Castela: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 10: Liña 10:
* A actual Comunidade de [[Comunidade de Madrid|Madrid]].
* A actual Comunidade de [[Comunidade de Madrid|Madrid]].
* A actual Comunidade da [[A Rioxa|Rioxa]], que formou parte da rexión histórica de [[Castela a Vella]], pero que segregouse dela no ano 1982<ref>http://www.riojanosenlared.com/index.php/la-rioja/historia</ref>.
* A actual Comunidade da [[A Rioxa|Rioxa]], que formou parte da rexión histórica de [[Castela a Vella]], pero que segregouse dela no ano 1982<ref>http://www.riojanosenlared.com/index.php/la-rioja/historia</ref>.
* A actual Comunidade de Cantabria, que formou parte da rexión histórica de [[Castela a Vella]], pero que segregouse dela no ano 1981 para formar a súa propia Comunidade autónoma uniprovincial<ref>VV.AA.: Historia de Cantabria, Santander, 2007.</ref>.
* A actual [[Cantabria|Comunidade de Cantabria]], que formou parte da rexión histórica de [[Castela a Vella]], pero que segregouse dela no ano 1981 para formar a súa propia Comunidade autónoma uniprovincial<ref>VV.AA.: Historia de Cantabria, Santander, 2007.</ref>.
* As provincias de [[provincia de Ávila|Ávila]], [[provincia de Burgos|Burgos]], [[provincia de Palencia|Palencia]], [[provincia de Segovia|Segovia]], [[provincia de Soria|Soria]] e máis [[provincia de Valladolid|Valladolid]] en [[Castela e León]].
* As provincias de [[provincia de Ávila|Ávila]], [[provincia de Burgos|Burgos]], [[provincia de Palencia|Palencia]], [[provincia de Segovia|Segovia]], [[provincia de Soria|Soria]] e máis [[provincia de Valladolid|Valladolid]] en [[Castela e León]].
* [[Provincia de Albacete|Albacete]], [[provincia de Cidade Real|Cidade Real]], [[provincia de Cuenca|Cuenca]], [[provincia de Guadalaxara|Guadalaxara]], e máis a [[provincia de Toledo|Toledo]] en [[Castela-A Mancha]].
* [[Provincia de Albacete|Albacete]], [[provincia de Cidade Real|Cidade Real]], [[provincia de Cuenca|Cuenca]], [[provincia de Guadalaxara|Guadalaxara]], e máis [[provincia de Toledo|Toledo]] en [[Castela-A Mancha]].
* Boa parte do [[Nacionalismo castelán|movemento castelanista]] político e cultural considera que as provincias de León, Salamanca e Zamora tamén forman parte de Castela<ref>ECHAZARRA, J. Castellanismo (1975-2012): ¿nacionalismo imposible?. Burgos, 2012. 285 p. </ref>. Ainda que é unha posición rexeitada polos sectores políticos [[Leonesismo|leonesistas]].
* Boa parte do [[Nacionalismo castelán|movemento castelanista]] político e cultural considera que as provincias de León, Salamanca e Zamora tamén forman parte de Castela<ref>ECHAZARRA, J. Castellanismo (1975-2012): ¿nacionalismo imposible?. Burgos, 2012. 285 p. </ref>. Ainda que é unha posición rexeitada polos sectores políticos [[Leonesismo|leonesistas]].



Revisión como estaba o 3 de xaneiro de 2014 ás 16:32

Castela (en castelán: Castilla) é o nome dunha rexión histórica española que se corresponde con parte dos territorios pertencentes ao antigo Reino de Castela.

A primitiva Castela xurdiu durante as orixes da Reconquista na cabeceira do Ebro, ante o pulo de cántabros e vascóns. Dependendo dos autores e as épocas, considérase composto de territorios diferentes. A evolución histórica fai aínda máis imprecisos os seus compoñentes: o Reino de Castela foi nun primeiro momento un condado dependente do Reino de León, que finalmente se separou deste, e posteriormente formou parte, xunto a outros reinos, da Coroa de Castela.

Así, o nome de Castela empregouse na Baixa Idade Media para denominar á Coroa de Castela, o conxunto de todos os territorios dos monarcas da Coroa (por contraposición ao resto de reis hispánicos, os de Aragón, Navarra e Portugal).

Xeografía

Mapa das provincias castelás

Administrativamente Castela non ten recoñecemento oficial, o territorio da rexión de Castela posuía as seguintes provincias:

Hai un certo movemento (chamado leonesismo) en varias provincias, popular e político, que di que non forman parte de Castela as tres provincias do antigo reino de León: León, Salamanca e máis Zamora (as dúas últimas, segundo o momento histórico), incluso certas veces partes de Valladolid e Palencia, que na actualidade si forman parte de Castela e León. Tamén se di que a provincia de Albacete non é Castela, pois historicamente foi parte da Rexión de Murcia. Desde certos movementos políticos e culturais incluso se reclaman as comarcas de Requena e Utiel, actualmente na Comunidade Valenciana, pois historicamente foron parte da provincia de Cuenca.

  • Poboación: 9.521.132 habitantes (2003).
  • Superficie: 150.281 km².
  • Densidade de poboación: 63,4 hab/km².
  • Cidades importantes: Madrid, Valladolid, Burgos.

Historia

Castela xurdiu como condado vasalo do reino de León. Debe o seu nome á gran cantidade de castelos na zona. No século IX independizouse de León, aínda que os dous reinos se reunificaron definitivamente no século XIII.

Durante a Idade Media, o Reino de Castela foi espallándose cara ao sur, conquistando territorio aos árabes. En 1230, os reinos de León e Castela uníronse baixo un mesmo rei e formando un mesmo reino. Dende o tempo dos Reis Católicos dividíase en dúas rexións: Castela a Vella, que correspondía á metade norte e tiña a capital en Valladolid ou Burgos, e máis Castela a Nova, no sur do Sistema Central e con capital en Madrid.

Na época moderna Castela converteuse en nación hexemónica cultural e dominadora económica da Península Ibérica. Despois da Guerra de Sucesión Española confirmouse o castelán coma lingua oficial en toda España e creouse un modelo de estado xacobino baseado no modelo castelán.

Ao creárense as autonomías, Castela a Vella perdeu as dúas provincias de fóra da Meseta, A Rioxa (territorio fronteirizo disputado polos reinos medievais de Castela e Navarra durante a Idade Media, pero a partir do 1076 incorpórase a Castela[4]) e máis Cantabria, e engadiuse a rexión de León, formando Castela e León. Castela a Nova dividiuse na Comunidade de Madrid, que abranguía soamente a provincia de Madrid, e máis Castela-A Mancha, que gañou a provincia de Albacete,cuxo dous terzos do territorio eran casteláns e só un terzo pertencía ao antigo Reino de Murcia, cando Jaime de Burgos creou a provincia e asignouna nominalmente ao Reino de Murcia[5].Debido a este feito, cando creouse a Comunidade de Castela-A Mancha, a maioría dos representantes de Albacete preferiron incorporar Albacete a devandita Comunidade autónoma[6].

Na actualidade existen algúns partidos nacionalistas casteláns minoritarios, coma Tierra Comunera (TC)(hoxe Partido Castellano) ou Izquierda Castellana (Iz-Ca), que defenden a unión de todas as comunidades autónomas castelás. Ningún destes partidos ten actualmente representación en ningún dos parlamentos autonómicos.

Notas