Luís Espada Guntín: Diferenzas entre revisións
m Bot: Retiro 2 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q2879614 |
Xas (conversa | contribucións) m lig int |
||
Liña 24: | Liña 24: | ||
| título = [[Ficheiro:Escudo de España 1874-1931.svg|30px]]<br>[[Ministerio de Educación e Ciencia de España|Ministro de Instrución Pública e Belas Artes]] |
| título = [[Ficheiro:Escudo de España 1874-1931.svg|30px]]<br>[[Ministerio de Educación e Ciencia de España|Ministro de Instrución Pública e Belas Artes]] |
||
| período = [[1920]] |
| período = [[1920]] |
||
| sucesor = [[Vicente Cabeza de Vaca |
| sucesor = [[Vicente Cabeza de Vaca Fernández de Córdoba]] |
||
}} |
}} |
||
{{Succession box |
{{Succession box |
||
Liña 30: | Liña 30: | ||
| título = [[ficheiro:Escudo de España 1874-1931.svg|30px]]<br>[[Ministerio de Fomento de España|Ministro de Fomento]] |
| título = [[ficheiro:Escudo de España 1874-1931.svg|30px]]<br>[[Ministerio de Fomento de España|Ministro de Fomento]] |
||
| período = [[1920]] - [[1921]] |
| período = [[1920]] - [[1921]] |
||
| sucesor = [[Juan de la Cierva |
| sucesor = [[Juan de la Cierva Peñafiel]] |
||
}} |
}} |
||
{{End box}} |
{{End box}} |
Revisión como estaba o 18 de xaneiro de 2014 ás 13:31
Luis Espada Guntín, nado en Ourense o 4 de decembro de 1858 e finado en Madrid en 1937, foi un avogado e político galego, ministro de Instrución Pública e Belas Artes e de Fomento durante o reinado de Afonso XIII.
Traxectoria
Fillo de José Espada Novoa, estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse na Universidade Central de Madrid. En 1880 foi nomeado letrado do Ministerio de Graza e Xustiza. Membro do Partido Conservador, iniciou na súa carreira política á sobra dos Bugallal. Traballou como pasante no bufete de Saturnino Álvarez Bugallal e este conseguiulle a súa primeira acta de deputado por Ourense (1884-1886); despois foi elixido polo distrito de Verín (1891-1893) e polo mesmo distrito en todas as eleccións entre 1896 e 1923.
Foi gobernador civil de Cidade Real e Toledo (1891), director xeral de Administración (1900), fiscal do Tribunal de Contas (1903), director xeral de Obras Públicas (1904), vicepresidente do Congreso dos Deputados (1905 e 1914) e subsecretario de Facenda (1907).
Foi ministro de Fomento entre o 25 de outubro e o 9 de decembro de 1915, cargo que volveu ocupar entre o 15 de setembro de 1920 e o 13 de marzo de 1921. Foi ministro de Instrución Pública e Belas Artes entre o 5 de maio e o 1 de setembro de 1920.
En 1923 foi nomeado presidente do Tribunal de Contas do Reino, cargo do que foi deposto coa Ditadura de Primo de Rivera, e que volveu ocupar en 1930.
Durante a II República, nas eleccións xerais de 1936, volveu obter un escano pola provincia de Ourense en representación da CEDA.
Predecesor: Francisco Ugarte Pagés |
Ministro de Fomento 1915 |
Sucesor: Amós Salvador Rodrigáñez |
Predecesor: Natalio Rivas Santiago |
Ministro de Instrución Pública e Belas Artes 1920 |
Sucesor: Vicente Cabeza de Vaca Fernández de Córdoba |
Predecesor: Emilio Ortuño Berte |
Ministro de Fomento 1920 - 1921 |
Sucesor: Juan de la Cierva Peñafiel |