orixes da Gándara, do seu aproveitamento económico, están na agricultura de autoconsumo, no aproveitamento forestal (rematado nos anos 1980 e aínda cas últimas talas no Colmeote) e no aproveitamento da ría en marisqueo a pé e en pequenas embarcacións e a súa posterior organización ca Lonxa da Gándara. Aínda queda un pequeno uso en leiras e algún aproveitamento para uso ornamental.
As orixes da Gándara, do seu aproveitamento económico, están na agricultura de autoconsumo, no aproveitamento forestal (rematado nos anos 1980 e aínda cas últimas talas no Colmeote) e no aproveitamento da ría en marisqueo a pé e en pequenas embarcacións e a súa posterior organización ca Lonxa da Gándara. Aínda queda un pequeno uso en leiras e algún aproveitamento para uso ornamental.
O crecemento do barrio ca chegada de inmigrantes para traballar nos estaleiros e a consolidación como zona residencial foi trocando o uso que se lle deu aos terreos. Os pequenos negocios como bares algún dos cales tamén tiña tenda como a Casa Curtis na estrada da Gándara e o uso que se facía do bus número 7 para o transporte de mercadorías deu paso a fornos de pan e a pequenos supermercados de barrio condeados ao peche ca apertura de Alcampo. Ata a apertura do polígono industrial da Gándara eran negocios os que había na zona como obradoiros de costura que traballaban para empresas como [[Caramelo (empresa)|Caramelo]], unha pequena empresa química de lixivia que houbo na rúa María Pita e pequenos obradoiros de mecánica e mantemento que sempre houbo e que coa transformación do polígono da Gándara en comercial trouxo á zona concesionarios de coches de diversas marcas. Os intentos por asentar industrias na zona levaron á creación de empresas como unha queixería que rematou pechando, [[Poligal]] e o traslado da ferrolana Fenya hoxe centro de formación do concello. Este pequeno tecido industrial foi complementado ca apertura do [[Odeón Shopping|centro comercial Odeón]]. Os cinco millóns de clientes que se achegan cada ano a Odeón supuxeron a apertura na zona de novos negocios de hostalería e ocio.
O crecemento do barrio ca chegada de inmigrantes para traballar nos estaleiros e a consolidación como zona residencial foi trocando o uso que se lle deu aos terreos. Os pequenos negocios como bares algún dos cales tamén tiña tenda como a Casa Curtis na estrada da Gándara e o uso que se facía do bus número 7 para o transporte de mercadorías deu paso a fornos de pan e a pequenos supermercados de barrio condenados ao peche ca apertura de Alcampo. Ata a apertura do polígono industrial da Gándara eran negocios os que había na zona como obradoiros de costura que traballaban para empresas como [[Caramelo (empresa)|Caramelo]], unha pequena empresa química de lixivia que houbo na rúa María Pita e pequenos obradoiros de mecánica e mantemento que sempre houbo e que coa transformación do polígono da Gándara en comercial trouxo á zona concesionarios de coches de diversas marcas. Os intentos por asentar industrias na zona levaron á creación de empresas como unha queixería que rematou pechando, [[Poligal]] e o traslado da ferrolá Fenya hoxe centro de formación do concello. Este pequeno tecido industrial foi complementado ca apertura do [[Odeón Shopping|centro comercial Odeón]]. Os cinco millóns de clientes que se achegan cada ano a Odeón supuxeron a apertura na zona de novos negocios de hostalería e ocio.


==Lugares da Gándara==
==Lugares da Gándara==

Revisión como estaba o 31 de xaneiro de 2014 ás 18:00

Coordenadas: 43°29′34.02″N 8°12′1.74″O / 43.4927833, -8.2004833

A Gándara

Praza da Gándara.
ParroquiaNarón
ConcelloNarón
Coordenadas43°29′34″N 8°12′02″O / 43.492783333333, -8.2004833333333Coordenadas: 43°29′34″N 8°12′02″O / 43.492783333333, -8.2004833333333{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina
Poboación7.161 hab. (2007)
editar datos en Wikidata ]

A Gándara é un barrio da cidade de Narón no concello de Narón na provincia da Coruña. Está situado no sur do concello e os seus límites son:

Este barrio tamén é coñecido polo nome da parroquia que o conforma, sendo este o de Santiago Apóstolo. Esta parroquia naceu nos anos sesenta logo da segregación da parroquia matriz que era a do Couto.

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Historia

Piñeiros do Colmeote, así era A Gándara ata os anos 1980.

A chegada a Ferrol do ferrocarril de Renfe en 1913 supuxo a construción dunha ponte sobre a ría de Ferrol. A nova liña dende O Couto ata a estrada de Castela na ponte das Cabras supuño unha delimitación territorial. Dende entón A Gándara medrou de costas a esta liña. O proxecto de chegada do tren a Ferrol incluía outra liña desdoblada antes da ponte das Cabras polo actual trazado da Estrada da Trincheira, entón trincheira do ferrocarril, e ía ata Bazán. A liña construiuse pero non tivo railes e o trazado aproveitouse para facer o enlace ca autoestrada. Na Gándara durante moitos anos só se podía entrar e sair por cinco pasos a nivel. Dous deles sen barreiras: o do Couto e o do Colmeote. E outros tres que tiveron ata os anos 1980 garda: A Faisca, as vivendas do Bispo e o da rúa Concepción Arenal. Estes pasos fóronse pechando ata a súa total desaparición ca construción do acceso á estrada AP-9. O proxecto para construír un apeadero non se concretou e o tren nunca tivo estación na Gándara. O outro acceso por estrada estaba na Frontera, chamada así por estar no límite con Ferrol. Ata a construción do polígono da Gándara o río Inxerto que vai dende a ría de Ferrol pasando por onde está Alcampo facía de barreira natural xunto cas marismas que eran entón a actual parte do polígono da Gándara situado en Ferrol.

