A1-Ring: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
quito ligazón rota a ficheiro
Sen resumo de edición
Liña 13: Liña 13:
| Carreiras || [[Fédération Internationale de l'Automobile|FIA]] [[Fórmula 1]]<br>[[Gran Premio de Austria]]<br> [[Deutsche Tourenwagen Masters|DTM]]
| Carreiras || [[Fédération Internationale de l'Automobile|FIA]] [[Fórmula 1]]<br>[[Gran Premio de Austria]]<br> [[Deutsche Tourenwagen Masters|DTM]]
|-
|-
| Localización || {{AUTb}} [[Spielberg]], [[Styria]], [[Austria]]
| Localización || {{AUTb}} [[Spielberg, Stiria|Spielberg]], [[Estiria]], [[Austria]]
|-
|-
| Lonxitude || 4´326 km.
| Lonxitude || 4´326 km.

Revisión como estaba o 22 de decembro de 2013 ás 21:06

Red Bull Ring
Plano do Circuíto
Datos
Carreiras FIA Fórmula 1
Gran Premio de Austria
DTM
Localización Austria Spielberg, Estiria, Austria
Lonxitude 4´326 km.
Curvas 10
Volta rápida (2003) 1:08.337
Piloto Record Alemaña Michael Schumacher
Escudería Record Ferrari
Coordenadas 47°13′11″N 14°45′53″L / 47.21972, -14.76472
Vista do Circuíto
Vista

O Red Bull Ring (chamado anteriormente A1-Ring e antes Österreich-Ring), é un autódromo situado na vila austríaca de Spielberg (Estiria).[1]

O circuíto de carreiras foi fundado como Österreichring e foi sé do Gran Premio de Austria de Fórmula 1 durante 18 anos consecutivos, de 1970 a 1987. Máis tarde acurtado e reconstruído foi rebautizado como A1-Ring, foi de novo sé do Gran Premio de Austria desde 1997 a 2003. O circuíto quedou obsoleto para a Fórmula Un, polo que foi elaborado un plan para redeseñalo. Foron demolidas algunhas partes do circuíto, incluíndo os pits e a tribuna principal, pero os traballos de construción detivéronse e o circuíto quedou inutilizable durante varios anos antes de que fora comprado e reconstruído polo propietario de Red Bull, Dietrich Mateschitz. Chamado agora Red Bull Ring a pista inaugurouse de novo o 15 de maio de 2011.[2] Posteriormente organizou unha rolda da tempada 2011 de DTM[3][4] e unha rolda do campionato de F2 de 2011.

A pista orixinal

Construído orixinalmente en 1969 para substituír ao aburrido e cheo de fochancas Circuíto Aeródromo de Zeltweg, o circuíto de Österreichring era coñecido por ser moi rápido, xa que todas as curvas podían ser tomadas en non menos de 3ª velocidade cunha caixa de cambios de 5 velocidades ou en cuarta cunha caixa de cambios de 6 velocidades, tamén contaba con notables cambios de altitude durante o transcurso dunha volta. Do mesmo xeito que todos os circuítos máis rápidos era un circuíto duro cos motores, pero máis difícil para os pneumáticos, debido ás velocidades tan consistentemente altas. Moitos consideraban que Österreichring era perigoso, especialmente a "Boschkurve", unha curva de 180º graos á dereita, sen case ningunha zona de escape que, en 1986 cando os motores turbos proporcionaban unha potencia de máis de 1400 CV na cualificación, había coches que se achegaban a máis de 320 km/h.

Parte do circuíto era só unha estrada con pouca ou ningunha protección, ata o final do Gran Premio de Austria en 1987, unha carreira que tivo que ser reiniciada dúas veces debido a dous graves accidentes, ambos causados na angosta recta dos pits. Na práctica para a carreira de 1987 Stefan Johansson no seu McLaren sufriu lesións graves, cando chocou a máis de 240 km/h cun cervo que cruzouse no seu camiño no circuíto, cando Johansson coroou unha cume cega antes da curva Jochen Rindt detrás dos boxes.

