Maurice Garin: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 29 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q273842
Anton45 (conversa | contribucións)
Liña 9: Liña 9:
* [http://www.sitiodeciclismo.net/coureurfiche.php?coureurid=2946 Maurice Garin en "Sitio De Ciclismo"] {{es}}
* [http://www.sitiodeciclismo.net/coureurfiche.php?coureurid=2946 Maurice Garin en "Sitio De Ciclismo"] {{es}}


[[Categoría:Ciclistas franceses]]
[[Categoría:Ciclistas de Francia]]
[[Categoría:Nados en Italia]]
[[Categoría:Nados en Italia]]

Revisión como estaba o 27 de xaneiro de 2014 ás 01:01

Maurice Garin en 1897.

Maurice Garin, nado o 3 de marzo de 1871 na localidade italiana de Arvier, e finado o 19 de febreiro de 1957 en Lens, foi un ciclista francés de finais do século XIX e comezos do século XX, que é recordado sobre todo por ter sido o primeiro gañador do Tour de Francia, en 1903.

Carreira deportiva

Os primeiros éxitos da súa carreira ocorreron en 1893, 1894 e 1895, moitos deles en probas de resistencia de 24 horas ou centos de quilómetros, que tiñan lugar en pistas ou velódromos. En 1897 e 1898 acadou sendas vitorias na París-Roubaix, amais doutros triunfos. En 1902 gañou a prestixiosa pero desaparecida Bordeos-París. Cando en 1903 naceu o Tour de Francia, Garin xa tiña 32 anos, pero aínda era considerado un dos favoritos para a vitoria final en París, cousa que confirmou acadando 3 vitorias de etapa nun total de 6 e o triunfo final con case 3 horas de vantaxe sobre o segundo clasificado. En 1904 acadou de novo a vitoria na Grande Boucle, con 2 vitorias de etapa, pero 4 meses despois foi desposuido do título acusado de ter feito parte do percorrido en coche, algo que el negou durante o resto da súa vida. Nesa actuación foron eliminados da carreira os 4 primeiros clasificados daquel Tour, no só Maurice Garin. Suspendido deportivamente por 2 anos, decidiu retirarse do deporte profesional.

Trala súa retirada montou un taller de bicicletas na cidade de Lens, e mesmo creou un equipo profesional chamado "Garin".

Véxase tamén

Ligazóns externas