Diferenzas entre revisións de «Festa da pataca de Coristanco»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
sen resumo de edición
m (→‎Características: arranxiño)
{{Sen referencias|data=decembro de 2013}}
{{Ortografía}}
A '''festa da pataca de Coristanco''' é unha [[festa gastronómica]] celebrada a terceiro fin de semana de [[setembro]] no municipio de [[Coristanco]]. A economía de Coristanco baséase en parte neste produto da horta, sendo este municipio considerado como a Capital da Pataca en Galicia, en referencia ás elevadas colleitas da [[pataca]] debido ás boas condicións climatolóxicas para o seu crecemento.
 
==Características==
[[Ficheiro:Carroza deseñada con patacas na Festa da Pataca de Coristanco 2005.jpg|250pxminiatura|dereita|miniaturaCarroza deseñada con patacas na Festa da Pataca de Coristanco de 2005.]]
 
A festa da exaltación deste tubérculo nace en 1980, o mesmo tempo cá Cooperativa da Pataca de Bergantiños, pola necesidade de dar a coñecer a calidade deste produto gastronómico. O nome de Coristanco está asociado dende hai anos ao cultivo da pataca. Este produto, común na [[gastronomía de Galicia]], encontra na comarca de Bergantiños, e en particular na terra de Coristanco, un dos seus mellores lugares de cultivo. A conxunción da climatoloxía húmida e temperada desta parte occidental de Galicia coas condicións dos seus solos explican as características que esta zona reúne para o seu cultivo.
 
A primeira actividade festiva comeza pola mañá cos tractores engalanados con patacas. O día continúa co concurso gastronómico, degustación de patacas, exposición de maquinaria agrícola, actuacións de grupos de gaitas e danza. Á hora da comida, repártese de modo gratuíto a todas as persoas asistentes sardiñas, cachelos (patacas cocidas coa súa pel) e viño. Despois da comida continúase cos concursos: a recollida da pataca, que consiste en recoller no menor tempo posible un rego de patacas, e o baile da pataca, onde se premia a parella que consiga bailar máis tempo cunha pataca suxeita entre as súas frontes.
 
==Véxase tamén==
===Outros artigos===
*[[Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia]]
 
[[Categoría:Festas gastronómicas galegas]]
187.769

edicións

Menú de navegación