Ciutadella de Menorca: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
+modelo cidade
Elisardojm (conversa | contribucións)
substitúo imaxe repetida
Liña 47: Liña 47:


==Turismo==
==Turismo==
[[Ficheiro:Ciudadela (Menorca).jpg|dereita|miniatura|250px|Rúa do centro de Ciutadella coa catedral ao fondo.]]
[[Ficheiro:Ciutadella Catedral.JPG|miniatura|[[Catedral de Ciutadella]].]]

'''Porto natural'''. Ciutadella posúe un pequeno porto natural, resgardado da [[tramontana]]. Unhas cantas veces ao ano prodúcese o fenómeno chamado ''[[rissaga]]'', polo cal primeiro perde altura o nivel da mar e posteriormente unha onda sobe o nivel ata por enriba do orixinal, chegando a cubrir Es Pla e en ocasións causar danos ás embarcacións fondeadas no porto (en verán de 2006 houbo unha moi pronunciada que obrigou a pechar o porto durante varios días). Neste porto calan os buques de pasaxeiros e carga que unen a illa de Menorca con [[Mallorca]] e [[Barcelona]], mediante liñas regulares das empresas [[Iscomar]] e [[Balearia]], respectivamente. Recentemente, instalouse, un pouco antes da bocana do porto, un dique que permite o amarre de barcos de maior tamaño respecto aos que atracaban no interior do porto antano. O dique ao estar en mar aberto permite evitar o fenómeno da rissaga aínda que xa houbo queixas sobre o seu funcionamento xa que este dique non protexe o suficiente fronte a certos ventos.
'''Porto natural'''. Ciutadella posúe un pequeno porto natural, resgardado da [[tramontana]]. Unhas cantas veces ao ano prodúcese o fenómeno chamado ''[[rissaga]]'', polo cal primeiro perde altura o nivel da mar e posteriormente unha onda sobe o nivel ata por enriba do orixinal, chegando a cubrir Es Pla e en ocasións causar danos ás embarcacións fondeadas no porto (en verán de 2006 houbo unha moi pronunciada que obrigou a pechar o porto durante varios días). Neste porto calan os buques de pasaxeiros e carga que unen a illa de Menorca con [[Mallorca]] e [[Barcelona]], mediante liñas regulares das empresas [[Iscomar]] e [[Balearia]], respectivamente. Recentemente, instalouse, un pouco antes da bocana do porto, un dique que permite o amarre de barcos de maior tamaño respecto aos que atracaban no interior do porto antano. O dique ao estar en mar aberto permite evitar o fenómeno da rissaga aínda que xa houbo queixas sobre o seu funcionamento xa que este dique non protexe o suficiente fronte a certos ventos.



Revisión como estaba o 19 de xaneiro de 2014 ás 14:46

Coordenadas: 40°00′00″N 03°50′17″L / 40.00000, -3.83806 Modelo:Cidade

Rúa do centro de Ciutadella coa catedral ao fondo.

Ciutadella de Menorca é un concello de Menorca (Illas Baleares). En 2011 tiña 29.315 habitantes, sendo o concello máis poboado da illa.

Situada no extremo oeste de Menorca, é a sede do bispado da illa. Rexentou a capitalidade da illa ata a ocupación inglesa en 1714. A finais do 2009 Ciutadella superou en número de habitantes a Maó, antes concello máis poboado de Menorca e no que se encontra o Consell Insular, o goberno insular.

Historia

Ciutadella dende o aire.

Ao longo dos séculos, os diferentes poboadores déronlle diversos nomes: Jamma, Nura, Minerva, Iamo, Iamona, Medina Minurka. Pero foi a partir do 1287, a raíz da incorporación de Menorca á cultura cristiá coa conquista de Afonso III, cando se impuxo o nome actual, topónimo que, etimoloxicamente, provén do latín civitatella, diminutivo de civitas (cidade). A pesar diso, este nome xa prevalecía entre a poboación romanizada e os mozárabes menorquinos anteriores á colonización realizada pola Coroa de Aragón. Actualmente denomínase Ciutadella de Menorca de xeito oficial (facendo un paralelismo con Palma de Mallorca) para non a confundir con outros topónimos.

O 9 de xullo de 1558 unha flota turca ao mando do almirante Pialí atacou a cidade, rendéndose os defensores ante as forzas otománs. Parte da poboación foi deportada baixo rescate a Istambul. A partir dese ano iniciouse una lenta reconstrución da cidade que tivo o seu contrapunto o 1646 coa chegada á illa da peste. A dominación británica durante gran parte do século XVIII ocasionou a decadencia e languidecimento da cidade, que perdeu a capitalidade da illa en beneficio de Maó.

