Modesto Brocos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo cadro cos datos de nacemento e morte
Liña 7: Liña 7:
| pedefoto = Modesto Brocos, autorretrato.
| pedefoto = Modesto Brocos, autorretrato.
| nomenacemento =
| nomenacemento =
| datanacemento =
| datanacemento = 1852
| lugarnacemento= [[Santiago de Compostela]]
| lugarnacemento= [[Santiago de Compostela]]
| datamorte = 1852
| datamorte = 1936
| lugarmorte = [[Río de Xaneiro - Rio de Janeiro|Río de Xaneiro]]
| lugarmorte = [[Río de Xaneiro - Rio de Janeiro|Río de Xaneiro]]
| nacionalidade = 1936
| nacionalidade =
| eido =
| eido =
| adestramento =
| adestramento =

Revisión como estaba o 21 de decembro de 2013 ás 18:04

Modesto Brocos Gómez
Modesto Brocos, autorretrato.
Nacemento9 de febreiro de 1852
 Santiago de Compostela
Falecemento28 de novembro de 1936
 Río de Xaneiro
NacionalidadeEspaña
Na rede
BUSC: brocos-modesto-1852-1936
editar datos en Wikidata ]

Modesto Brocos Gómez, nado en Santiago de Compostela en 1852 e finado en Río de Xaneiro en 1936, foi un pintor galego-brasileiro.

Traxectoria

Era irmán do escultor Isidoro Brocos y Gómez, profesor da Academia de Belas Artes da Coruña. Terminados os estudos, aos dezaoito anos, pretendeu gañarse a vida en Arxentina, mais dous anos despois estaba en Brasil ilustrando o semanario O Mequetrefe, de Río de Xaneiro. Introduciu no país a técnica do xilogravado aplicándoa nas súas ilustracións.

Em 1875 inscribiuse como alumno libre na Academia Imperial de Belas Artes, onde recibiu clases de Vítor Meireles e Zeferino da Costa.

Engenho de mandioca (Muíño de mandioca), 1892

De xenio inquedo, antes de dous anos mudouse a París, onde ingresou na Escola de Belas Artes, tendo como mestre ó alemán Henri Lehmann. Incontento, marchou a Madrid, regresando ó pouco a París e despois marchando a Roma, onde encontrou ó seu protector, o artista español Pradilla. Frecuentou durante cinco anos a Academia Chigi ata 1890. Nesa época xa era un artista maduro, autor de excelentes obras e frecuentador do Salon parisino. Na condición de pintor con formación completada, retorna a Río de Xaneiro por invitación de Rodolfo Bernardelli, daquela director da Escola Nacional de Belas Artes, sucesora da vella Academia Imperial.

Profesor da Escola Nacional de Belas Artes durante a Primeira República Brasileira, fixou con realismo os tipos e as escenas brasileiras. Practicou diversos xéneros de pintura e foi autor de libros como A questão do ensino de Bellas Artes (1915) e Retórica dos pintores (1933).

Galería de imaxes

Véxase tamén

Bibliografía

  • José Roberto Teixeira Leite: Pintores espanhois no Brasil, São Paulo, Espaço Cultural Sérgio Barcellos, 1996 (en portugués).

Ligazóns externas