Valdivia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 51: Liña 51:


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Rexión de Los Ríos]]

=== Notas e referencias ===
=== Notas e referencias ===
<references/>
<references/>

Revisión como estaba o 9 de xaneiro de 2014 ás 04:20


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Coordenadas: 39°48′30″S 73°14′30″O / -39.80833, -73.24167 Modelo:Cidade Valdivia é unha comuna, cidade e un municipio chileno da provincia de Valdivia, que tamén é capital da XIV rexión de Los Ríos. A cidade é situada na costa do Pacífico, nas proximidades do Río Calle-Calle. Valdivia dista uns 841 km da urbe de Santiago.

Historia

O primeiro gobernador de Chile quen foi Pedro de Valdivia, enviou ao almirante Juan Bautista Pastene á zona, quen explora a baía de Corral no 1544, e logra bautizar a zona co nome do seu superior. Máis tarde, o 9 de febreiro de 1552, Pedro de Valdivia fundou a cidade co nome de Santa María la Blanca de Valdivia sobre unha aldea indíxena chamada Ainil. No 1598, despois do desastre de Curalaba, Valdiva foi abandonada e destruída polos nativos huilliches. Foi repoboada en 1645, pero os alrededores foron controlados polos indíxenas Lafkenche-huilliche.

A cidade creceu e formouse un importante porto que o seu río é un dos poucos ríos navegables do país, e na época, Valdivia foi a cidade máis austral de Chile que tiña numerosos e ben equipados fortes militares[1]. No 1821 foi capturada polos independistas de Chile. Na época, foi lanzada oficialmente a colonización alemá e no 1850 chegan os primeiros á zona impulsando a industrialización. Tamén queimaron grandes áreas de pluviselva valdiviana para conseguir terras agrícolas. En 1909, un gran incendio destruíu o centro da cidade que logo foi reconstruída[2]. O 1960, o 22 de maio foi rexistrado o terremoto máis forte na historia da Terra, cunha magnitude é de 9,5 Richter (Terremoto de Chile de 1960), que destruíu o 40% da cidade. Desde o 2 de outubro de 2008, entrou en vigor a nova rexión chilena de Los Ríos XIV, da cal Valdivia é capital.

Galería de imaxes

Cidades irmandadas

Véxase tamén

Outros artigos

Notas e referencias

  1. Valdivia entre Ríos y Piratas, gochile.cl - Consultado o 9 de xaneiro de 2014 (en castelán)
  2. La historia y las imágenes del gran incendio que destruyó Valdivia hace 100 años, Cultura, latercera.com - Consultado o 9 de xaneiro de 2014 (en castelán)

Ligazóns externas