Aceite de colza: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Calq (conversa | contribucións)
Liña 56: Liña 56:


==Véxase tamén==
==Véxase tamén==
{{wiktionary|aceite de colza}}
===Bibliografía===
===Bibliografía===
* Miguel Calvo: ''Principales grasas comestibles'' [http://milksci.unizar.es/bioquimica/temas/lipidos/vegcomunes.html] (consultado o 3.09.2011) {{es}}
* Miguel Calvo: ''Principales grasas comestibles'' [http://milksci.unizar.es/bioquimica/temas/lipidos/vegcomunes.html] (consultado o 3.09.2011) {{es}}

Revisión como estaba o 5 de xaneiro de 2014 ás 15:14

Sementes de colza

O aceite de colza extráese das sementes de dúas especies desta planta Brassica napus e Brassica rapa (ou Brassica campestris).

A colza cultívase na India desde hai, polo menos, 4.000 anos, onde se aproveitou a planta como forraxe e como fariña da semente. Desde a India pasou a cultivarse en China e, non antes do século XIV, a Europa, aínda que aquí non se estendeu como cultivo a gran escala ata os anos 1930, cando tamén comezou a cultivarse en Canadá. Actualmente, Europa e Canadá son os principais produtores de colza [1].

O obxectivo do cultivo é a produción de aceite e, como subproduto, de fariña de extracción que se utiliza como fonte proteica na alimentación animal.

Fue en China onde se comezou a extraer aceite das sementes da colza. Os primeiros aceites, naturais e sen refinar, tiñan un sabor amargo e desagradable, pero as modificacións introducidas posteriormente nas variedades cultivadas e no proceso de refinado conseguiron un aceite de sabor neutro.

A nivel mundial, a produción de aceite de colza representa o 15% do total de graxas comestibles, en terceiro lugar trala soia (30%) e a palma (23%). O aceite de colza, na súa variedade canola, é o máis consumido en Canadá e noutros países.

Francia, Inglaterra e Alemaña son los principales productores de aceite de colza, mentres que Canadá, EEUU, México e Arxentina o son de aceite de canola. En España, a superficie destinada ó cultivo da colza descendeu en picado trala intoxicación ocorrida en 1981 vehiculada por este aceite: das 20.000 hectáreas que se cultivaban entón [2] baixou á metade en 1985 e a menos de 5.000 en 1986. Logo foi recuperándose para alcanza-las 24.000 ha en 1990, 70.000 en 1994 e 97.000 en 1996 [3], pero as cifras de 2009 volveron reducirse ás 21.740 ha [4]. En Galicia ou non se cultiva esta especie ou non representa cantidades significativas, xa que non se cita nas estatísticas de produción agraria.

O destino da produción, referida a este último ano, foi principalmente para alimentación animal (10.238 toneladas) e a fabricación de aceite (7.111 toneladas).

Composición e usos

Fórmula desenvolvida do ácido erúcico.

A característica principal do aceite de colza é o seu elevado contido en ácido erúcico, 41-52%, un ácido graxo omega-9 monoinsaturado de fórmula CH3(CH2)7CH=CH(CH2)11COOH, notado como 22:1 n-9. Tamén se denomina ácido cis-13-docosenoico.

Coñécese, desde 1949, que este ácido graxo e, polo tanto, o aceite de colza, favorece a formación de depósitos graxos no corazón, polo que o principal uso do aceite de colza foi como lubricante, na fabricación de xabón, na industria siderúrxica e, actualmente, na fabricación de biocombustibles (biodiésel). Polas propiedades biodegradables deste aceite resulta tamén útil como base de pinturas, envases alimentarios, herbicidas, etc. Un derivado do ácido erúcico, a erucamida, úsase como aditivo para facer película de polietileno e polipropileno extrusados.

A lexislación europea marca desde 1979 un contido máximo de ácido erucico, no aceite de colza destinado a consumo humano, do 5% [2].

