Florencio Vaamonde: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Pementa (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xas (conversa | contribucións)
m obras
Liña 6: Liña 6:
Alén disto, abrazou a ideoloxía [[Rexionalismo galego|rexionalista]] e acudiu aos faladoiros da [[Cova Céltica]], que se celebraban na libraría que [[Uxío Carré Aldao]] tiña na [[A Coruña|Coruña]].
Alén disto, abrazou a ideoloxía [[Rexionalismo galego|rexionalista]] e acudiu aos faladoiros da [[Cova Céltica]], que se celebraban na libraría que [[Uxío Carré Aldao]] tiña na [[A Coruña|Coruña]].


Tamén fixo unha labor de tradución dos clásicos greco-latinos ao galego. Usou os pseudónimos "Xan de Ouces", "Fulvio Vergodense", "Pedro de Aldarete" e "Jan Silvóso de Bouzós".
Tamén fixo unha labor de tradución dos clásicos greco-latinos ao galego, como ''Odas de Anacreonte'' (1897). Usou os pseudónimos "Xan de Ouces", "Fulvio Vergodense", "Pedro de Aldarete" e "Jan Silvóso de Bouzós".


==Obra==
==Obra==
Liña 19: Liña 19:


===Ensaio===
===Ensaio===
*''Historia de Betanzos'', 1886.
*''[http://www.realacademiagalega.org/biblioteca-virtual-monografias#paxinas.do?id=42 Resume da Historia de Galicia]'', [[1898]].
*''[http://www.realacademiagalega.org/biblioteca-virtual-monografias#paxinas.do?id=42 Resume da Historia de Galicia]'', [[1898]].
*''Historia de la Agricultura en Galicia'', [[1910]].
*''Historia de la Agricultura en Galicia'', [[1910]].

Revisión como estaba o 26 de xaneiro de 2014 ás 22:21

Florencio Vaamonde Lores, nado en Ouces (Bergondo) o 2 de abril de 1860 e finado na Coruña o 20 de outubro de 1925, foi un historiador e escritor galego. O seu irmán César foi un destacado historiador.

Traxectoria

Nado en Bergondo no seo de unha familia fidalga que en 1878 se trasladou á Coruña. Alí pasou a súa vida traballando como funcionario de Facenda. Florencio Vaamonde foi un escritor do Rexurdimento, preocupado pola lingua galega e polo esplendor da súa literatura. Foi un dos membros fundadores da Real Academia Galega (1906) e colaborou na Revista Gallega de Galo Salinas. Vaamonde Lores quixo introducir novas correntes e tendencias na nosa literatura. Quizais guiado pola súa condición de historiador, creou o primeiro poema épico escrito no noso idioma, Os Calaicos 1894, que canta as fazañas de María Pita (mito que sería modificado en épocas posteriores por motivos ideolóxicos). Da lectura das súas obras despréndese a vontade de crear unha lingua culta.

Alén disto, abrazou a ideoloxía rexionalista e acudiu aos faladoiros da Cova Céltica, que se celebraban na libraría que Uxío Carré Aldao tiña na Coruña.

Tamén fixo unha labor de tradución dos clásicos greco-latinos ao galego, como Odas de Anacreonte (1897). Usou os pseudónimos "Xan de Ouces", "Fulvio Vergodense", "Pedro de Aldarete" e "Jan Silvóso de Bouzós".

Obra

Poesía

Prosa

Ensaio

Véxase tamén

Ligazóns externas