O aumento das velocidades tamén eran unha preocupación en Österreichring; durante o último Gran Premio celebrado alí en 1987 o tempo da pole de Nelson Piquet nos 5´942 quilómetros foi de 1:23.357 establecendo unha marca de velocidade media para o circuíto de 255´756 km/h. Nese momento era a segunda velocidade media nun circuíto de F1 por detrás da pole de Keke Rosberg no Circuíto de Silverstone con 258´9 km/h establecida no Gran Premio do Reino Unido de 1985. Curiosamente, en ambos casos estableceuse cun motor turbo de Williams - Honda.

O piloto americano Mark Donohue morreu logo de chocar na curva Vost-Hugel en 1975. En 1976, a curva Vost-Hugel reforzouse e convértese nunha curva á dereita en lugar de dúas curvas a dereita cun pequeno tramo entre elas, en 1977 fíxose máis lenta e converteuse na chicane Hella-Licht, pasando de ser a curva máis rápida a ser a curva máis lenta do circuíto. Tamén se sabe que o catro veces Campión do Mundo Alain Prost dixo que todas as pistas pódense modificar pero que Österreichring debía permanecer sen cambios, e que simplemente agregando zonas de escape estaría ben, o que finalmente ocorreu ata o último ano da pista orixinal en 1995. A pista era coñecida por ter moitos accidentes nas saídas das probas (debido aos 1´8 m. de ancho dos coches de Fórmula Un), xa que a recta de meta era moi estreita (uns 9´1 m., comparada con outras rectas de meta que tiñan de 18 a 24 m. de ancho) e non proporcionaba suficiente espazo para os coches que intentaban pasar a outros, especialmente cando os coches se calaban ou se rompían na saída. A morte do piloto Hans-Peter Klampfer logo dunha colisión con outro piloto na curva Bosch (onde ocorreron a maioría das vítimas mortais) e a de Hannes Wustinger logo dun accidente na curva Tiroch, nunha carreira polo campionato de turismos de Austria sentenciaron a decisión de construír un novo circuíto.

O A1-Ring

O vello Österreichring co A1-Ring sobre impresionado (negro), tal como utilizouse entre 1996 e 2003

Os problemas de seguridade de Osterreichring alcanzaran un punto crítico a mediados de 1990, e en 1995 e 1996, foi totalmente reconstruído, no mesmo lugaro, por Hermann Tilke a súa lonxitude reduciuse de 5´942 a 4´326 quilómetros.

Como gran parte dos traballos de construción foron pagados pola compañía de móbiles A1. A pista foi rebautizado como A1-Ring.[5] Procedeu acoller sete Grandes Premios de Fórmula Un entre 1997 e 2003, así como varias carreiras DTM e carreiras de motos en 1996 e 1997.

Novo deseño

Proposed 2005 Red Bull Ring Westschleife extensión

As tribunas e edificios dos boxes foron demolidos en 2004, facendo que a pista quedara inutilizable para calquera categoría de automobilismo.

A finais de 2004 e principios de 2005, houbo un intenso debate acerca de si o propietario do circuíto, Red Bull, debía dedicar a outros usos o circuíto, ou volver a ser sé dos deportes de motor. Houbo unha proposta de extensión do circuíto utilizando parte do antigo Österreichring. A partir de xaneiro de 2005, o retorno dos deportes de motor parecía máis improbable que nunca, cando Dietrich Mateschitz anunciou publicamente que el non tiña ningunha intención de gastar diñeiro nun circuíto deficitario.

En 2006, o piloto austríaco Alexander Wurz afirmou que compraría o circuíto e renovaríano, pero a idea non chegou a bo término.

Ao longo de 2005, se especulou que Red Bull Racing renovaría o circuíto para utilizalo como pista de probas.

En 2007, unhas conversacións entre Red Bull, KTM, VW e Magna International para un neuer Österreichring fracasaron, logo da retirada de VW.[6]

A finais de 2008, Red Bull inverteu 70 millóns de euros para comezar a súa reconstrución, e os xerentes da DTM consideraron a volta ao circuíto en 2009.[7][8]

En setembro de 2010, confirmouse que o circuíto sería a sé dunha carreira da DTM 2011, [3][4] agora coñécese como o Red Bull Ring.

En novembro de 2010 a F2 anunciou que a 6ª rolda da tempada 2011 de Fórmula 2 da FIA disputaríase no Red Bull Ring.

O circuíto foi inaugurado de novo nun evento especial o fin de semana do 15 de maio e 16 de 2011, que incluíu exhibicións dos diversos equipos patrocinados por Red Bull como Red Bull Racing. O Campionato Histórico de Fórmula Un da FIA foi invitado a disputar unha carreira con coches de Fórmula Un do período dos 3 litros.

