Dous puntos: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 27: | Liña 27: | ||
[[Categoría:Puntuación]] |
[[Categoría:Puntuación]] |
||
[[Categoría:Símbolos]] |
[[Categoría:Símbolos]] |
||
[[Categoría:Diacríticos]] |
Revisión como estaba o 26 de xaneiro de 2014 ás 17:21
: |
---|
Dous puntos |
Signos ortográficos |
punto ( . ) coma ( , ) |
Outros signos auxiliares |
antilambda ( < > ) antígrafo ( ¶ ) |
Os dous puntos (:) son un signo de puntuación composto por dos puntos aliñados verticalmente.
Usos
- Colócanse antes dunha enumeración.
- Indica que a continuación vén unha conclusión ou un exemplo.
- Despois dos encabezamentos de cartas ou discursos.
Uso como diacrítico
Os dous puntos son empregados como sinal diacrítico en diferentes linguas como en budu e sabaot, en África ou en erima, gizra, g:bosi, gwahatike, kalusi, kamula, kasua, kuni-boazi e zimakani [1] en Papúa-Nova Guinea. Na lingua cayuga indica vogal longa. [2]
O Alfabeto Fonético Internacional emprega un símbolo formado por dous triángulos con vértices opostos situados na posición do símbolo de dous puntos (ː). Emprégase o símbolo dos dous puntos se non está dispoñible. Se só aparece o triángulo superior indica que a vogal e semilonga.
Usos non lingüísticos
- En Matemáticas ou Xeografía representa unha escala.
- En Matemáticas tamén ten outros usos, como representar unha división ou unha función.
- En Informática indica enderezo (C:) ou asignación en certas linguaxes de programación.
- Aparece habitualmente en emoticonas.
Notas
- ↑ Peter G. Constable; Lorna A. Priest (2006). "Proposal to Encode Additional Orthographic and Modifier Characters" (PDF).
- ↑ "Cayuga Pronuntiation and Spelling Guide". Consultado o 26 de xaneiro de 2014.
Véxase tamén
Bibliografía
- Dosil López, Benxamín (2004). Galinova Editorial, ed. Dicionario de Ortografía da Lingua Galega. ISBN 84-9737-040-6.