Plauto: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 119: Liña 119:
==Obras conservadas. O Corpus Plautino==
==Obras conservadas. O Corpus Plautino==
Plauto dedicouse á composición de '''comediae palliatae''', é dicir, comedias de modelo, ambientación e personaxes gregos, coas que se converteu no escritor máis coñecido do seu tempo. Pouco despois da súa morte circularon en Roma unhas 130 comedias baixo a súa autoría, xa que o emprego do nome “Plauto” era garantía de éxito. Un bo exemplo da boa fama da que gozou o autor é o prólogo da obra [[Cásina]], redactado trala súa morte:
Plauto dedicouse á composición de '''comediae palliatae''', é dicir, comedias de modelo, ambientación e personaxes gregos, coas que se converteu no escritor máis coñecido do seu tempo. Pouco despois da súa morte circularon en Roma unhas 130 comedias baixo a súa autoría, xa que o emprego do nome “Plauto” era garantía de éxito. Un bo exemplo da boa fama da que gozou o autor é o prólogo da obra [[Cásina]], redactado trala súa morte:
<center>
{{cita| Qui utuntur uino uetere sapientis puto
{|class="toccolours" cellpadding="2" rules="cols"
! bgcolor="lightsteelblue"|Versión orixinal !! bgcolor="lightsteelblue"|Versión en galego.
|-
|
<poem>
Qui utuntur uino uetere sapientis puto
Et qui lubenter ueteres spectant fabulas.
Et qui lubenter ueteres spectant fabulas.
Antiqua opera et uerba quom uobis placent,
Antiqua opera et uerba quom uobis placent,
Liña 134: Liña 140:
Ea tempestate flos poetarum fuit,
Ea tempestate flos poetarum fuit,
Qui nunc abierunt hinc in communem locum.
Qui nunc abierunt hinc in communem locum.
(Casina, Prologus 5-19 ) <ref>[http://www.thelatinlibrary.com/plautus/cas.shtml Casina, Prologus 5-19]</ref>}}
(Casina, Prologus 5-19 ) <ref>[http://www.thelatinlibrary.com/plautus/cas.shtml Casina, Prologus 5-19]</ref>
</poem>
{{cita|''Na miña opinión, os que beben viño vello e aos que
|
<poem>
''Na miña opinión, os que beben viño vello e aos que
lles gusta ver comedias antigas son xente con vista;
lles gusta ver comedias antigas son xente con vista;
dado que vos gustan as obras e a linguaxe de tempos
dado que vos gustan as obras e a linguaxe de tempos
Liña 150: Liña 159:
extraordinario, e eso aínda sendo aquela a época de
extraordinario, e eso aínda sendo aquela a época de
mellor flor dos nosos poetas, que agora xa pasaron ao
mellor flor dos nosos poetas, que agora xa pasaron ao
lugar no que todos acabaremos un dia.''''
lugar no que todos acabaremos un dia.''
</poem>
}}
|-
|}
<br/>
</center>

Trala morte de Plauto, a mediados do século II a.C., comezou un traballo editorial decisivo para o futuro do texto das obras plautinas. Fixéronse dende aquelas auténticas edicións críticas do texto seguindo fórmulas editoriais da filoloxia alexandrina, cuxos beneficios se reflicten nos manuscritos actuais. Deste xeito as comedias ían precedidas das didascalia, ou noticias sobre a súa representación e posta en escena. Unha das mellor conservadas é a feita para Stichus. Nestas edicións incluíase tamén unha listaxe de personaxes e un resumo do contido, argumentum, moitos deles acrósticos, é dicir, que a primeira letra de cada verso que lidas en sentido vertical formaba o título da comedia. Os editores fixaron así mesmo a disposición a gráfico do texto, como podemos ver no argumentum da Aulularia de Plauto.
Trala morte de Plauto, a mediados do século II a.C., comezou un traballo editorial decisivo para o futuro do texto das obras plautinas. Fixéronse dende aquelas auténticas edicións críticas do texto seguindo fórmulas editoriais da filoloxia alexandrina, cuxos beneficios se reflicten nos manuscritos actuais. Deste xeito as comedias ían precedidas das didascalia, ou noticias sobre a súa representación e posta en escena. Unha das mellor conservadas é a feita para Stichus. Nestas edicións incluíase tamén unha listaxe de personaxes e un resumo do contido, argumentum, moitos deles acrósticos, é dicir, que a primeira letra de cada verso que lidas en sentido vertical formaba o título da comedia. Os editores fixaron así mesmo a disposición a gráfico do texto, como podemos ver no argumentum da Aulularia de Plauto.



