Hermenexildo Gotérrez: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 35: Liña 35:




'''Hermenexildo Guterrez''' foi un líder da nobreza galega do [[século IX]], fillo de [[Gutier Aloitez]] e a súa muller Elvira.
'''Hermenexildo Guterrez''' ou '''Hermexildo Gotérrez''' foi un líder da nobreza galega do [[século IX]], fillo de [[Gutier Aloitez]] e a súa muller Elvira.


Contaba con amplas posesións na Galicia actual e no norte de [[Portugal]]. Pertenceu á [[Curia Rexia]] e ostentou o máis alto cargo na mesma: mordomo real. Foi conde de [[Porto, Portugal|Porto]] e conquistador de [[Coimbra]], no ano [[876]].
Contaba con amplas posesións na Galicia actual e no norte de [[Portugal]]. Pertenceu á [[Curia Rexia]] e ostentou o máis alto cargo na mesma: mordomo real. Foi conde de [[Porto, Portugal|Porto]] e conquistador de [[Coimbra]], no ano [[876]].

Revisión como estaba o 3 de decembro de 2013 ás 20:34

Hermenexildo Gotérrez
mordomo real
Representación de Hermenegildo das Asturias

Nome completoHermenexildo Guterres de Celanova
Outros títulosConde de Guimarães
Conde de Coimbra
Conde de Tui
Nacementoc. 842
Falecemento1 de xaneiro de 920
Porto
PredecesorAgatom das Asturias (pai)
RexenteAlfonso III
SucesorGuterre Mendes (fillo)
ConsorteErmesenda Gatónez
DescendenciaGuterre Mendes de Celanova
Gudilona Mendes de Celanova
Árias Mendes de Coimbra
Elvira Mendes de Celanova
Nesporzono Mendes de Celanova
Inderquina Mendes Pala
Aldonça Mendes de Celanova
Casa realReal Casa de Celanova
ProxenitoresGutier Aloitez
Elvira

Na rede
WikiTree: Gutiérrez-158


Hermenexildo Guterrez ou Hermexildo Gotérrez foi un líder da nobreza galega do século IX, fillo de Gutier Aloitez e a súa muller Elvira.

Contaba con amplas posesións na Galicia actual e no norte de Portugal. Pertenceu á Curia Rexia e ostentou o máis alto cargo na mesma: mordomo real. Foi conde de Porto e conquistador de Coimbra, no ano 876.

Aparece por primeira vez citado no ano 869, cando actúa como xuíz ao lado do seu sogro, -o conde Gaton do Bierzo- na resolución de preitos derivados da organización do territorio berciano. Na década de 870 aparece documentado como membro do Consello Real do monarca oventese. Ademais, desde o ano 873 é conde de Tui e Portucale (Porto). No ano 878 recupera por asalto coas súas tropas galegas a cidade fortificada de Coimbra, a máis meridional do reino de Galiza e que dependía desde o século VIII do Emirato de Córdoba.

Conquista de Coimbra

A conquista de Coimbra non foi unha mera repoboación. Era un núcleo musulmán consolidado situado a máis de cen quilómetros ao sur do núcleo cristián máis próximo. Hermenexildo Gutérrez tomou a cidade asaltando as fortalezas da mesma. O emir de Córdoba Muhammad I reaccionou axiña e sitiou a Hermenexildo, que resistiu con éxito ata a chegada de reforzos.

Representa á nobreza galega que deu un pulo á chamada reconquista cristiá, chegando ata o río Mondego, nun momento en que a fronteira cristiá-musulmá, no centro da península, estaba aínda a altura de Burgos e no que Zamora non se pode dar como repoboada ata o ano 893.

Esta marcha cara o sur da nobreza galega consolidou un espazo social galego-cristián ao sur do río Douro. Este espazo tan avanzado xeograficamente tivo que organizar a súa autodefensa mediante unha crecente autonomía, o condado Coimbricense, que xunto co Portucalense, serían o xermolo do futuro Reino de Portugal.

Dux de Galicia

Na rebelión do Dux galego Vitiza contra o rei de Oviedo Afonso III o Magno, aglutinou á nobreza galega leal ao monarca ovetense. Durante os sete anos que durou a rebelión, e que puxo en perigo a coroa do rei Afonso e a unidade do reino, fixo fronte aos ataques de Vitiza e contribuíu decisivamente á súa derrota. Impediu que o rebelde se fixera co espazo galaico.

No ano 895, o seu exército capturou a Vitiza e levouno encadeado á presenza do monarca. En recompensa recibiu as mandacións do rebelde e o título de Dux (representante da monarquía en Galicia ao que os condes debían obediencia).

Liñaxe real

No ano 900, a súa filla Elvira Menéndez casaba co futuro rei galaico Ordoño II. Da súa liñaxe descenden os reis galaico-leoneses (dende Sancho Ordóñez ata, polo menos, a casa de Borgoña).

Liñaxe e descendencia

Foi fillo de Gutier Aloitez (810 - 875), Conde de Coimbra e de Elvira Anzures. Casou cerca do ano 860 con Hermesinda Gatoniz (? - 840) - filla de Gaton Ramirez Conde do Bierzo e de Exilona - coa que tivo os seguintes fillos:

  1. Gudilona Menendiz (862 -?).
  2. Árias Menendiz ou Arias Mendes (911-924).
  3. Elvira Menendiz (864 - Outubro de 921).
  4. Gutier Menendiz (880 - 933).
  5. Inderquina Menendiz (? – 947).
  6. Aldonza Menendiz (882-942).