París: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mapa
Liña 9: Liña 9:
|imaxe = [[Ficheiro:Paris montage.jpg|275px]]
|imaxe = [[Ficheiro:Paris montage.jpg|275px]]
|pé = Pirámide do [[Museo do Louvre|Louvre]], [[Torre Eiffel]], [[Arco do Triunfo de París|Arc de Triomphe]], [[Palacio de Versalles]], Skyline de París no [[río Sena]].
|pé = Pirámide do [[Museo do Louvre|Louvre]], [[Torre Eiffel]], [[Arco do Triunfo de París|Arc de Triomphe]], [[Palacio de Versalles]], Skyline de París no [[río Sena]].
|situación = [[Ficheiro:Paris-Position.png|250px]]
|situación = {{Mapa de localización
|Francia
|label= París
|position=right
|lat_deg=48 | lat_min=51 | lat_seg=23 | latNS = N | lon_deg =2 | lon_min =21 | lon_seg =6 |longEW=E
|float=none
|caption=
|width=300
}}
|país = [[Francia]]
|país = [[Francia]]
|bandeirapaís= {{FRAb}}
|bandeirapaís= {{FRAb}}

Revisión como estaba o 27 de xaneiro de 2014 ás 08:54

Esta páxina é sobre a capital de Francia. Para a figura mitolóxica vexa Paris.

Coordenadas: 48°51′23.68″N 2°21′6.58″L / 48.8565778, -2.3518278 Modelo:Cidade

París (en francés Paris Fr-Paris.ogg [pa.ʁi] ) é a capital de Francia, Chef-lieu da Illa de Francia e a única comuna-departamento do país. Atópase nun meandro do río Sena no centro da Conca parisiense, entre a confluencia do río Marne e o Sena augas arriba, e o Oise e o Sena augas abaixo.

A cidade de París dentro dos seus límites administrativos ten unha poboación estimada de 2.181.371 habitantes (2006).[1] Con todo, durante o século XX, a área metropolitana de París espallouse alén dos límites da comuna. A súa área urbana, a segunda máis grande de Europa, ten unha poboación de 11.174.740 habitantes (1999).[2]

A rexión de París (Illa de Francia) é, xunto con Londres, o centro económico máis importante de Europa.[3] Con 500,8 mil millóns de euros (630 mil millóns de dólares), produciu unha cuarta parte do Produto Interior Bruto (PIB) de Francia no 2006. La Défense é o primeiro barrio de negocios de Europa,[4] alberga a sede social de case a metade das grandes empresas francesas, así como a sede de vinte das 100 máis grandes do mundo. París tamén acolle ou acolleu a moitas organizacións internacionais como a Unesco, a OCDE, a Corte Penal Internacional e o Club de París.

A cidade é o destino turístico máis popular do mundo, con máis de 26 millóns de visitantes estranxeiros por ano.[5] Adoita considerarse como a cidade máis fermosa, elegante e espectacular do mundo por contares con moitos dos monumentos máis famosos e admirados do orbe: a Torre Eiffel, a Catedral de Notre-Dame, os Campos Elisios, o Arco do Triunfo, a Basílica do Sacré Cœur, de Os Inválidos, o Panteón, o Arco de La Défense, a Ópera Garnier ou o barrio de Montparnasse, entre outros. Tamén alberga institucións de recoñecemento mundial: o Louvre, o Museo de Orsay e o Museo Nacional de Historia Natural de Francia.

Historia

Artigo principal: Historia urbana de París.
1180
1383
1740
Ópera Garnier
Imaxe da Torre Eiffel trala súa inauguración en 1889
Distrito de La Defense


Os Parisii, pobo galo do que provén o nome de París, habitaron o emprazamento encravado na 'Île de la Cité' ou illa da cidade, na que na actualidade se atopa a catedral de Nôtre Dame. Crese que os Parisii fundaron a cidade entre 250 a.C. e 200 a.C., aínda que se descoñece o lugar exacto do emprazamento da cidade gala.

En 52 a.C. cando os romanos tomaron a cidade, a rebautizaron chamándoa Lutetia, reconstruíndoa durante o século I na beira esquerda do río Sena.

Segundo a tradición medieval, San Dionisio foi o primeiro bispo da cidade a mediados do Século III. Outra lenda conta que Xenoveva, patroa de París, axudou no 451 á defensa da cidade contra os hunos.

