Óblast: Diferenzas entre revisións
m Bot: Elimino: bg:Област (България) (strong connection between (2) gl:Óblast and bg:Области в България) |
Sen resumo de edición |
||
Liña 24: | Liña 24: | ||
''Viloyat'' e ''welayat'' proveñen do [[lingua árabe|árabe]] ''[[wilaya]]''. |
''Viloyat'' e ''welayat'' proveñen do [[lingua árabe|árabe]] ''[[wilaya]]''. |
||
{{Sencat}} |
|||
[[Categoría:Subdivisións]] |
Revisión como estaba o 4 de decembro de 2013 ás 21:44
Unha óblast/oblast ou vóblasts/voblasts (en ruso область (feminino), en ucraíno: область, en búlgaro: о́бласт, en bielorruso: вобласьць, transcrito: voblasts) é o nome de entidades subnacionais de Bielorrusia, Bulgaria, a Federación Rusa, Ucraína, ademais de existir na antiga Unión Soviética.
Actualmente as óblast están nun nivel por debaixo do nacional e subdivídense en distritos chamados raiony ou rayony (en ruso: районы; en ucraíno: райони). A palabra pode traducirse por "rexión" ou "provincia".
En Bielorrusia utilízase unha palabra similar, voblast (voblasts), e en Casaquistán úsase a variante oblys (plural: oblystar).
Óblasts de Bulgaria
Desde 1999, Bulgaria está dividida en 28 oblasti, que se acostuma traducir como rexión. Con anterioridade, o país subdividíase en 9 unidades maiores, tamén chamadas óblast.
Óblast na Unión Soviética e estados sucesores
Na extinta Unión Soviética, as óblasts estaban dous chanzos por debaixo do nivel nacional (estando por encima a República Soviética). Algunhas óblast da República Socialista Soviética da Federación Rusa tiñan unha estrutura complicada, composta non só por raións e cidades, sino tamén por entidades autónomas.
Nas repúblicas postsoviéticas, a óblast está un nivel por debaixo do nacional e debúllanse ademais en distritos chamados raión (en ruso: районы; ucraíno: райони). Unha gran cidade pode ser parte constituínte dunha óblast, estando no mesmo nivel que un raion.
As óblast noutros países post-soviéticos chámanse oficialmente oficialmente:
- Voblasts en Bielorrusia
- Oblys en Casaquistán
- Óblast en Quirguicistán
- Viloyat en Taxiquistán
- Welayat en Turcomenistán
- Viloyat en Usbequistán
Viloyat e welayat proveñen do árabe wilaya.
Este artigo non está dentro dunha categoría ou precisa categorías adicionais. Por favor, engádelle as categorías pertinentes e retira o modelo {{Sen categoría}} .Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |