Spa, Bélxica: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
a primeira edición de este artigo procede total ou parcialmente dunha tradución de en:Spa, Belgium
 
JaviP96 (conversa | contribucións)
m JaviP96 moveu a páxina "Spa, Belgium" a "Spa, Bélxica" sobre unha redirección sen deixar unha redirección
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 21 de decembro de 2013 ás 15:47

Modelo:Cidade

Spa é un municipio de Bélxica. Atópase na Rexión Valona da Provincia de Liexa. Está situado nun val nas montañas das Ardenas, a uns 35 km. ao sueste de Liège, e a 45 km ao sudoeste de Aachen. O 1 de xaneiro de 2012, Spa tiña unha poboación total de 10.579 habitantes. Ten unha superficie total de 39´85 km², resultando unha densidade de poboación de 270 habitantes por km².

Historia

Spa, a cidade da auga
Vista de Spa, Bélxica, 1895

A cidade é famosa polos seus mananciais desde os tempos da Roma Antiga, cando era chamada Aquae Spadanae,[1] denominación posiblemente relacionada con spargere (en latín, 'lanzar aquí e alí, espallar' (gotas).[2] A afirmación de que a palabra "spa" sexa un acrónimo da expresión latina salus per aquam ou "sanitas per aquam" ("saúde pola auga") parece carecer de fundamento. Xa na Idade Media, no século XIV as augas de Spa gañaron fama polas súas propiedades medicinais, e o manancial era coñecido como Espa ("fonte", en lingua valoa). E aínda que outros mananciais de augas minerais curativas son famosos en todo o mundo, é a vila de Spa, a que converteuse en epónimo de calquera lugar que teña unha fonte de auga natural que posúa propiedades especiais para a saúde, como spa. Desde o século XVIII a cidade tamén conta cun casino.

En 1918, o exército alemán estableceu a súa sé principal en Spa, e foi desde aquí que os delegados dirixíronse ás liñas francesas para pactar co Mariscal Foch e pedir a paz nas consultas previas ao Armisticio, que puxo fin á Primeira Guerra Mundial. En xullo de 1920 foi sé da Conferencia de Spa, unha reunión do Consello Supremo. Delegados alemáns foron invitados a este para discutir as reparacións de guerra.

A cidade está preto do Circuíto de Spa-Francorchamps, (en realidade hoxe en día atópase en Stavelot) que alberga o Gran Premio de Bélxica de Fórmula 1. Tamén é a localización do manancial de auga mineral de Spa.

Hercules Poirot o detective de ficción de Agatha Christie naceu en Spa.

Spa foi sé da final da Etapa 2 do Tour de Francia 2010, o 5 de xullo.

Relacións internacionais

Cidades Irmás

Spa está irmandada con:

Clima

Datos climáticos para Spa
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Media máxima en °C 4 5 8 12 17 19 21 20 18 13 7 5 12,4
Media mínima en °C −1 −2 1 3 7 9 11 11 9 6 2 −1 4,6
Precipitación media mm 97 84 79 81 80 99 112 99 84 94 99 109 1 117
[Cómpre referencia]

Ver tamén

Referencias

  1. Journal of the History of Medicine and Allied Sciences, George Rosen, Yale University Dept. of the History of Science and Medicine, Project Muse, H. Schuman, 1954
  2. A brief history of spa therapy, por A. van Tubergen e S. van der Linden.

Ligazóns externas