Durante a Guerra Civil Española Menorca permaneceu fiel ao Goberno do Fronte Popular. En 1939 tivo lugar a batalla de Menorca onde un grupo do bando nacional tomou Ciutadella e enfrontouse ao Exército Republicano de Maó.

Patrimonio

Naveta des tudons.

Consérvanse restos arqueolóxicos da cultura talaiótica. A construción máis coñecida é a Naveta des Tudons situada na estrada Ciutadella-Maó. En torno á Naveta des Tudons sempre existiu unha famosa lenda sobre a carencia dunha das pedras da parte superior da nave. Trátase dun monumento funerario único pola súa tipoloxía. En Menorca sitúanse outras navetas de habitación como as de Son Mercè de Baix en Ferreries. Da época talaiótica é importante destacar tamén os restos do poboado de Son Catlar —coa súa muralla ciclópea—, Torre Vella, e as taules, exclusivas de Menorca, de Torre Trencada e Torre Llafuda.

En datas recentes o Ministerio de Medio Ambiente de España incluíu a costa norte menorquina nos proxectos de futuros parques nacionais, provocando unha gran polémica entre os residentes da zona. O pleno do concello votou en contra de dita resolución.

Clima

O clima de Ciutadella é de tipo mediterráneo, con veráns calorosos e invernos suaves e frescos. A consecuencia de que a illa de Menorca é a máis setentrional das Illas Baleares as precipitacións nas vilas son máis ou menos abundantes en todo o ano. En Ciutadella teñen unha media de aproximadamente 600 mm anuais. A consecuencia de que Ciutadella se encontra na parte do oeste da illa, habitualmente aparecen ventos que en inverno poden chegar aos 110km/h. Ciutadella ten unha temperatura media duns 15 °C; as temperaturas non superan os 35 °C en verán nin baixan dos 4 °C en inverno. Nalgunhas ocasións poden chegar a temperaturas inferiores aos 2 °C pero son poucas.

Turismo

Catedral de Ciutadella.

Porto natural. Ciutadella posúe un pequeno porto natural, resgardado da tramontana. Unhas cantas veces ao ano prodúcese o fenómeno chamado rissaga, polo cal primeiro perde altura o nivel da mar e posteriormente unha onda sobe o nivel ata por enriba do orixinal, chegando a cubrir Es Pla e en ocasións causar danos ás embarcacións fondeadas no porto (en verán de 2006 houbo unha moi pronunciada que obrigou a pechar o porto durante varios días). Neste porto calan os buques de pasaxeiros e carga que unen a illa de Menorca con Mallorca e Barcelona, mediante liñas regulares das empresas Iscomar e Balearia, respectivamente. Recentemente, instalouse, un pouco antes da bocana do porto, un dique que permite o amarre de barcos de maior tamaño respecto aos que atracaban no interior do porto antano. O dique ao estar en mar aberto permite evitar o fenómeno da rissaga aínda que xa houbo queixas sobre o seu funcionamento xa que este dique non protexe o suficiente fronte a certos ventos.

Rúas típicas. Ciutadella caracterízase tamén polas súas angostas rúas, con nomes curiosos como Que no passa (en galego, "Que non pasa") ou Ses Voltes (en galego, "As Arcadas") que empezan na Plaça Nova ou Plaça Espanya (en galego, "Praza Nova" ou "Praza España") e rematan na Catedral de Ciutadella, máis alá, en dirección ao Concello está a Plaça des Born, dende onde se divisa o mencionado porto e onde se sitúa un obelisco en conmemoración ao asalto turco de 9 de xullo de 1558 protagonizado polo almirante da frota otomán Pialí.

Cala Pilar, Ciutadella.

Praias. Un dos atractivos turísticos de Ciutadella reside nas súas numerosas praias. Na costa oeste da illa poden encontrarse numerosas urbanizacións en torno a calas pequenas como Cala Blanca ou Santandría. Chegando á costa sur, pasado o faro d'Artrutx, encóntrase Cala'n Bosch e Son Xoriguer, tamén urbanizadas, e máis alá, na zona virxe máis longa da costa sur, encóntrase Cala'n Turqueta, Son Saura, Es Talaier, Macarelleta e Macarella. Na costa norte, máis árida, asolada pola tramontana en inverno, encóntrase a urbanizada Cala Morell, as virxes La Vall e El Pilar.

Demografía

Evolución da poboación de Ciutadella de Menorca dende a década de 1950:

Política

O reparto de escanos nas eleccións do 2007 quedou deste xeito:

PSOE PP Outros Total
2007 6 10 5 21

Cidades irmás

Véxase tamén