París tomou o seu nome actual no século IV e Clodoveo I, rei dos francos a fixo capital 508, trala vitoria sobre os romanos.

Cando os Capetos conseguiron o trono de Francia en 987, París converteuse nunha das dúas grandes cidades do seu dominio persoal. Con Filipe Augusto (1190-1220) París converteuse definitivamente na capital do reino, construíndose daquela unha nova muralla que protexese un sector máis amplo da cidade. No século XIV, Carlos V (1371-1380) construíu unha muralla meirande a anteriormente citada.

Entre finais do século XVI e comezos do XVII, Henrique IV, construíu os primeiros conxuntos arquitectónicos modernos como a Place des Vosges. O seu sucesor Luís XIII estendeu a muralla de Carlos V sobre a beira dereita. Luís XIV destruíu esa muralla e ordenou construír no canto dela os primeiros grandes bulevares.

A finais do século XVIII, na fortaleza da Bastilla, atopada na parte oriental da cidade, iniciouse oficialmente o movemento que coñecido como a Revolución Francesa.

Trala súa autoproclamación de Emperador, Napoleón Bonaparte decidiuse por París para a capital do seu Imperio, logo de ter contemplado a Lyon para tal privilexio.

Baixo o reinado de Luís Filipe, a cidade acelerou o seu ritmo de crecemento.

Con Napoleón III a cidade sufriu a súa transformación urbana máis significativa. O emperador comisionou ao Barón Haussmann para que executase os cambios necesarios para converter París na cidade máis moderna do mundo naquela época. Derrubándose unha grande parte da cidade antiga e medieval, dando paso aos grandes bulevares e edificios modernos, sendo o máis destacado a Ópera Garnier. Tamén se construíron canalizacións de augas e outros importantes adiantos en obras públicas. Este período chegou á súa fin trala caída do emperador como consecuencia da derrota sufrida polo seu exército naguerra franco-prusiana.

Durante a segunda metade do século XIX, París albergou varias exposicións que reunían a expositores de todo o mundo. A máis destacada tivo lugar en 1889 con motivo da conmemoración do primeiro centenario da revolución. Para este evento foi construída a Torre Eiffel, que, aínda que debía ser desmontada unha vez rematada a exposición, continúa actualmente no seu emprazamento orixinal (48º51'29.04"N 2º17'40.10"L).

Coa chegada do século XX a cidade comezou a construción do seu metro.

En 1940 a cidade foi tomada polo Wehrmacht (exército alemán) de Adolf Hitler no marco da Segunda Guerra Mundial. Durante a guerra, París estivo administrada polas forzas de ocupación, as cales a abandonaron despois de catro anos, sen causarlle danos de consideración, en comparación cos danos sufridos por outras cidades europeas durante a guerra.

Baixo a administración do segundo presidente François Mitterrand, na década dos 80 e comezos dos 90, a cidade recibiu un renovado impulso no seu urbanismo e infraestruturas. Renovándose sectores deprimidos da cidade, en particular barrios da beira esquerda e a Villette; levantándose novos edificios emblemáticos, como a biblioteca, o arco da Defensa e o Museo de Orsay; renovándose tamén dun xeito radical o Museo do Louvre.

Demografía

Demografía da Rexión de París
(segundo estimacións da INSEE no 2005)
Ile-de-France départements
Áreas Poboación
2005 est.
Área
(km²)
Densidade
(/km²)
1999-2005
crecemento pob.
Cidade de París
(departamento 75)
2.153.600 105 20.433 +1,33%
Anel interno
(Petite Couronne)
(Depts. 92, 93, 94)
4.254.600 657 6.477 +5,34%
Anel externo
(Grande Couronne)
(Depts. 77, 78, 91, 95)
4.991.100 11.249 426 +4,25%
Ile-de-France
(rexión)
11.399.300 12.011 949 +4,08%
Crecemento estatístico (Censo INSEE do 1999)
Áreas Poboación
1999 census
Área
(km²)
Densidade
(/km²)
1990-1999
crecemento pob.
Área urbana
(Paris agglomeration)
9.644.507 2.723 3.542 +1,85%
Área metropolitana
(Paris aire urbaine)
11.174.743 14.518 770 +2,90%

A cidade de París tiña unha poboación de 2.125.246 habitantes no censo de 1999, cifra menor ao máximo de 2,9 millóns de habitantes que acadou en 1921. A perda de poboación da cidade reflicte a experiencia da maioría das grandes cidades do mundo desenvolvido que non expandiron as súas fronteiras. Os principais factores da perda foron a caída significante do tamaño dos fogares, e a espectacular emigración de residentes aos arrabais entre 1962 e 1975. Os factores da emigración inclúen a desindustrializacion, as altas rendas, o aburguesamendo dos barrios céntricos, a transformación do espazo residencial en espazo para oficinas e a mellora da calidade de vida das familias traballadoras.

