Diocese católica latina de Donostia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 38: Liña 38:
* [[Juan María Uriarte]], (2000 - 2010)
* [[Juan María Uriarte]], (2000 - 2010)
* [[José Ignacio Munilla]], (9 de xaneiro de 2010 - actualidade)
* [[José Ignacio Munilla]], (9 de xaneiro de 2010 - actualidade)

{{Circunscricións católicas en España e Andorra}}


[[Categoría:Dioceses de España|San Sebastián]]
[[Categoría:Dioceses de España|San Sebastián]]

Revisión como estaba o 10 de decembro de 2013 ás 11:50

Modelo:Diocese A diocese de San Sebastián é unha diocese católica sufragánea da Arquidiocese de Pamplona e Tudela, creada en 1949 polo papa Pío XII, segregada da diocese de Vitoria. A súa catedral é a Igrexa do Bo Pastor, sendo outros templos importantes as basílicas de Nuestra Señora del Coro, de Aránzazu e de Loiola. O bispo actual, monseñor José Ignacio Munilla, tomou posesión o 9 de xaneiro de 2010, sucedendo a monseñor Juan María Uriarte.

Historia

A diocese de San Sebastián, sufragánea da arquidiocese de Pamplona e Tudela, foi creada durante o pontificado do papa Pío XII coa bula «Quo commodius» do 2 de decembro de 1949, que foi publicada varios meses máis tarde, o 1 de xullo de 1950. Foi erixida dentro do territorio da diocese de Vitoria xunto coa tamén nova diocese de Bilbao, abarcando á provincia civil de Guipúscoa. Dende a súa creación até o 11 de agosto de 1956 foi sufragánea, como as outras dous dioceses vascas, da arquidiocese de Burgos, pasando a pertencer despois á provincia eclesiástica de Pamplona e Tudela.

Históricamente o territorio que abrangue a diocese estivo dividido entre tres dioceses, Baiona, Pamplona e diocese de Calahorra. Pola bula «In Celcissima» de setembro de 1861 erixiuse a diocese de Vitoria, que comprendía todos os territorios da Comunidade Autónoma Vasca.

A diocese ten como patróns ao fundador da Compañía de Xesús, San Ignacio de Loiola (nado en Azpeitia), e á advocación mariana da Virxe de Aranzazu. Conta con 216 parroquias, estructuradas en 14 arciprestazgos: Antiguo, Arrasate-Bergara, Azpeitia, Eibar, Hernani, Herrera-Alza, Irún, Ordizia, Rentería, San Ignacio, Santa María, Tolosa, Zarautz e Zumarraga.

Lista de bispos de San Sebastián