Diferenzas entre revisións de «A Gándara, Narón, Narón»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
Elimino referencia á Lóngaras por pertencer á parroquia do Couto.
(→‎Imaxes da Gándara: Elimino imaxe por non pertencer ó barrio da Gándara, xa que pertence ó do Couto)
(Elimino referencia á Lóngaras por pertencer á parroquia do Couto.)
==Historia==
[[File:Piñeiros do colmeote a gandara naron a coruña galiza wikigl.jpg|miniatura|esquerda|Piñeiros do Colmeote, así era A Gándara ata os anos 1980.]]
A ocupación máis antiga da zona na que hoxe está A Gándara atopouse en Lóngaras nun cuncheiro que foi escavado polo arqueólogo municipal [[André Pena Graña]]. Entre as cunchas de ostras apareceron anacos de cerámica romana datada no século I antes da era actual e século I despois da era actual.
 
A chegada a Ferrol do ferrocarril de Renfe en 1913 supuxo a construción dunha ponte sobre a ría de Xuvia. A nova liña dende O Couto ata a estrada de Castela na ponte das Cabras supuño unha delimitación territorial. Dende entón A Gándara medrou de costas a esta liña. O proxecto de chegada do tren a Ferrol incluía outra liña desdoblada antes da ponte das Cabras polo actual trazado da Estrada da Trincheira, entón trincheira do ferrocarril, e ía ata Bazán. A liña construiuse pero non tivo railes e o trazado aproveitouse para facer o enlace ca autoestrada. Na Gándara durante moitos anos só se podía entrar e sair por cinco pasos a nivel. Dous deles sen barreiras: o do Couto e o do Colmeote. E outros tres que tiveron ata os anos 1980 garda: A Faisca, as vivendas do Bispo e o da rúa Concepción Arenal. Estes pasos fóronse pechando ata a súa total desaparición ca construción do acceso á estrada [[AP-9]]. O proxecto para construír un apeadero non se concretou e o tren nunca tivo estación na Gándara. O outro acceso por estrada estaba na Frontera, chamada así por estar no límite con Ferrol. Ata a construción do polígono da Gándara o [[río Inxerto]] que vai dende a ría de Ferrol pasando por onde está Alcampo facía de barreira natural xunto cas marismas que eran entón a actual parte do polígono da Gándara situado en Ferrol.
15.153

edicións

Menú de navegación