Masonaría: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "de:Freimaurerei" é un artigo bo; cambios estética
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "en:Freemasonry" é un artigo bo
Liña 51: Liña 51:


{{Link GA|de}}
{{Link GA|de}}
{{Link GA|en}}

Revisión como estaba o 30 de xaneiro de 2014 ás 08:38


A escuadra e o compás é quizais o máis coñecido emblema masónico.
Francmasonaría
Fundador Hiram Abif
Deidade Máxima Gran Arquitecto do Universo
Tipo Esoterismo
Nome de seguidores Masóns ou francmasones
Ramas Masonería de York, Masonaría Escocesa, Masonaría Mixta, Dereito Humano, Rito de Menfis-Mizraim, Masonaría Exipcia
País con maior cantidade de masóns Estados Unidos

A masonaría ou francmasonaría é unha organización que se autodefine como de carácter iniciático, filantrópico e filosófico. Os seus membros e simpatizantes sosteñen que ten como obxectivo a procura da verdade e fomentar o desenvolvemento intelectual e moral do ser humano. Os masóns, tanto homes como mulleres, organízanse en estruturas de base denominadas loxias que, á súa vez, poden estar agrupadas nunha organización de ámbito superior normalmente denominada "Gran Loxia", "Gran Oriente" ou "Gran Priorado".

Aparecida en Europa entre finais do século XVII e comezos do XVIII, a masonaría moderna ou "especulativa" foi descrita a miúdo como un sistema particular de moral ilustrada por símbolos. Preséntase a si mesma como unha ferramenta de formación, cun método particular que, baseado no simbolismo da construción, permite aos seus membros desenvolver a súa capacidade de escoita, de reflexión e de diálogo, para transmitir estes valores á súa contorna.

A historia institucional da masonaría presenta numerosas disidencias, cuxas principais causas, con importantes matices e derivacións, están relacionadas coa admisión da muller na masonaría, a cuestión das crenzas relixiosas ou metafísicas, a natureza dos temas tratados ou a forma de traballar das loxias, así como coas bases sobre as que se fundamenta a regularidade masónica. A existencia de distintos puntos de vista sobre estes e outros temas deu lugar ao desenvolvemento de distintas pólas ou correntes masónicas, que a miúdo non se recoñecen entre elas.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Modelo:Ligazón AB Modelo:Ligazón AB Modelo:Ligazón AB Modelo:Ligazón AD Modelo:Ligazón AD

Modelo:Link GA Modelo:Link GA