Galeazzo Alessi: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
engado datos
Servando2 (conversa | contribucións)
retiro marcador de illado
Liña 1: Liña 1:
{{illado}}
[[Ficheiro:Genova - Basilica di Carignano-Commons.jpg|miniatura|Basílica de Carignano feita por Galeazzo Alessi en [[Xénova]]]]
[[Ficheiro:Genova - Basilica di Carignano-Commons.jpg|miniatura|Basílica de Carignano feita por Galeazzo Alessi en [[Xénova]]]]
'''Galeazzo Alessi''', nado en [[Perugia]] en [[1512]] e finado o [[30 de decembro]] de [[1572]], foi un arquitecto [[italia]]no.
'''Galeazzo Alessi''', nado en [[Perugia]] en [[1512]] e finado o [[30 de decembro]] de [[1572]], foi un arquitecto [[italia]]no.

Revisión como estaba o 7 de decembro de 2013 ás 19:15

Basílica de Carignano feita por Galeazzo Alessi en Xénova

Galeazzo Alessi, nado en Perugia en 1512 e finado o 30 de decembro de 1572, foi un arquitecto italiano.

Biografía

Discípulo de Giambattista Caporali, foi un estudoso entusiasta da arquitectura antiga, e o seu estilo recolleu os seus estudos.

Continúa a súa formación en Roma, onde entra en contacto con Miguelanxo, que o influirá notablemente. En Perugia realiza a igrexa de Santa Maria del Popolo (1547) e o pórtico de Sant’Angelo della Pace (1548). No ano establécese en Xénova invitado polo goberno da República para realizar as fortificacións do porto, ademais constrúe o Palazzo Cambiaso en 1565, Palazzo Lercari-Parodi en 1567, a igrexa de Santa Maria in Carignano (1549-1552) está fortemente inspirada no proxecto de Bramante para a basílica de San Pedro de Roma. A Villa Cambiaso (1548) e a Villa Pallavicino delle Peschiere (1560). Na mesma época traballa en Milán onde realiza o Palazzo Marino (1553-1558) hoxe casa do concello de Milán, a igrexa de Santa Barnaba (1561), a igrexa de San Vittore al Corpo e a fachada de Santa Maria presso San Celso. En Asís, fai o proxecto da igrexa de Santa Maria degli Angeli (1568), modificada en 1832.