En decembro de 2012, Red Bull púxose en contacto coa FIA para comunicarlle que a pista estaba dispoñible para acoller unha carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2013, logo do impas trala suspensión do Gran Premio de América.[9]

En xullo de 2013, Red Bull anunciou que o Gran Premio de Austria volverá ao calendario do 2014. Así confirmouse o 5 de setembro 2013, cando presentouse o calendario provisional de Fórmula Un de 2014 e inclúese o Gran Premio de Austria, que se celebrará o 22 de xuño de 2014.

Gañadores de campionatos de Fórmula 1

Ano Piloto Auto Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1970 Bélxica Jacky Ickx Ferrari 1:42:17,320 h 5,911 km 60 208,035 km/h 16. Agosto Austria Austria
1971 Suíza Joseph Siffert BRM 1:30:23,910 h 5,911 km 54 211,858 km/h 15. Agosto
1972 Emerson Fittipaldi Team Lotus - Ford 1:29:16,660 h 5,911 km 54 214,518 km/h 13. Agosto
1973 Ronnie Peterson Lotus-Ford 1:28:48,780 h 5,911 km 54 215,640 km/h 19. Agosto
1974 Carlos Reutemann Brabham - Ford 1:28:44,720 h 5,911 km 54 215,804 km/h 18. Agosto
1975 Italia Vittorio Brambilla March - Ford 0:57:56,690 h 5,911 km 29 177,499 km/h 17. Agosto
1976 Modelo:RUb John Watson Penske - Ford 1:30:07,860 h 5,910 km 54 212,451 km/h 15. Agosto
1977 Australia Alan Jones Shadow-Ford]] 1:37:16,490 h 5,942 km 54 197,914 km/h 14. Agosto
1978 Ronnie Peterson Lotus-Ford 1:41:21,570 h 5,942 km 54 189,939 km/h 13. Agosto
1979 Australia Alan Jones Williams F1 - Ford 1:27:38,010 h 5,942 km 54 219,689 km/h 12. Agosto
1980 Francia Jean-Pierre Jabouille Renault F1 1:26:15,730 h 5,942 km 54 223,181 km/h 17. Agosto
1981 Francia Jacques Laffite Equipe Ligier - Matra 1:27:36,470 h 5,942 km 53 215,683 km/h 16. Agosto
1982 Italia Elio de Angelis Lotus-Ford 1:25:02,212 h 5,942 km 53 222,204 km/h 15. Agosto
1983 Francia Alain Prost Renault 1:24:32,745 h 5,942 km 53 223,495 km/h 14. Agosto
1984 Austria Niki Lauda McLaren - TAG - Porsche 1:21:12,851 h 5,942 km 51 223,884 km/h 19. Agosto
1985 Francia Alain Prost McLaren-TAG-Porsche 1:20:12,583 h 5,942 km 52 231,132 km/h 18. Agosto
1986 Francia Alain Prost McLaren-TAG-Porsche 1:21:22,531 h 5,942 km 52 227,821 km/h 17. Agosto
1987 Modelo:RUb Nigel Mansell Williams F1 - Honda 1:18:44,898 h 5,942 km 52 235,421 km/h 16. Agosto

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto A1

Ano Piloto Auto Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1997 Jacques Villeneuve Williams F1 - Renault 1:27:35,999 h 4,323 km 71 210,228 km/h 21. Setembro Austria Austria
1998 Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1:30:44,086 h 4,319 km 71 202,777 km/h 26. Xullo
1999 Modelo:RUb Eddie Irvine Ferrari 1:28:12,438 h 4,319 km 71 208,587 km/h 25. Xullo
2000 Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1:28:15,818 h 4,326 km 71 208,792 km/h 16. Xullo
2001 Modelo:RUb David Coulthard McLaren-Mercedes 1:27:45,927 h 4,326 km 71 209,977 km/h 13. Maio
2002 Alemaña Michael Schumacher Ferrari 1:33:51,562 h 4,326 km 71 196,344 km/h 12. Maio
2003 Alemaña Michael Schumacher Ferrari 1:24:04,888 h 4,326 km 69 213,003 km/h 18. Maio

Record: A.Prost (3 Veces)

Notas