María Xosé Queizán: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m engadimos unha ligazón externa
Liña 95: Liña 95:
* [http://www.aelg.org/Centrodoc/GetAuthorById.do?id=autor217 Ficha da autora] na [[AELG]]
* [http://www.aelg.org/Centrodoc/GetAuthorById.do?id=autor217 Ficha da autora] na [[AELG]]
* [http://mariaxosequeizan2.wordpress.com/ Blogue persoal]
* [http://mariaxosequeizan2.wordpress.com/ Blogue persoal]
*[https://sites.google.com/a/iesgarciabarros.org/literatura-galega-do-s/entrevistas-12-13/mariaxosequeizan Entrevista de Literatura Galega do s.XX do alumando do Ies Manuel Garcia Barros]





Revisión como estaba o 15 de xaneiro de 2014 ás 11:18

María Xosé Queizán

María Xosé Queizán Vilas, nada en Vigo o 5 de febreiro de 1939, é unha escritora, catedrática de lingua e literatura galega, e figura relevante no movemento feminista na Península Ibérica.

Traxectoria

Comezou a súa carreira como escritora na súa adolescencia, escribindo artigos para o periódico vigués El Pueblo Gallego. Nos cincuenta participou en obras de teatro, chegando a crear en 1959 o "Teatro de Arte y Ensayo de la Asociación de la Prensa de Vigo", e a fundar e dirixir de 1967 a 1968 o "Teatro Popular Galego". O seu carácter emprendedor e o seu amor polo teatro levárona a desempeñar varios papeis a cargo de diversas organizacións, como directora da asociación feminista Feministas Independentes Galegas (FIGA), directora da galería de arte Roizara de Vigo, vicepresidenta do Consello Municipal da Muller do concello de Vigo e directora e organizadora do I encontro de Mujeres Poetas Peninsulares y de las Islas (1996).

O seu labor como escritora diversifícase en todos os xénero e estilos: novela, conto, ensaio, teatro e poesía; tamén é tradutora. Os seus ensaios feministas tratan temas tan controvertidos como a colonización sexual das mulleres, o cuestionamento da maternidade biolóxica e a reflexión sobre a escrita non androcéntrica.

Labor literario

A principios dos setenta trasladouse a París, onde coñece a nova novela francesa, o que a axudará a escribir a súa primeira novela, A orella no buraco, obra incluída na Nova Narrativa Galega. En 1977 publica o ensaio A muller en Galicia ao que lle seguiría en 1980 Recuperemos as mans e, en 1998, Misoxinia e racismo na poesía de Pondal. Creou a revista Festa da palabra silenciada, feita só por mulleres, a cal cordina e dirixe dende 1983. En 1989 publicou unha obra de teatro, Antígona ou a forza do sangue, coa que queda finalista do Premio Álvaro Cunqueiro. Outra obra de teatro, Non convén chorar máis, permanece inédita. O seu primeiro poemario Metáfora da metáfora aparece en 1991, seguido por Despertar das amantes en 1993 e Fóra de min en 1994. Como traductora, figuran no seu haber pezas como: O caderno azul de Marguerite Yourcenar, e tamén contos de Karen Blixen, Emilia Pardo Bazán e Charlote Perkins.

Obra

Narrativa

  • A orella no buraco, 1965, Galaxia. Novela.
  • Amantia, 1984, Xerais. Novela.
  • A semellanza, 1988, Sotelo Blanco. Novela.
  • Amor de tango, 1992, Xerais. Novela.
  • O solpor da cupletista, 1995, Nigra. Novela.
  • Ten o seu punto a fresca rosa, 2000, Xerais. Novela
  • ¡Sentinela, alerta!, 2002, Xerais. Novela
  • Meu pai vaite matar, 2011, Xerais.

Ensaio

Poesía

  • Metáfora da metáfora, Espiral Maior, 1991.
  • Despertar das amantes, Espiral Maior, 1993.
  • Fora de min, 1994, Sons Galiza.
  • Catro poemas a Rosalía, 1997, Fundación Rosalía de Castro.
  • Non o abras como unha flor: poesía reunida 1980-2004, 2004, Xerais.
  • Cólera, 2007, Xerais.

Literatura infanto-xuvenil

  • O segredo da Pedra Figueira, 1986, Xerais. Novela.

Teatro

  • Non convén chorar máis (Inédita).
  • Antígona, a forza do sangue, 1989, Xerais.
  • Antígona. A cartuxeira. Neuras, 2008, Galaxia.

Guión cinematográfico

  • Prisciliano.

Tradución

Obras colectivas

  • IX Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética, 1989, S. C. D. Condado. Poesía.
  • Contos eróticos / Elas, 1990, Xerais. Relato.
  • XIII Festival da Poesia no Condado, 1993, S. C. D. Condado. Poesía.
  • XV Festival da Poesia no Condado, 1995, S. C. D. Condado. Poesía.
  • Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade, 1995, Edicións do Castro. Poesía.
  • Berra liberdade (Escritores galegos por Amnistía Internacional), 1996, Galaxia. Relato.
  • Construír a paz, 1996, Xerais. Ensaio.
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996, Xerais. Relato.
  • Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once escritoras galegas, 1997, Patronato Rosalía de Castro. Poesía.
  • Clásicos e modernos, 2000, Universidade da Coruña.
  • Poetas e Narradores nas súas voces. I, 2001, Consello da Cultura Galega.
  • A homosexualidade a debate, 2002, Xerais. Ensaio.
  • Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais. Relato.
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior. Poesía.
  • Xela Arias, quedas en nós, 2004, Xerais.
  • Amor en feminino: antoloxía das poetas galegas de Rosalía á Xeración dos 80, 2006, Baía Edicións. Edición de Maximino Cacheiro Varela.
  • Cartafol poético para Alexandre Bóveda, 2006, Espiral Maior. Poesía.
  • Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz, 2008, Xerais.
  • Erato bajo la piel del deseo, 2010, Sial Ediciones.
  • Banqueiros, 2012, Laiovento.

Bibliografía sobre a autora

  • Para unha poética feminista: homenaxe a María Xosé Queizán, 2011, Xerais. Coordinada por Camiño Noia e Manuel Forcadela.

Premios e recoñecementos

  • Finalista do Premio Álvaro Cunqueiro en 1989 con Antígona, a forza do sangue.
  • Premio da Xunta de Galicia polo guión de cine Prisciliano.
  • Foi nomeada socia de honra da AELG no 1998.
  • Premio Voz da Liberdade no 2011, outorgado polo PEN Clube de Galicia.
  • Premio Irmandade do Libro da Federación de Libreiros de Galicia no 2013, pola súa traxectoria.

Véxase tamén

Ligazóns externas