Nicolás Salmerón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
lig ints
Liña 67: Liña 67:
[[Categoría:Nados en 1838]]
[[Categoría:Nados en 1838]]
[[Categoría:Finados en 1908]]
[[Categoría:Finados en 1908]]
[[Categoría:Presidentes do Congreso dos Deputados]]
[[Categoría:Personalidades da filosofía]]
[[Categoría:Personalidades da filosofía]]
[[Categoría:Personalidades da masonaría]]
[[Categoría:Personalidades da masonaría]]

Revisión como estaba o 3 de xaneiro de 2014 ás 12:44

Infotaula de personaNicolás Salmerón Alonso
Biografía
Nacemento10 de abril de 1838 Editar o valor em Wikidata
Alhama de Almería, Almería
Morte20 de setembro de 1908 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Francia Pau
Lugar de sepulturaCemiterio Civil de Madrid Editar o valor em Wikidata
Cargos
Presidente do Goberno da Primeira República
Período18 de xullo de 1873 - 7 de setembro de 1873
AntecesorFrancesc Pi i Margall
SucesorEmilio Castelar y Ripoll
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónFacultad de Filosofía y Letras (Universidad de Granada)
Universidade Central
Universidade de Granada Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
OcupaciónPolítico, historiador, filósofo e catedrático.
EmpregadorUniversidade de Oviedo
Universidade Central Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Progresista de España
Republicanismo unitario
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeCatalina García (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosExoristo Salmerón (pt) Traducir, Nicolás Salmerón y García (pt) Traducir, Catalina Salmerón (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiFrancisco Salmerón López (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsFrancisco Salmerón Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 26108619 Editar o valor em Wikidata


Nicolás Salmerón Alonso, nado en Alhama de Almería o 10 de abril de 1838 e finado en Pau (Francia) o 20 de setembro de 1908, foi un político e filósofo español, que chegou a Presidente do Poder Executivo da Primeira República Española durante un mes e medio no ano 1873. Dimitiu do seu cargo por negarse a asinar unha pena de morte. Foi catedrático de Historia Universal na Universidade de Oviedo e de Metafísica na Universidade de Madrid. Estudou as teorías de Krause, que inspiraron á Institución Libre de Ensino.

Traxectoria

O seu pai foi médico, e o seu irmán máis vello, Francisco Salmerón (1822-1878) foi político e xurista. Estudou o ensino en Almería. Máis tarde viaxou a Granada onde estudou Dereito e Filosofía, sendo co-discípulo deFrancisco Giner de los Ríos. En Madrid foi influenciado pólas teorías de Krause a través de Julián Sanz del Río, o seu profesor. En 1858, foi profesor de Filosofía no Instituto de San Isidro de Madrid e ao ano seguinte foi nomeado profesor axudante na Facultade de Letras da Universidade Central.

O 13 de xullo de 1869 obtivo a cátedra de Metafísica na Universidade Central. En 1867 foi detido polas súas actividades revolucionarias no seo do Partido Demócrata, a carón de Francesc Pi i Margall, pasando cinco meses no cárcere.

Durante o Sexenio Democrático (1868-1874) foi un dos líderes do republicanismo, a pesar das diferenzas doutrinais que tiña de federalismo Pi i Margall. No ano 1871 foi elixido deputado por Badaxoz.

A Primeira República

Coa proclamación da República en 1873, foi nomeado Ministro de Gracia e Xustiza do goberno de Estanislao Figueras. Tentou reformar o sistema xudicial e establecer unha lexislación secular.

Trala dimisión de Pi i Margall, as Cortes Constituíntes nomeárono Presidente do Poder Executivo[1]con 193 votos contra 93[2]de Pi i Margall, cargo que exerceu entre o 18 de xullo e o 7 de setembro de 1873. A situación de todo o período foi especialmente crítica, o que o levou a non poder controlar as sublevacións cantonais que xurdían en España. Os seus problemas co Exército no foron menores durante o seu período presidencial, e a súa negativa a asinar a pena capital obligarono a dimitir. Dous días despois de abandonar o cargo foi elixido Presidente do Congreso dos Deputados. Os enfrontamentos co seu sucesor, Emilio Castelar, axudaron involuntariamente ó golpe de Estado do xeneral Pavía que, xunto co de Arsenio Martínez Campos o 29 de decembro de 1874, deron fin a primeira experiencia republicana en España.

Restauración da Monarquía

Estatua de Nicolás Salmerón en Almería

No 1874 regresa a súa cátedra de Metafísica, pero coa Restauración borbónica verase privado da plaza o 17 de xullo de 1875 nun amplo proceso de depuración universitaria. Aínda que tratou de manter un despacho de avogados en Madrid, a situación obligouno a partír cara o exilio en París, onde xunto a Manuel Ruiz Zorrilla fundou o Partido Republicano Progresista. Non volveu a España ata 1885, trala amnistía de Práxedes Mateo Sagasta de 1881, e puido recuperar a súa cátedra. Foi de novo deputado no 1886 e despois ininterrompidamente de 1893 ata 1907.

Finou en Pau, Francia o 20 de setembro de 1908, mentres estaba de vacacións. No ano 1915 trasladaron os seus restos ó monumento funerario levantado no cemiterio civil de Madrid, á dereita do mausoleo de Pi i Margall, o seu predecesor na presidencia da República. No seu epitafio aparece unha glosa realizada por Georges Clemenceau (primeiro ministro francés de 1907 a 1912), e recordase que deixou o poder por non asinar unha sentencia de morte.



Primeira República española

Segue a:
Francesc Pi i Margall
Nicolás Salmerón
Precede a:
Emilio Castelar y Ripoll
Presidente do Goberno de España

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas