Festa da pataca de Coristanco: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sen resumo de edición
m Estevoaei moveu a páxina "Festa da Pataca" a "Festa da pataca de Coristanco": formato título de festas gastronómicas
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 19 de decembro de 2013 ás 12:35

Aafesta da pataca celébrase no municipio de Coristanco o terceiro fin de semana de setembro. É unha festividade que reúne no noso pobo a multitude de visitantes.

A economía Coristanco baséase en parte neste producto da horta, sendo este municipio considerado como a Capital da Pataca en Galicia, en referencia ás elevadas colleitas deste producto debido ás óptimas condicións climatolóxicas para o seu crecemento.

A festa da exaltación deste tubérculo nace en 1980, o mesmo tempo ca Cooperativa da Pataca de Bergantiños pola necesidade de dar a coñecer a calidade deste tubérculo da localidade, produto gastronómico

O nome de Coristanco está asociado dende fai anos ao cultivo da pataca. Este producto, que raramente falta en cualquera prato galego, encontra na comarca de Bergantiños, e en particular na terra de Coristanco, un dos seus mellores lugares de cultivo. A conxunción da climatoloxía húmeda e templada desta parte occidental de Galicia cas óptimas condicións dos seus solos explican as características inmellorables que esta zona reúne para o seu cultivo.

A primeira actividade festiva comeza pola mañá cos tractores engalanados con patacas. O día continúa co concurso gastronómico, degustación de patacas, exposición de maquinaria agrícola, actuacións de grupos de gaitas e danza. Á hora da comida, repártese de modo gratuito a tódolos asistentes sardiñas, cachelos (patacas cocidas coa sua pel) e viño... Despois da comida continúase cos concursos: a recollida da pataca, que consiste en recoller no menor tempo posible un rego de patacas e o baile da pataca, en donde se premia á parella que consiga bailar máis tempo cunha pataca suxeita entre as suas frontes.