Revisión como estaba o 24 de xaneiro de 2014 ás 11:45

Ficheiro:Tito Maccio Plauto.jpg
Tito Maccio Plauto.

Tito Maccio Plauto, nado en Sársina (Romagna) no 254 a. C. e finado en Roma no 184 a.C., foi un comediógrafo da Roma Antiga, considerado o máis xenuíno de entre todos da literatura latina. Escribiu comedias de enredo, do xénero da Palliata.

Contexto histórico

Na época na que Plauto viviu Roma estaba inmersa en varias guerras polo control do Mediterráneo. Tras ter conquistada Italia e a rexión da Magna Grecia (o que lle permitiu coñecer a cultura helena), Roma tremía ante o nome de Aníbal e, despois de superar as guerras contra este, iniciouse outra nova guerra, a macedónica.

As guerras púnicas

As guerras contra os cartaxineses foron as chamadas Guerras Púnicas, nas cales Roma disputábase con Cartago o dominio do Mediterráneo.

A Primeira Guerra Púnica (267 ó 241 a.C) foi unha disputa, sobre todo, polo dominio de Sicilia. Os cartaxineses eran superiores navalmente, pero os romanos servíronse da súa óptima infantería para gañar. Tras a derrota, Cartago comprometeuse a non atacar a ningún aliado de Roma e comezou a expandirse pola Península Ibérica, territorio que tamén ansiaban os romanos.

No 241 a.C. Roma conquistou a Magna Grecia. A cultura helena estaba xa presente na romana dende había tempo, o que explica a gran aceptación das comedias gregas en Roma, pero a partir desta conquista sucedida ó final da primeira guerra púnica, o helenismo estivo aínda máis presente na Urbs. Un número considerable de gregos comezou a vivir entre os romanos, levando con eles a súa cultura, bastante máis avanzada. Os romanos comezaron a ter interese por esa cultura, e surxiu así a necesidade de crear unha literatura propia en latín feita, primerio, por traducións e adaptacións.

As guerras tiveron unha grande importancia na introdución do teatro grego en Roma. Os soldados que participaran nas campañas do sur de Italia afeccionáranse alí ó teatro e unha vez voltados a Roma demandaban o traslado dos espectáculos teatrais á capital; a plebe, formada en gran parte por emigrantes gregos, acolleu tamén con gusto estes espectáculos.

Así pois, os romanos estaban afeitos ás formas culturais gregas e, seguindo o seu costume, decidiron imitalas para construír as súas. Polo tanto, non é de estrañar que para celebrar a fin da Primeira Guerra Púnica os romanos, en setembro do ano 240 a.C., organizaran xogos que, por primeira vez, incluían representacións teatrais adaptando os orixinais gregos. Livio Andronico, un liberto grego afincado en Roma, foi o encargado de facer a versión e a montaxe escénica. Podemos, polo tanto, situar o comezo do teatro en Roma nesta data con toda precisión. Non sabemos se nesa ocasión se representou unha palliata ou unha traxedia, pero en calquera caso se non foi daquela foi xusto despois, xa que no 325 a.C, ademais de Andronico, temos xa constancia doutro comediógrafo en Roma, Gneo Nevio

Plauto foi, logo, o gran autor cómico durante a Segunda Guerra Púnica (218-201 a.C). Esta guerra volveu enfrontar a Roma e a Cartago, esta vez comandados por Aníbal, ó cal os romanos temían. Os romanos crían que esta nova guerra sucedería en Hispania, pero os cartaxineses tomáronos por sorpresa cruzando os seus exércitos polos Alpes. As tropas de Aníbal chegaron de asediar a propia Roma, quizais por iso a poboación, que vivía baixo o medo dunha invasión, se sentía máis propensa a ver comedias, para distraerse da triste situación que estaban a vivir.

As guerras macedónicas

A Primeira Guerra Macedónica (214 ó 205 a.C) foi o primeiro conflicto bélico que enfrontou á República Romana co Reino de Macedonia, que se produciu polas ansias expansionistas de Filipo V de Macedonia, que ameazaba o dominio romano nos territorios gregos e polo seu acercamento  a Aníbal. Roma enviou tropas contra Filipo e o conflicto non tivo maiores consecuencias.

Sin embargo, no 200 a.C Flilipo intenta a anexión de novos territorios. Pérgamo e Rodas, como aliadas de Roma pídenlle a ésta protección. Comeza así a Segunda Guerra Macedónica, na que os exércitos de Filipo foron derrotados, sendo limitado o seu dominio exclusivamente a Macedonia.

