Karkkila: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 20: | Liña 20: | ||
|código postal = |
|código postal = |
||
|alcalde = |
|alcalde = |
||
|sitio web = [http://http://www.karkkila.fi/ |
|sitio web = [http://http://www.karkkila.fi/ www.karkkila.fi/] |
||
}} |
}} |
||
'''Karkkila''' en ([[lingua finlandesa|finlandés]]) ou '''Högfors''' (en [[lingua sueca|sueco]]) é unha cidade de [[Finlandia]]. Está situada ao sur do país, na [[Rexións de Finlandia|rexión]] de [[Uusimaa]]. |
'''Karkkila''' en ([[lingua finlandesa|finlandés]]) ou '''Högfors''' (en [[lingua sueca|sueco]]) é unha cidade de [[Finlandia]]. Está situada ao sur do país, na [[Rexións de Finlandia|rexión]] de [[Uusimaa]]. |
Revisión como estaba o 21 de decembro de 2013 ás 01:04
Coordenadas: 60°32′00″N 24°13′00″O / 60.53333, -24.21667 Modelo:Cidade Karkkila en (finlandés) ou Högfors (en sueco) é unha cidade de Finlandia. Está situada ao sur do país, na rexión de Uusimaa.
Xeografía
A paisaxe é accidentada, formada polas glaciacións. A altitude mínima do concello está situada a 80 metros sobre o nivel do mar, mentres que o máis alto é o outeiro Loukkumäki, que cos seus 174 metros é o punto máis elevado da rexión de Uusimaa.
Está situada a 66 km da capital finlandesa, Helsinki, á cal está unida pola valtatie 2 (nacional 2). O número de habitantes que se desprazan diariamente ao traballo é aínda baixo, mais está a experimentar un notable ascenso. Por outra banda, a valtatie 2 continúa ata Pori (situada a 178 km) pasando por Forssa (a 48 km).
Limita cos concellos de Vihti ao sur e ao leste, Nummi-Pusula ao suroeste, con Tammela (na rexión de Tavastia Propia) ao noroeste, e con Loppi ao norte.
Poboación
Segundo o censo de 2013, Karkkila ten unha poboación de 9.125 habitantes. Dende a metade dos anos '90 o concello está a experimentar un constante ascenso demográfico, despois do descenso de poboación que sufriu durante a crise económica de principios dos anos '90 do século XX:
Núcleos de poboación
Ahmoo, Alimmainen, Haavisto, Järvenpää, Karkkila, Nyhkälälä, Siikala, Tuorila, Vaskijärvi, Vattola e Vuotinainen.
Historia
A zona na que se localiza o concello de Karkkila estaba escasamente poboada antes do descubrimento das minas de ferro de Rautamäki a principios do século XIX. A explotación destas minas lebou á instalación dunha fundición cercana, nun lugar chamado Högfors, en 1822. As décadas seguintes viron o desenvolvemento dunha cidade industrial en miniatura, máis rica que as comunas agrícolas veciñas, e a cidade conserva aínda hoxe unha tradición industrial. A poboación fíxose independente baixo o nome de Pyhäjärvi Uudenmaan lääni (Pyhäjärvi de Uusimaa) en 1869, e posteriormente fundouse Karkkila en 1932 a partir desta poboación rural, entes de converterse en cidade en 1977.
As industrias sufriron unha grande crise durante 1993, a cidade viu entón medrar a súa taxa de desemprego e diminuir a súa poboación. Hoxe en día, a súa relativa proximidade a Helsinki permitiulle gañar poboación.
Política
No plano político, os partidos de esquerda dominan o debate político, máis particularmente a [[Vasemmistoliitto (Alianza de Esquerda), o antigo partido comunista, caso extraño hoxe en día en Finlandia. As últimas eleccións municipais deixaron a seguinte composición na cámara municipal:
- Vasemmistoliitto: 8
- Suomen Sosialidemokraattinen Puolue: 8
- Perussuomalaiset: 7
- Kansallinen Kokoomus: 6
- Suomen Keskusta: 4
- Vihreä liitto: 2
Lingua
O concello é unilingüe en finlandés:[2]
- Lingua finlandesa: 95,6 %
- Lingua sueca: 0,9 %
- Outras: 4,6 %
Notas
- ↑ Tilastokeskus, ed. (1-4-2013). "Väestö kielen mukaan sekä ulkomaan kansalaisten määrä ja maa-pinta-ala alueittain 1980 - 2012". Consultado o 22-3-2013.
- ↑ Väestö iän (1-v.), sukupuolen ja kielen mukaan alueittain 1990–2012, laaja alueluokitusryhmittely
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Karkkila |
Ligazóns externas
- Sitio web oficial (en finés)