O uso industrial do aceite de colza implica diferenzas de trato nos controis aduaneiros e nos aranceis a pagar nas importacións, polo que se obrigou a engadir aceite de ricino como desnaturalizante no que se importara para uso industrial ou, desde 1973, anilina ou nafténicos.

Canola

Plantación de canola en flor, en Alemaña

A principios dos anos 1970 desenvolvéronse variedades de colza con baixos contidos en ácido erúcico, especialmente en Canadá onde se obtivo a variedade chamada canola que contén só entre o 1 e o 3% de ácido erúcico. Posteriormente desenvolvéronse novas variedades, chamadas alto oleico, nas que o nivel do erúcico se reducía a valores menores do 1%.

No aceite de colza natural, en bruto, o ácido oleico só alcanza concentracións da orde do 9-16%, mentres que na canola ascende a valores do 57-60% (similares ós do aceite de oliva, cun 55-80% de ácido oleico) e do 73-77% na variedade alto oleico. A este ácido graxo atribúeselle un efecto cardiosaludable.

Estas modificacións conseguiron producir un aceite que contén a menor porcentaxe de graxas saturadas entre tódolos aceites vexetais, con só un 7% de graxas saturadas fronte a un 61 % de graxas monoinsaturadas e un 11% de poliinsaturadas [5].

Outra vantaxe adicional desta variedade é que presenta, simultaneamente, niveis moi baixos de glucosinolatos na fariña, o que permite utilizar sen problemas a fariña de colza na formulación de pensos compostos para o gando, sen os problemas que representaban os glucosinolatos na alimentación animal.

Canola é unha marca rexistrada, desenvolvida polos científicos canadenses Baldur Stefansson e Richard Downey, entre os anos 1958 e 1974, e a empresa Canola Council of Canada. Segundo esta interpretación, o nome Canola non é un acrónimo senón que significaría aceite de Canadá, para diferencialo do aceite de colza que non cumpre os criterios regulamentarios de Canola Council of Canada, que debe designarse simplemente aceite de colza.

A segunda interpretación fai vi-lo nome do acrónimo formado polas primeiras letras de CANadian Oil Low Acid, é dicir, aceite canadense baixo en ácido.

Por mecanismos semellantes, tamén se lle coñece como LEAR oil, acrónimo de Low Erucic Acid Rapeseed (Semente de colza baixo en ácido erúcico).

Características do aceite de colza

Botella de aceite de canola

O aceite de colza é moi insaturado e, por conseguinte, facilmente oxidable, polo que na indistria alimentaria adoita procederse á súa hidroxenación para evita-lo enranciamento.

Na cociña, desprende olores desagradables.

Rexeitamento do aceite de colza en España

Artigo principal: Síndrome do aceite tóxico.

En España, consérvase na memoria colectiva a implicación do aceite de colza na intoxicación masiva que tivo lugar en 1981 e que afectou máis de 20.000 persoas, causando a morte de entre 1.000 e 5.000 enfermos. Por este motivo, no noso país, non se utiliza como tal para uso alimentario. Cómpre advertir que a intoxicación non se debeu a ningún dos compoñentes propios deste aceite, senón a unha manobra fraudulenta de desviar para o consumo humano un aceite de colza destinado á industria siderúrxica, para o que fora desnaturalizado con anilinas.

Antes destes feitos si que se consumía, aínda que nunca foi moi popular, excepto en Canarias, onde se consumía en maiores proporcións.

Notas

  1. A canola reporta á economía de Canadá uns ingresos de 15.400 millóns de dólares [1]
  2. Directiva 76/621/CEE do Consello, de 20 de xullo de 1976, relativa á determinación da porcentaxe máximo de ácido erúcico nos aceites e graxas destinados como tales á alimentación humana, e nos produtos alimenticios que conteñan aceites ou graxas engadidas (DO L 202, de 28.07.1976).

Véxase tamén

Bibliografía

  • Miguel Calvo: Principales grasas comestibles [6] (consultado o 3.09.2011) (en castelán)

Ligazóns externas