En definitiva, a época na que lle tocou vivir e na que desenvolveu o seu traballo Plauto foi unha época plagada de guerras, na que a poboación vivía atemorizada, o que explica o auxe da comedia, xa que os cidadáns o que buscaban asistindo ás representacións teatrais era evadirse do caos e do sufrimento que os rodeaba.

Biografía

As fontes

Os datos bibliográficos sobre a vida de Plauto, escasos e pouco fiables, proceden de dous pequenos fragmentos nos textos de Aulo Xelio e San Xerome, ademais de algunhas outras referencias illadas en diversos autores como Cicerón. O carácter fantasioso e novelesco da historia que nos contan levou a moitos filólogos a dubidar da súa credibilidade. E por se isto fose pouco ás veces non resulta doado a interpretación dos mesmos [1]

A vida de Plauto

Como nos conta San Xerome, naceu en Sársina, unha poboación situada na rexión de Umbría, hoxe a Romagna, á que el mesmo cita en Mostellaria [2], unha rexión pouco helenizada, sometida polos romanos só poucos anos antes da data do nacemento de Plauto, que os estudiosos sitúan entre o 259 e 251 a.C. [3] , o que fai supor que o propio autor debeu de adquirir en Roma a súa fonda cultura grega e o coñecemento do latín [4]

Versión orixinal Versión en galego

Plautus ex Umbria Sarsinas Romae moritur (Eusebii Chronicorum, liber II, 1817) [5]

Plauto, procedende de Sarsina, en Umbría, morreu en Roma


-Immo edepol vero, quom usquequaque umbra est, tamen / sol semper hic est usque a mani ad vesperum: / quasi flagitator astat usque ad ostium, / nec mi umbra hic usquamst, nisi si in puteo quaepiamst. / -Quid, Sarsinatis ecqua est, si Vmbram non habes? (Mostellaria v.766-770) [6]
-Ao revés, oh, pode haber sombra por calquera outra parte, pero / aquí sempre hai sol, da mañá á noite: / está chantado na porta coma un acredor,/ e un lugar á sombra non o teño eu na miña casa a non ser na cisterna. / -E que, non é igual unha Sarsinate se non tes unha Umbría?

Emigrou a Roma onde traballou no teatro, quizais como actor. Gañou cartos que investiu no comercio e quedou arruinado. Tivo que entrar ao servizo do seu acredor, traballando na dura tarefa de darlle voltas ás rodas dun muíño. E foi entón cando comezou a escribir obras de teatro, o Saturio, o Addictus e outra máis da que Aulo Xelio non recorda o título.

Sed enim Saturionem et Addictum et tertiam quandam cuius nunc mihi nomen non subpetit in pristrino eum (sc. Plautum) scripsisse Varro et plerique alii memoriae tradiderunt, cum pecunia omni quam in operis artificum scaenicorum pepererat in mercatibus perdita inops Roman redisset et ob quarendum victum ad circumagendas molas quas trusatiles apellantur operam pistori locasset (Gel. Noctes Atticae III, 3, 14) [7]
Sen embargo Varrón e moitos outros transmitíronos que el, Plauto, escribira o Saturio, o Addictus e unha terceira cuxo nome non recordo, logo de voltar a Roma arruinado, perdidas nos negocios todas as ganancias que obtivera traballando no teatro, e despois de, poñerse baixo as ordes dun muiñeiro a dar voltas ás rodas do muíño chamadas "trusátiles" para gañar o seu sustento.

San Xerome conta o seguinte:

Plautus ex Umbria Sarsinas Romae moritur, qui propter annonae difficultatem ad molas manuarias pistori se locaverat; ibi, quoties ab opere vacaret, scribere fabulas ac vendere solitus” [8]
Plauto, procedende de Sársina, na rexión de Umbría, morreu en Roma, quen, por mor das dificultades no abastecemento de trigo, se puxera baixo as ordes dun muiñeiro para traballar no muiño; onde, sempre que tiña algún tempo libre, acostumaba a escribir e vender as súas comedias

A partir deste momento interrómpese a tradición biográfica e só temos as poucas noticias que o propio Plauto pode inserir nos textos das súas obras. As investigacións máis recentes apuntan a que debeu ser un home libre, que chegou a Roma como actor nunha compañía teatral, como comerciante ou mesmo como soldado, dado o profundo coñecemento que mostra do linguaxe militar nas súas comedias. [9]

