Bristol: Diferenzas entre revisións
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América |
m Bot: "en:Bristol" é un artigo bo; cambios estética |
||
Liña 48: | Liña 48: | ||
== Notas == |
== Notas == |
||
{{referencias}} |
{{referencias}} |
||
⚫ | |||
{{Ligazón AB|pl}} |
|||
[[Categoría:Cidades de Inglaterra]] |
[[Categoría:Cidades de Inglaterra]] |
||
[[Categoría:Bristol]] |
[[Categoría:Bristol]] |
||
{{ |
{{Link GA|en}} |
||
⚫ |
Revisión como estaba o 30 de xaneiro de 2014 ás 08:02
Coordenadas: 51°27′N 2°35′O / 51.450, -2.583
| ||
Mapa | ||
---|---|---|
Información | ||
Estado | Reino Unido | |
País | Inglaterra | |
Superficie | 110 km2 | |
Poboación | 428.000 (2011 est.) | |
Densidade | 3.639 h/km² | |
Alcalde | Chris Skidmore |
Bristol é unha cidade de Inglaterra pertencente ao condado homónimo. Canda a cidade de Plymouth constitúe un dos principais centros administrativos do sueste inglés. A cidade naceu e prosperou á beira do mar, onde o auxe comercial e poboacional foi en grande medida grazas ao porto de Bristol. No ano 2009 posuía unha poboación de 433.100 habitantes, 1.070.000 se incluímos toda a área metropolitana.[1]
En poboación, Bristol é a oitava cidade de Inglaterra e décima do Reino Unido. Arredor do planeta existen outras cidades tamén chamadas Bristol, a maioría nos Estados Unidos, pero tamén en Perú, Canadá, Xamaica e Costa Rica. Todas probablemente inspiradas no nome da cidade orixinal.[2]
Historicamente dentro de Gloucestershire, foi decretada cidade en 1155 e recibiu status de condado en 1373. Desde o século XIII, durante medio milenio, foi clasificada entre as tres principais cidades inglesas despois de Londres, tras de York e Norwich. Porén, no século XVIII, por mor do rápido crecemento de cidades coma Liverpool, Birmingham e Manchester durante a Revolución Industrial, acabou perdendo ese status.
Fai fronteira cos condados de Somerset e Gloucestershire e fica localizada próxima ás cidades históricas de Bath, ao suroeste, e Gloucester ao norte. A cidade foi construída ao redor do río Avon e ten un pequeno litoral no estuario do río Severn, que desauga na Canle de Bristol.
Economía
Bristol é un núcleo industrial activo na industria aeronáutica e metalúrxica. Os seus principais sectores económicos constitúeno a industria aeroespacial, a defensa, o sector financeiro, o sector da comunicación, a tecnoloxía e o turismo. O seu porto, berce da cidade, ten conexión co de Avonmouth e Portishead grazas á canle de Bristol. [3]
Historia
É unha cidade nacida na época romana, e o comercio da lá situouna nunha das máis importantes poboacións medievais de Inglaterra. En 1172 Dublín convértese na súa colonia. Nos séculos XIII e XIV o intercambio colonial potencia as súas redes industriais (la, vidro, algodón, etc), e nos séculos XV e XVI foi a segunda cidade do reino.
O comercio colonial continúa a súa expansión no século XVIII, e a canalización do río Avon mellorará as condicións do porto. Mais no século XIX Bristol comeza a súa decadencia por mor da abolición da escravitude e deixando a condición de porto principal a Liverpool. No ano 1883, partiu dende Bristol o primeiro transatlántico con destino a América, o Great Western.
Notas
- ↑ "Population estimates for UK, England and Wales, Scotland and Northern Ireland – current datasets" (ZIP). National Statistics Online. Office for National Statistics. Consultado o 27 de xuño de 2010. (en inglés)
- ↑ Bristol en Geody. Geody. Consultado o 1 de xaneiro de 2009. (en inglés)
- ↑ ^ "Bristol Today, a triving economy" Bristol City Council. Consultado o 4 marzo de 2009. (en inglés)