Gran Sol: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
especies comerciais
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
O '''Gran Sol''' (escrito ás veces como '''Grand Sol''' ou '''Gran Sole''') é un [[caladoiro]] situado no [[Atlántico|Atlántico norte]], entre os [[paralelo]]s 48º e 60º, ao oeste das [[illas Británicas]]. Destaca pola súa riqueza pesqueira sendo as principais especies obxectivo das frotas comunitarias: [[pescada]], [[rapante]], [[peixe sapo]], [[bnacallau]], [[fogueiro]], [[bacalada]], [[solla], linguado,... A frota galega, por limiación e cotas, céntrase na pescada (Burela e A Coruña), o rapante (Vigo), o peixe sapo e o [[lagostino]] (n'A Coruña, principalemente).
O '''Gran Sol''' (escrito ás veces como '''Grand Sol''' ou '''Gran Sole''') é un [[caladoiro]] situado no [[Atlántico|Atlántico norte]], entre os [[paralelo]]s 48º e 60º, ao oeste das [[illas Británicas]]. Destaca pola súa riqueza pesqueira sendo as principais especies obxectivo das frotas comunitarias: [[pescada]], rapante, [[peixe sapo]], [[bacallau]], [[fogueiro]], [[bacalada]], [[solla]], linguado,... A frota galega, por limiación e cotas, céntrase na pescada (Burela e A Coruña), o rapante (Vigo), o peixe sapo e o lagostino (n'A Coruña, principalemente).


Este caladoiro destaca tamén pola ferocidade dos seus [[temporal (clima)|temporais]].
Este caladoiro destaca tamén pola ferocidade dos seus [[temporal (clima)|temporais]].

Revisión como estaba o 14 de xaneiro de 2014 ás 17:29

O Gran Sol (escrito ás veces como Grand Sol ou Gran Sole) é un caladoiro situado no Atlántico norte, entre os paralelos 48º e 60º, ao oeste das illas Británicas. Destaca pola súa riqueza pesqueira sendo as principais especies obxectivo das frotas comunitarias: pescada, rapante, peixe sapo, bacallau, fogueiro, bacalada, solla, linguado,... A frota galega, por limiación e cotas, céntrase na pescada (Burela e A Coruña), o rapante (Vigo), o peixe sapo e o lagostino (n'A Coruña, principalemente).

Este caladoiro destaca tamén pola ferocidade dos seus temporais.

Desde antigo o caladoiro do Gran Sol foi explotado polos pescadores españois (nomeadamente os galegos) e portugueses, que navegan desde a costa cantábrica e atlántica para faenaren nas súas aguas.

O nome de Gran Sol provén do francés Grande Sole ("gran linguado"). Non se debe confundir co Box irlandés (Irish Box, en inglés), caladoiro este que está fóra do Gran Sol e que designa unha zona de pesca reservada acotada entre paralelos e meridianos (box) ao redor da illa de Irlanda.[1]

Convencionalmente o Gran Sol divídese no Gran Sol grande e o Gran Sol pequeno. Estas zonas defínense para fins de protección da pesca, estando limitadas pola costa ou as liñas de latitude e lonxitude seguintes:[2]

  • Gran Sol pequeno (ICES Statistical Division VIIh)
    • 48°N 5°W
    • 49°30'N 5°W
    • 49°30'N 7°W
    • 50°N 7°W
    • 50°N 9°W
    • 48°N 9°W
    • 48°N 5°W
  • Gran Sol grande (ICES Statistical Division VIIj)
    • 48°N 9°W
    • 9°W ao sur da costa de Irlanda
    • 52°30'N ao oeste da costa de Irlanda
    • 52°30'N 12°W
    • 48°N 12°W
    • 48°N 9°W

Notas

  1. Luis González. "Más sobre el Box Irlandés" (en español). Consultado o 23/11/2012. 
  2. The Cod (Specified Sea Areas) (Prohibition of Fishing) (No. 3) Order 1989. Consultado o 23/11/2012.