O seu enorme éxito como escritor fixo que se apartase dos traballos físicos (muiñeiro) e que as comedias lle deran o necesario para vivir e máis, posto que morreu con aproximadamente setenta anos, inmensamente rico e cunha gran popularidade entre a sociedade do momento. Existen outras teorías que afirman que cando el empregaba a expresión latina “empuxar a pedra do muiño”, non se refería a que traballara como muiñeiro, senon que se refería a un estado da extrema pobreza [10]

O personaxe protagonista da obra ciceroniana de Senectute, Catón, afirma que Plauto se sentía moi orgulloso da súa actividade literaria durante a súa vellez.

“Quid in levioribus studiis, sed tamen acutis? Quam gaudebat bello suo Punico Naevius! quam Truculento Plautus, quam Pseudolo! [11]
e que dicir das aficións máis lixeiras, pero aínda así cheas de inxenio? Cómo se alegraba Nevio do seu "Bellum Punicum", como Plauto do seu "Truculentus", do seu "Pseudolus".

Cicerón fixa a súa morte no ano 184 a.C, que se correspondía coa censura de Catón.

nam Plautus P. Claudio L. Porcio viginti annis post illos quos ante dixi consulibus mortuus est Catone censore. [12]
Pois Plauto morreu no consulado de P. Claudio e L. Porcio, vinte anos despois de aqueles que citei antes, sendo Catón censor.

Aulo Xelio, que viviu no século I d.C., recolle na súa miscelánea Noites Aticas noticias sobre o epitafio de Plauto:

Epigramma Plauti, quod dubitassemus, an Plauti foret, nisi a M. Varrone positum esset in libro de poetis primo:
O epigrama de Plauto, do que dubidaríamos que fose obra del se non fose porque foi incluído por M. Varrón no primeiro libro da súa obra De Poetis.
postquam est mortem aptus Plautus, Comoedia luget,

scaena est deserta, dein Risus, Ludus Iocusque et Numeri innumeri simul omnes conlacrimarunt

(Gelius, Nottes Atticae, 1,24,3)
Despois de que Plauto fose trala morte, a Comedia está de loito,

a Escena deserta, e ademais a Risa, os Xogos e as Bromas

e os Ritmos innumerables choran todos á vez.

O problema do nome

Son tantas as dúbidas sobre o noso comediógrafo que ata se suxeriu que Plauto non foi máis que un nome baixo o que firmaron as súas obras outros autores, convencidos de que iso garantía que as súas produccións acadasen sona inmediata en Roma. Estas inseguridades chegan mesmo ó nome do poeta, e só sabemos con certeza que os antigos o coñeceron polo nome de Plautus.

Suxiriuse que Plautus fose a forma romanizada do cognomem Plotus e segundo os etimoloxístas puido facer referencia á forma dos pés (planos), polo que por extensión tamén se aplicaría ós actores de mimo que saían a escena cos pés descalzos, de ahí o nome de planipedes; ou ben a un tipo de can con orellas colgantes, como nos parece suxerir o propio Plauto no prólogo de Cásina [13]

“Plautus cum latranti nomine”
Plauto, de nome que ladra

Hoxe soe aceptarse por unanimidade a designación proposta por Ritschl de Titus Maccius Plautus, tal e como aparece no explicit da Casina do palimpsesto Ambrosiano: T. (Titi) Macci Plauti Casina explicit [14] , aínda que esta hipótese plantexa varios problemas. En primeiro lugar a dificultade de que un escritor de orixe humilde puidese contar co privilexio dos tria nomina e que non existe outro texto ou documento antigo onde aparezan os tres nomes. E en segundo lugar a propia mención que Plauto fai de si mesmo como Maccus (Asinaria 11 e Mercator 10).

“Demophilus scripsit, Maccus vortit barbare”. [15]
Demófilo escribiuna: Maco traduciuna nunha lingua bárbara.
“Graece haec vocatur Emporos Philemonis, eadem Latine Mercator Macci Titi". [16]
En grego chámase Emporos de Filemón e en latín Mercator de Maco Tito

Unha das moitas teorías que pretenten explicar estas dificultades é a proposta por Bücheler, quen supón que Plauto chegou a Roma co nome de Tito e co alcume burlesco de Plauto, aos que se lle engadiu o sobrenome de Maco; máis tarde, cando acadou a cidadanía romana, formaría o seu nome completo co nome de pila (praenomen Titus), o sobrenome latinizado (nomen Maccius) e o alcume (cognomen Plautus) [17]

Obras conservadas. O Corpus Plautino

Plauto dedicouse á composición de comediae palliatae, é dicir, comedias de modelo, ambientación e personaxes gregos, coas que se converteu no escritor máis coñecido do seu tempo. Pouco despois da súa morte circularon en Roma unhas 130 comedias baixo a súa autoría, xa que o emprego do nome “Plauto” era garantía de éxito. Un bo exemplo da boa fama da que gozou o autor é o prólogo da obra Cásina, redactado trala súa morte:

Versión orixinal Versión en galego.

