Mikhail Gorbachev: Diferenzas entre revisións
m Bot: "es:Mijaíl Gorbachov" é un artigo bo; cambios estética |
|||
Liña 51: | Liña 51: | ||
{{ORDENAR:Gorbachov, Mikhail}} |
{{ORDENAR:Gorbachov, Mikhail}} |
||
[[Categoría:Presidentes executivos da URSS]] |
[[Categoría:Presidentes executivos da URSS]] |
||
[[Categoría:Presidentes do Soviet Supremo]] |
[[Categoría:Presidentes do Soviet Supremo]] |
||
Liña 59: | Liña 60: | ||
{{Link FA|pt}} |
{{Link FA|pt}} |
||
{{Link GA|es}} |
Revisión como estaba o 30 de xaneiro de 2014 ás 11:37
Mikhail Serguéievich (Sergeevič) Gorbachev, en ruso Михаи́л Серге́евич Горбачёв , nado en Privol'noe o 2 de marzo de 1931, é un político ruso que foi o Secretario Xeral do Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS) desde 1985 ata 1989 e Presidente Executivo da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas de 1989 a 1991.
Traxectoria
Naceu o 2 de marzo de 1931 (outras fontes afirman que naceu en 1935) en Privol'noe, Rusia, no seo dunha familia campesiña. En 1952 ingresou ao Partido Comunista e tres anos despois contraeu matrimonio con Raisa Maxímovna Titorenko, con quen tería unha filla, Irina. Ese mesmo ano obtivo o título de avogado na Universidade de Moscova. En 1978 foi elixido Secretario de Agricultura no Comité Central do Partido Comunista e dous anos despois converteuse no membro máis novo do Politburó.
Trala inesperada morte de Konstantín Chernenko, en abril de 1985, Gorbachev foi elixido Secretario Xeral do Partido Comunista da URSS e polo tanto, o gobernante de facto da Unión Soviética. Trala reorganización do partido e do sistema electoral, foi elixido xefe de Estado (1989) e primeiro Presidente da URSS polo Congreso (1990). As súas reformas estruturais á vida política e económica da URSS, coñecidas polos seus nomes rusos Glásnost e Perestroika, minaron o monopolio exercido polo comunismo nos países do leste e puxeron fin á Guerra Fría.
En marzo de 1991 convocouse a un referendo na Unión Soviética, o 78% da poboación dixo si ao mantemento da URSS. En agosto dese ano foi destituído por un grupo de altos cargos do PCUS e do Goberno que buscaban deixar sen efecto o Acordo de Belovezhie, que disolvía de facto a URSS ao separarse Ucraína, Rusia e Bielorrusia. Foi retido durante tres días na súa residencia de verán en Forós (Crimea), pero puido reasumir as súas funcións tralo fracaso do golpe de Estado. Modificou a lexislación que permitía o monopolio político exclusivo do PCUS e decretou a nulidade da anexión das Repúblicas bálticas, dando deste modo vía libre para a súa independencia.
Debilitado polos ataques do presidente da Federación rusa, Boris Yeltsin e tras un van intento de que as Repúblicas restantes asinasen o Tratado da Unión, decidiu renunciar como Secretario Xeral do Partido Comunista e disolver o Comité Central. O Nadal dese mesmo ano disolveu oficialmente a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas e renunciou como Presidente Executivo trala negativa dos presidentes das Repúblicas da Comunidade de Estados Independentes (CEI) a recoñecer os órganos do poder central.
Mikhail Gorbachev recibiu o Premio Nobel da Paz en 1990, pola súa contribución á distensión mundial.
Dende 1992 Mikhail Gorbachev dirixe a fundación que leva o seu nome e que ten filiais en países como os EUA, Suíza, Rusia ou Italia. Participou nalgunhas eleccións rusas, obtendo pobres resultados, e na actualidade é o presidente do Partido Socialdemócrata de Rusia.
Obras selectas
- Perestroika, 1988.
- The August Coup: The Truth and the Lessons, 1991.
- Memorias, 1996.
Véxase tamén
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Mikhail Gorbachev |
Outros artigos
Ligazóns externas
- Páxina oficial de Mijail Gorbachev (en inglés).
- Time 100: Mikhail Gorbachev (en inglés).
- Nobel e-Museum: Mikhail Gorbachev (en inglés).