Alfred Russel Wallace: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
+ cats; + datos segundo en:wiki
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "bg:Алфред Ръсел Уолъс" é un artigo bo; cambios estética
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Alfred Russel Wallace.jpg|miniatura|200px|Alfred Russel Wallace.]]
[[Ficheiro:Alfred Russel Wallace.jpg|miniatura|200px|Alfred Russel Wallace.]]

'''Alfred Russel Wallace''', nado en Usk ([[Monmouthshire]]) o [[8 de xaneiro]] de [[1823]] e finado en [[Broadstone]] ([[Dorset]]) o [[7 de novembro]] de [[1913]], foi un [[xeografía|xeógrafo]] e [[naturalismo|naturalista]] [[Gales|galés]]. Wallace é coñecido sobre todo por alcanzar o concepto de [[selección natural]], central na teoría biolóxica da [[evolución biolóxica|evolución]], independentemente de [[Charles Darwin]].

== Traxectoria ==
== Traxectoria ==
Liña 31: Liña 31:
* [[Liña de Wallace]]
* [[Liña de Wallace]]

===Ligazóns externas===
=== Ligazóns externas ===
* [http://wallace-online.org/ Wallace Online: ''The Malay Archipelago'' – texto, imaxes e PDF das edicións de 1869 e 1890]
* [http://wallace-online.org/ Wallace Online: ''The Malay Archipelago'' – texto, imaxes e PDF das edicións de 1869 e 1890]
* [http://www.papuaweb.org/dlib/bk/wallace/cover.html Papua WebProject: ''The Malay Archipelago'' – edición ilustrada]
* [http://www.papuaweb.org/dlib/bk/wallace/cover.html Papua WebProject: ''The Malay Archipelago'' – edición ilustrada]
Liña 45: Liña 45:
{{Link FA|en}}
{{Link FA|en}}
{{Link FA|fr}}
{{Link FA|fr}}
{{Link GA|bg}}

Revisión como estaba o 30 de xaneiro de 2014 ás 04:23

Ficheiro:Alfred Russel Wallace.jpg
Alfred Russel Wallace.

Alfred Russel Wallace, nado en Usk (Monmouthshire) o 8 de xaneiro de 1823 e finado en Broadstone (Dorset) o 7 de novembro de 1913, foi un xeógrafo e naturalista galés. Wallace é coñecido sobre todo por alcanzar o concepto de selección natural, central na teoría biolóxica da evolución, independentemente de Charles Darwin.

Traxectoria

En 1855 Wallace publicou un artigo titulado "On the law which has regulated the introduction of new species" onde defendía o feito da evolución, aínda que sen atribuírlle unha causa. Tres anos máis tarde, un novo artigo ("On the tendency of varieties to depart indefinitely from the original type") propuña a selección natural como o mecanismo explicativo da transmutación das especies. Wallace remitiu o artigo a Darwin para a súa revisión. Cando este o leu, atopouse co que cualificou como o mellor resumo imaxinable das ideas que el mesmo levaba xestando traballosamente desde facía máis de vinte anos. Tras consultar con Charles Lyell e o propio Wallace, Darwin realizou unha presentación pública ante a Linnean Society de Londres, acreditando a Wallace como codescubridor.

Wallace foi un naturalista viaxeiro, como moitos na súa época, que acompañou por exemplo a Henry Bates á Amazonia. Entre 1854 e 1862, época do achado da selección natural, viaxou por Insulindia (o arquipélago malaio) recollendo especimes. Wallace recolleu as súas experiencias no libro The Malay Archipelago[1], publicado en 1869. Unha achega sinalada e duradeira deste período é a definición da chamada liña de Wallace, un límite biogeográfico moi preciso que separa rexións florística e faunisticamente moi diferenzadas, e que pasa entre as illas da Sonda, Nova Guinea e as Célebes, por unha banda, e Xava, Borneo e Filipinas por outro. Wallace é considerado, xustificadamente, como un dos pais da Bioxeografía.

Wallace desenvolveu co tempo unha tendencia mística que condicionou a súa interpretación do proceso evolutivo, sobre todo no referente á evolución humana, interesándose cada vez máis polo espiritismo.

Notas

  1. [Alfred Russell] (1869). Harper and Brothers, Publishers, ed. The Malay Archipelago [O Arquipélago Malaio] (en inglés). New York. Consultado o 31 de maio de 2013.  Comprobe o valor de |author-link1= (Axuda)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Modelo:Link FA Modelo:Link FA Modelo:Link GA