Nadal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 5: Liña 5:


== Data==
== Data==
A data orixinal de celebración do Nadal na [[cristianismo oriental|tradición cristiá oriental]] era o [[6 de xaneiro]], xunto coa [[Epifanía]], e segue a ser así no calendario litúrxico da [[Igrexa Apostólica Armenia]], e festividade pública en [[Armenia]]. En 2013 hai unha diferenza de 13 días entre o actual [[calendario gregoriano]] e o [[calendario xuliano]]. Aqueles países e Igrexas que empregan o calendario xuliano (ou equivalentes) celebran, xa que logo, o Nadal e a Epifanía o 25 de decembro e o 6 de xaneiro respectivamente, que correspóndense co 7 e o 19 de xaneiro do calendario xuliano. Por esta razón Exipto, Etiopía, Eritrea, Rusia, Xeorxia, Ucraína, Serbia, Macedonia e Moldova celebran o Nadal cando no calendario gregoriano é o [[7 de xaneiro]]. As [[Igrexa Ortodoxa|igrexas ortodoxas]] de Bulgaria, Grecia, Romanía, Antioquía, Alexandría, Albania, Finlandia e América celebran o Nadal o 25 de decembro no calendario xuliano revisado, que correspóndese tamén co 25 de decembro do gregoriano.

==Historia e características ==
==Historia e características ==
Segundo os [[Evanxeos]], Xesús naceu en [[Belén]] de [[Xudea]]. Seus pais foron [[María]] e [[Xosé de Nazaret|Xosé]], estando estes de viaxe para seren rexistrados no [[censo]] romano. O nacemento de Xesús, dacordo cos seus seguidores, cumpría as profecías [[Xudaísmo|xudías]] sobre a chegada dun [[mesías]] que redimiría ao mundo do pecado.
Segundo os [[Evanxeos]], Xesús naceu en [[Belén]] de [[Xudea]]. Seus pais foron [[María]] e [[Xosé de Nazaret|Xosé]], estando estes de viaxe para seren rexistrados no [[censo]] romano. O nacemento de Xesús, dacordo cos seus seguidores, cumpría as profecías [[Xudaísmo|xudías]] sobre a chegada dun [[mesías]] que redimiría ao mundo do pecado.

Revisión como estaba o 5 de decembro de 2013 ás 14:06

Representación do nacemento de Xesús (San Salvador de Meis, Pontevedra)
Imaxe dunha bóla nunha árbore de nadal.
Este artigo trata sobre a celebración cristiá, para o artigo sobre o mes de nadal vexa decembro.

O nadal é unha festa cristiá que conmemora o nacemento de Xesús de Nazaret ou Xesús Cristo. A Igrexa Católica, as Igrexas protestantes e a maioría das Igrexas ortodoxas celébrana o 25 de decembro. Algunhas Igrexa Ortodoxa celébrana o 7 de xaneiro, xa que non aceptan o calendario gregoriano.

Data

A data orixinal de celebración do Nadal na tradición cristiá oriental era o 6 de xaneiro, xunto coa Epifanía, e segue a ser así no calendario litúrxico da Igrexa Apostólica Armenia, e festividade pública en Armenia. En 2013 hai unha diferenza de 13 días entre o actual calendario gregoriano e o calendario xuliano. Aqueles países e Igrexas que empregan o calendario xuliano (ou equivalentes) celebran, xa que logo, o Nadal e a Epifanía o 25 de decembro e o 6 de xaneiro respectivamente, que correspóndense co 7 e o 19 de xaneiro do calendario xuliano. Por esta razón Exipto, Etiopía, Eritrea, Rusia, Xeorxia, Ucraína, Serbia, Macedonia e Moldova celebran o Nadal cando no calendario gregoriano é o 7 de xaneiro. As igrexas ortodoxas de Bulgaria, Grecia, Romanía, Antioquía, Alexandría, Albania, Finlandia e América celebran o Nadal o 25 de decembro no calendario xuliano revisado, que correspóndese tamén co 25 de decembro do gregoriano.

Historia e características

Segundo os Evanxeos, Xesús naceu en Belén de Xudea. Seus pais foron María e Xosé, estando estes de viaxe para seren rexistrados no censo romano. O nacemento de Xesús, dacordo cos seus seguidores, cumpría as profecías xudías sobre a chegada dun mesías que redimiría ao mundo do pecado.

As súas orixes remóntanse ao espallamento da relixión cristiá no século II: os romanos celebraban o día 25 o Natalis Solis Invicti (Nacemento do Sol Invicto); por outra banda, os pobos xermánicos celebraban unha festa pagana no solsticio de inverno. Ben puido ser que a Igrexa decidise facer coincidir as datas.

A noite do 24 de decembro celébrase a misa do galo que conmemora o nacemento de Xesucristo. Porén, nos países occidentais no último século celébrase o Nadal dende o 24 de decembro ata o día de Reis o 6 de xaneiro como unha festa de reunión familiar e cun compoñente comercial importante, perdendo en grande medida o espírito relixioso.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas


Modelo:Link FA Modelo:Link FA Modelo:Link FA Modelo:Link FA