Qui utuntur uino uetere sapientis puto
Et qui lubenter ueteres spectant fabulas.
Antiqua opera et uerba quom uobis placent,
Aequomst placere ante alias ueteres fabulas.
Nam nunc nouae quae prodeunt comoediae
Multo sunt nequiores quam nummi noui.
Nos postquam populi rumore intelleximus
Studiose expetere uos Plautinas fabulas,
Antiquam eius edimus comoediam,
Quam uos probastis qui estis in senioribus:
Nam iuniorum qui sunt, non norunt, scio,
Verum ut cognoscant dabimus operam sedulo.
Haec quom primum actast, uicit omnis fabulas.
Ea tempestate flos poetarum fuit,
Qui nunc abierunt hinc in communem locum.
(Casina, Prologus 5-19 ) [18]

Na miña opinión, os que beben viño vello e aos que
lles gusta ver comedias antigas son xente con vista;
dado que vos gustan as obras e a linguaxe de tempos
pasados, é natural que dedes a vosa preferencia ás
comedias doutras épocas; e é que na realidade, as de
hoxe en día son todavía peores que a moeda nova.
Nós, ao percatarmos polo que se escoita dicir, de que
existe unha gran interese polas comedias de Plauto,
puxemos en escena unha vella comedia súa, á que
destes o voso aplauso os de maior idade entre vós, os
máis xoves abofé que non a coñecen; pero agora
mesmo imos dar os pasos para que a coñezades. Esta
comedia, que damos hoxe, ao estrenarse tivo un éxito
extraordinario, e eso aínda sendo aquela a época de
mellor flor dos nosos poetas, que agora xa pasaron ao
lugar no que todos acabaremos un dia.


Trala morte de Plauto, a mediados do século II a.C., comezou un traballo editorial decisivo para o futuro do texto das obras plautinas. Fixéronse dende aquelas auténticas edicións críticas do texto seguindo fórmulas editoriais da filoloxia alexandrina, cuxos beneficios se reflicten nos manuscritos actuais. Deste xeito as comedias ían precedidas das didascalia, ou noticias sobre a súa representación e posta en escena. Unha das mellor conservadas é a feita para Stichus. Nestas edicións incluíase tamén unha listaxe de personaxes e un resumo do contido, argumentum, moitos deles acrósticos, é dicir, que a primeira letra de cada verso que lidas en sentido vertical formaba o título da comedia. Os editores fixaron así mesmo a disposición a gráfico do texto, como podemos ver no argumentum da Aulularia de Plauto.

Aulam repertam auri plenam Euclio

Vi summa servat, miseris adfectus modis. Lyconides istius vitiat filiam. Volt hanc Megadorus indotatam ducere, Lubensque ut faciat dat coquos cum obsonio. Auro formidat Euclio, abstrudit foris. Re omni inspecta compressoris servolus Id surpit. illic Euclioni rem refert. Ab eo donatur auro, uxore et filio.

(Aulularia - The Latin Library )[19]
Euclión atopa unha ola chea de ouro

e gárdaa cun empeño sen igual e sen poder atopar repouso. Licónedes viola a súa filla. Megadoro quere casar con ela sin dote, e para que Euclión consinta con máis gusto, mándalle uns conciñeiros con provisións para unha cea. Un escravo de Licónides obsérvao e roúballe, pero Licónies devólvello a Euclión,

que lle entrega o ouro, unha esposa e un fillo'

O texto das comedias era en verso e as copias desas edicións non se fixeron a liña seguida, como se fose prosa, que era o común, senón por versos. Desta maneira a súa natureza métrica foi fácilmente recoñecible. Nesta etapa editorial as comedias estaban divididas en escenas, xa que Plauto suprimiu a división en acto dos orixinais gregos. A división en actos actual empregouse por primeira vez nas edicións renacentistas da obra plautina, como mostra Horacio na súa Ars poetica (189 e ss.)