Centro comercial Odeón.

A construción da ponte das Pías supuxo o inicio do medre da Gándara como cidade dormitorio acollendo a unha onda de traballadores que se achegaban cas súas familias pola proximidade a Ferrol. A finais dos anos 1980 talouse toda a Gándara. Ata entón, dende a beira do mar ata a liña do ferrocarril era un monte principalmente de piñeiros. Aínda pódese ver unha pequena faixa verde dende O Colmeote ata a estrada da Gándara que lembra como era a Gándara entón. A Gándara eran dous topónimos: A Gándara de Abaixo (a zona máis próxima á estrada da Gándara) e a Gándara de Arriba (a parte próxima á rúa Concepción Arenal), as zonas onde seconcentraba a poboación. O medre urbanístico entre as dúas zonas e a indefinición dos límites unificou A Gándara como topónimo nos anos 1990. A principios dos anos 1970 o colexio que había na Gándara era o de Santiago Apóstolo, colexio privado onde os alumnos ían de uniforme.

A entrada de España na CEE trouxo imposta a reconversión naval. Como alternativa industrial construiuse o polígono da Gándara para acoller empresas alternativas ao naval. Unha parte do polígono está en Ferrol. Durante anos o polígono estivo baleiro. A chegada do hipermercado Alcampo iniciou o troco do nome e do uso. Pequenas empresas de servizos e comerciais comezaron a asentarse alí. Pasouse de Polígono Industrial da Gándara a Polígono da Gándara sen máis. Esta nova actividade encheu o polígono de concesionarios de coches, empresas de servizos e ata algunha industria que aproveitou para trasladarse alí como Fenya ou crearse con subvencións como Poligal. En terreos do polígono construiuse o Pavillón da Gándara e a Piscina municipal. A Gándara pasou de cidade dormitorio a centro de servizos. A apartura de Odeón en 2002 supuxo outro fito no crecemento do barrio.

Poboación

Segundo datos do Instituto Galego de Estatística tiña 7.161 habitantes no ano 2007 dos cales eran 3.484 homes e 3.677 mulleres, o que supón un aumento en relación ao ano 2003 cando contaba con 6.488 habitantes. É o barrio máis populoso de Narón. A poboación da Gándara é preto da quinta parte de toda a poboación do Concello de Narón. A Gándara representa menos de 1,5% da superficie do todo o Concello.

Centros educativos

CEIP da Gándara Escola infantil da Gándara CPR Santiago Apóstolo[1] Colexio público da Gándara Narón A Coruña Galiza Spain
Escola infantil da Gándara CPR Santiago Apóstol[2] CEIP A Gándara

Economía

Centro de formación, antiga Fenya.

As orixes da Gándara, do seu aproveitamento económico, están na agricultura de autoconsumo, no aproveitamento forestal (rematado nos anos 1980 e aínda cas últimas talas no Colmeote) e no aproveitamento da ría en marisqueo a pé e en pequenas embarcacións e a súa posterior organización ca Lonxa da Gándara. Aínda queda un pequeno uso en leiras e algún aproveitamento para uso ornamental. O crecemento do barrio ca chegada de inmigrantes para traballar nos estaleiros e a consolidación como zona residencial foi trocando o uso que se lle deu aos terreos. Os pequenos negocios como bares algún dos cales tamén tiña tenda como a Casa Curtis na estrada da Gándara e o uso que se facía do bus número 7 para o transporte de mercadorías deu paso a fornos de pan e a pequenos supermercados de barrio condenados ao peche ca apertura de Alcampo. Ata a apertura do polígono industrial da Gándara eran negocios os que había na zona como obradoiros de costura que traballaban para empresas como Caramelo, unha pequena empresa química de lixivia que houbo na rúa María Pita e pequenos obradoiros de mecánica e mantemento que sempre houbo e que coa transformación do polígono da Gándara en comercial trouxo á zona concesionarios de coches de diversas marcas. Os intentos por asentar industrias na zona levaron á creación de empresas como unha queixería que rematou pechando, Poligal e o traslado da ferrolá Fenya hoxe centro de formación do concello. Este pequeno tecido industrial foi complementado ca apertura do centro comercial Odeón. Os cinco millóns de clientes que se achegan cada ano a Odeón supuxeron a apertura na zona de novos negocios de hostalería e ocio.

Lugares da Gándara

Estrada da Trincheira e vía do tren, O Colmeote.
  • Lóngaras
  • A Faisca
  • O Colmeote
  • Catro Camiños
  • Finca dos Frades (xa non existe)
  • Gándara de Abaixo (non se emprega)
  • Gándara de Arriba (non se emprega)
  • A Fronteira

Imaxes da Gándara

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Lugares e parroquias

Lugares de Narón

Barrios de Narón no concello de Narón, na provincia da Coruña

O Alto do Castiñeiro | O Couto | A Gándara | Piñeiros | A Solaina | Xuvia

Parroquias de Narón

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Narón

Castro (Santa María) | Doso (San Lourenzo) | Narón | Pedroso (San Salvador) | San Xiao de Narón (San Xiao) | Sedes (Santo Estevo) | Trasancos (San Mateo) | O Val (Santa María a Maior)