Diferenzas entre revisións de «Organismo aerobio»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
sen resumo de edición
{{Fusióndesde|Aerobiose}}
{{Fusión|Respiración celular}}
Un '''organismo aeróbico''' é aquel que emprega o [[osíxeno molecular]] como aceptor final dos [[electróns]] obtidos mediante a oxidación progresiva de biomoléculas enerxéticas tales como [[glícido]]s ([[glicólise]]) ou [[lípido]]s ([[beta-oxidación dos ácidos graxos|beta-oxidación]]) e durante o [[ciclo de Krebs]].
A '''aerobiose''' é un proceso [[metabolismo|metabólico]], tamén denominado '''respiración celular''', que recorre á oxidación dos elementos nutritivos ([[glícido]]s ou [[graxa]]) para producir [[enerxía]]. Aínda que o termo é máis amplo, adoita aplicarse á capacidade dos [[microorganismo]]s de crecer en presenza ou ausencia de [[Osíxeno (elemento)|osíxeno]].
 
O encargado da [[aerobiose]] en [[célula eucariótica|células eucariotas]] é a [[mitocondria]].
As necesidades de osíxeno dos microorganismos son variables e hainos que necesitan a presenza de osíxeno no ambiente para multiplicarse: '''microorganismos aeróbicos''', e outros que poden crecer en ausencia de osíxeno: '''microorganismos anaeróbicos'''.
 
Hainos tamén que, precisando normalmente este elemento, poden adaptarse a súa ausencia e mante-lo metabolismo, ou os que, pola contra, crecendo habitualmente en ambientes sen osíxeno, poden crecer tamén con el presente. Son os chamados aerobios ou anaerobios '''facultativos'''.
 
Se non posúen esta capacidade de adaptación e só poden vivir en presenza ou en ausencia de osíxeno, denomínanse aerobios ou anaerobios '''obrigados''', respectivamente.
 
A distinta concentración de osíxeno no medio no que crece o microorganismo dá lugar a ambientes aerobios (ricos en osíxeno), anaerobios (ausencia de osíxeno) ou microaerofílicos, cando está nunha concentración moi baixa.
 
==Adaptación á presenza de osíxeno==
Cando a evolución biolóxica alcanzou a [[fotosíntese]] osixénica, mediante a cal se libera osíxeno ó ambiente, os seres vivos presentes adaptaron o seu metabolismo para aproveita-la enerxía da glicosa por oxidación, máis eficiente que a utilización anaerobia ou [[fermentación]].
 
A teoría da [[endosimbiose]] propón que o antepasado común dos organismos eucariontes (dotados de células nucleadas) desenvolveu a capacidade de realiza-lo metabolismo aerobio mediante a integración dunha bacteria aerobia como orgánulo permanente, a [[mitocondria]].
 
[[Categoría:MicrobioloxíaBioloxía]]
[[Categoría:Bioquímica]]
[[Categoría:Microbioloxía]]
115

edicións

Menú de navegación