Estatuto de autonomía: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
O '''estatuto de autonomía''' é a norma básica dos distintos gobernos da [[Comunidade autónoma|comunidades autónomas]] do Estado Español, e como tal figura na [[Constitución española de 1978]] no seu artigo 81. Nos estatutos recóllese o nome da comunidade, a súa delimitación territorial, os nomes e sedes dos seus órganos autonómicos, as competencias que asumen e as linguas oficiais do territorio.
O '''estatuto de autonomía''' é a norma básica dos distintos gobernos da [[Comunidade autónoma|comunidades autónomas]] do Estado Español, e como tal figura na [[Constitución española de 1978]] no seu artigo 81. Nos estatutos recóllese o nome da comunidade, a súa delimitación territorial, os nomes e sedes dos seus órganos autonómicos, as competencias que asumen e as [[lingua oficial|linguas oficiais]] do territorio.


== Historia e características ==
== Historia e características ==

Revisión como estaba o 20 de decembro de 2013 ás 18:02

O estatuto de autonomía é a norma básica dos distintos gobernos da comunidades autónomas do Estado Español, e como tal figura na Constitución española de 1978 no seu artigo 81. Nos estatutos recóllese o nome da comunidade, a súa delimitación territorial, os nomes e sedes dos seus órganos autonómicos, as competencias que asumen e as linguas oficiais do territorio.

Historia e características

Os Estatutos de autonomía forman parte do ordenamento xurídico do Estado pero o seu réxime de elaboración e aprobación é diferente do resto de leis orgánicas ou ordinarias. Estas, teñen o rango de Lei Orgánica e polo tanto, necesitan unha votación favorábel da maioría absoluta dos membros do Congreso dos Deputados español.

Hai dúas formas de acceder á autonomía, por medio do artigo 143 da Constitución Española, accédese á autonomía "reducida" que foi ideada para as comunidades "non históricas", é dicir, todas aquelas que non aprobaran un Estatuto de Autonomía durante a II República.

Poden acceder a ela tódalas provincias contiguas que teñan elementos históricos, culturais e territoriais comúns.
Tamén se pode formar unha comunidade autónoma, cando así o exprese o interese xeral, que vén determinado polas Cortes Xerais.

En troques, para Cataluña, Galiza e o País Vasco, consideradas nacionalidades históricas, o artigo 151 da Constitución Española prevé unha forma de acceso máis rápido á autonomía plena.

Véxase tamén

Outros artigos