Xuventudes Socialistas de España: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 5: | Liña 5: | ||
|líder= |
|líder= |
||
|secretario xeral = |
|secretario xeral = |
||
|cor=# |
|cor=#ff0000 |
||
|logo = |
|||
|logo = [[Ficheiro:Unión, Progreso y Democracia logo.svg|150px]] |
|||
|parlamento = |
|parlamento = |
||
|fundación = |
|fundación = |
||
|ideoloxía = |
|ideoloxía = |
||
|sede= |
|sede= |
Revisión como estaba o 18 de decembro de 2013 ás 22:28
JSE | |
---|---|
Partido político de España | |
Mocidades | s/d |
Publicación | s/d |
Na rede | |
http://www.jse.org | |
Xuventudes Socialistas de España (JSE) é a organización xuvenil de ideoloxía de esquerda, socialista democrático, progresista, republicana e laica afín ao Partido Socialista Obreiro Español. Ten independencia ou autonomíaorgánica e política respecto ao PSOE. Foi fundada en Erandio, Biscaia, en 1903 por Tomás Meabe. [1]
Orixes
A situación laboral dos mozos españois, sobre todo nas empresas mineiras e siderúrxicas do norte de España, así como a vontade de combater o nacionalismo vasco, levou a Tomás Meabe a fundar a primeira agrupación de mozos socialistas en Bilbao en 1903, imitando o modelo austríaco e de acordo coas teses propugnadas por Rosa Luxemburgo. En 1905, celebrábase en Madrid o II Congreso ordinario do Partido Socialista, no que se recoñece a organización de Meabe como rama xuvenil do PSOE.
Do 14 ao 17 de abril de 1906 celebran o seu primeiro congreso como Federación Nacional de Xuventudes Socialistas de España. Esta primeira toma de contacto non vén acompañada dun programa político claro, limitándose a formular unha opción antimilitarista. Tamén se caracterizaban pola súa loita contra o alcoholismo xuvenil, moi estendido entre a clase obreira naquela época. Tiñan en febreiro de 1907 Renovación o seu órgano de prensa. A organización é recoñecida como tal polo PSOE en 1908.
En 1910 realiza as súas primeiras mobilizacións masivas contra a guerra de Marrocos e, posteriormente, contra a Primeira Guerra Mundial.
Moi activa durante a folga xeral durante a coñecida como crise española de 1917. Obtería nas filas do PSOE o seu primeiro deputado en 1918.
As Xuventudes Socialistas na actualidade
Tras a legalización en marzo de 1977, celebran o XIII Congreso en Madrid e elíxese a Juan Antonio Barragán como Secretario xeral, o XIII Congreso primeiro dirixente non exiliado. A partir desta data, as JSE seguen o mesmo camiño que o PSOE, renunciando ao marxismo como doutrina única socialista. En 1984, Javier de Paz é elixido secretario xeral das JSE.
Na actualidade o seu Secretario Xeral é Marcelino Torre Canto, sucedendo a Sergio Gutiérrez Prieto, eurodeputado do PSOE, elixido no Congreso Federal de 2007. Sergio Gutiérrez saíu elixido como único candidato do 23º Congreso Federal celebrado o 20, 21 e 22 de xullo de 2007, contando con máis do 90% do apoio dos delegados.
As Xuventudes Socialistas de España son membros do Consello da Xuventude de España, ostentando a Coordinación interna.
Notas
- ↑ Estatutos Federales del PSOE artº 87