Neve minor neu sit quinto productior actu.

Fabula, quae posci vult, et spectae reponi. Nec Deus intersit, nisi dignus vindice nodus Inciderit; nec quarta loqui persona laboret.

(Ars Poetica vv. 189 ss. - The Latin Library )[20]
Repugnantes me son,y nos las creo.

Para que un drama al público entretenga, y éste le pida con deseo, ni más ni menos de cinco actos tenga. Conducido en tramoya un Dios no venga que el final desenredo facilite, cuando el enredo un Dios no necesite Ni en cada escena llegarán a cuatro

las personas que ocupen el teatro.'

Tamén comezou de seguida, trala morte do autor, un debate sobe a autenticidade das 130 comedias que circulaban baixo o seu nome. Temos noticias, gracias a Aulo Xelio, de que existiron bos estudos de eruditos romanos como Acio, Volcacio Sedíxito, Elio Estilón,etc., pero o que acadou unha maior repercusión foi o traballo de Varrón, De Comeodiis Plautinis, hoxe perdido. Nese estudio Varrón estableceu tres grupos:

  • 21 comedias, nas que a autoría de Plauto era universalmente admitida.
Nam praeter illas unam et viginti, quae Varronianae vocantur, quas idcirco a ceteris segregavit, quoniam dubiosae non erant, set consensu omnium Plauti esse censebantur (Gellius, Liber III, vv.3 The Latin Library )[21]

(...) Pois, ademais daquelas, 21, que son chamadas “Varronianas”, ás que separou do resto porque non eran dubidosas, senón que eran consideradas de Plauto segundo o parecer de todos

  • 19 comedias, que por razóns históricas e estilísticas, Varrón a título persoal consideraba tamén, plautinas.
  • 90 comedias que foron consideradas espurias.

De todas estas só chegou ao comezo da Idade Media e máis tarde ata os nosos días o grupo formado polas primeiras 21 comedias, coñecidas como Comediae Varronianae:

  1. Anfitrión (Amphitruo)'
  2. Aulularia (que inspirou a autores como Shakespeare en O mercader de Venecia)
  3. Asinaria
  4. Bacchides
  5. Captiui
  6. Curculio
  7. Casina
  8. Cistellaria
  9. Epidicus
  10. Mostellaria
  11. Menaechmi
  12. Miles gloriosus
  13. Mercator
  14. Pseudolus
  15. Poenulus
  16. Persa
  17. Rudens
  18. Stichus
  19. Triunummus
  20. Truculentus
  21. Vidularia

Son obras de pouca complexidade, sen reflexións filosóficas nin intencións didácticas, que seguen uns esquemas establecidos, moi parecidos entre os personaxes e as tramas das diferentes obras.

Notas

  1. Román Bravo, José: Introdución Comedias de Plauto, Volume I. Madrid, Editorial Cátedra, 1989. Páxs. 9-10. ISBN 978-84-376-0857-0
  2. Mostellaria (v.770)- The Latin Library
  3. Román Bravo, José: Introdución de comedias de Plauto, Volume IMadrid, Editorial Cátedra, 1989. Páx. 11. ISBN 978-84-376-0857-0
  4. Boado, Mercedes e Frei, María Xesús. Introdución á Anfitrión e Asinaria, Colección clásicos en galego. Editorial Galaxia. Vigo 1992.
  5. Eusebii Chronicorum, liber II, 1817- The Latin Library
  6. Mostellaria v. 770 - The Latin Library
  7. Gel. Noctes Atticae III, 3, 14 - The Latin Library
  8. Eusebii Chronicorum, liber II, 1817 - Documenta Catholica Omnia
  9. Della Corte, F., Da Sarsina a Roma, Florencia, 1967, Páx. 25
  10. Lejay, P. Plaute, París, 1925, Páx. 5
  11. Cato maior de senectute(50)- The Latin Library
  12. Brutus, 15-60- The Latin Library
  13. Cásina (v.34)- The Latin Library
  14. Ritschl, F., Parergon Plautinum Terentianumque, Leipzig, 1845
  15. Prólogo de Asinaria, (v.11)- The Latin Library
  16. Mercator (vv.9-11)- The latin Library
  17. Román Bravo, José: Introdución de comedias de Plauto, Volume IMadrid, Editorial Cátedra, 1989. Páxs. 11. ISBN 978-84-376-0857-0. 18-19
  18. Casina, Prologus 5-19
  19. Aulularia 5-19
  20. Ars Poetica vv.189
  21. Gellius, Liber II, vv.3