As perdas poboacionais da cidade de París constitúen as maiores no mundo sobre unha poboación de 2 millóns de habitantes. As perdas de poboación son negativas para a cidade, polo que as autoridades están levando a cabo unha serie de medidas para fixar poboación con bastante éxito, conseguindo o primeiro medre poboacional na cidade dende 1954, en xullo do 2004, acadando unha poboación de 2.144.700 habitantes.

Densidade

París é unha das cidades de máis de 1 millón de habitantes máis densamente poboadas do mundo occidental. A súa densidade, excluíndo os parques periféricos de Boulogne e Vincennes, era de 24.448 habitantes por km² no censo oficial de 1999. Incluíndo estes dous parques era de 20.164/km², sendo a quinta comuna máis poboada de Francia despois de Le Pré-Saint-Gervais, Vincennes, Levallois-Perret, e Saint-Mandé, todas comunas situadas preto dos arrabais da cidade.

Os distritos cunha menor densidade poboacional atópanse na parte central e occidental da cidade. Os distritos maior poboados atópanse ao norte e no leste da cidade.

Organización administrativa

Hôtel de ville de París

Logo da leido 10 de xullo de 1964 sobre a reorganización da rexión parisiense, que entrou totalmente en vigor o 1 de xaneiro de 1968, a vila de París é á vez un departamento e un concello. Anteriormente e desde 1790, París era a capital do departamento do Sena. O concello de París divídese en 20 distritos municipais e en 21 circunscricións electorais. A sede da administración municipal está na Mairie de Paris, tamén coñecida como Hôtel de ville de Paris.

A aglomeración de París

A cidade de París é moito máis pequena que a súa área urbana e metropolitana. Actualmente, a área urbana da cidade (agglomeration) ocupa un anel de tres "départements" ou barrios - tamén coñecido como "petite couronne" (pequeno anel) - e esténdese cara un anel exterior de catro "grande couronne départements". Estes oito départements xuntos completan a rexión de Illa de Francia.

A aglomeración de París ou área urbana (unité urbaine) ten unha extensión de 2.723 km², sendo 26 veces maior que a propia cidade de París. Ao unirse a aglomeración urbana de París máis a súa área metropolitana (aire urbaine) forman unha extensión de 14.518 km2 ou o que é o mesmo, unha área 138 veces maior á propia cidade de París, chegando a superar as fronteiras da rexión da Illa de Francia.

Monumentos máis importantes

Arco do Triunfo de París
Notre Dame de París

Edificios

Xardíns

Principais museos

Lugares públicos

Predecesor:
Modelo:GERb Berlín

Capital Europea da cultura

1989
Sucesor:
Escocia Glasgow

Notas

  1. INSEE. "Populations légales 2006" (en francés). Consultado o 2 de marzo de 2009. 
  2. INSEE. "INSEE - 99 % des franciliens vivent dans l’aire urbaine de Paris" (PDF) (en francés). Consultado o 2 de marzo de 2009. 
  3. "Madrid puede convertirse en la metrópoli más importante de Europa tras París y Londres". El Economista (en castelán). Consultado o 2 de marzo de 2009. 
  4. "Défense 2015". ViaMichelin (en castelán). Consultado o 2 de marzo de 2009. 
  5. "Visitan París 26 millones de personas al año". El Universal (en castelán). Consultado o 24 de marzo de 2009. 

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

Ligazóns externas

Modelo:Ligazón AD Modelo:Ligazón AD Modelo:Ligazón AD Modelo:Ligazón AD Modelo:Ligazón AD Modelo:Ligazón AD Modelo:Ligazón AD Modelo:Ligazón AD Modelo:Ligazón AD Modelo:Ligazón AD Modelo:Ligazón AD Modelo:Ligazón AD Modelo:Ligazón AD Modelo:Ligazón AB Modelo:Ligazón AB Modelo:Ligazón AB Modelo:Ligazón AB Modelo:Ligazón AB