Fernando I de Austria: Diferenzas entre revisións
Nova páxina: "{{Ficha de nobre |nome = Fernando I de Austria |título = Emperador de Austria, Rei de Hungría e Bohemia |imaxe = Amerling Ferdinand I.jpg |tamaño de imaxe = 200px |epígrafe = ..." |
mSen resumo de edición |
||
Liña 53: | Liña 53: | ||
== Últimos días == |
== Últimos días == |
||
Pasou o resto da súa vida residindo no [[Castelo]] de [[Praga]], dada a súa predilección por [[Bohemia]], foi ademais o último rei deste territorio coroado como tal. Como Rei de Bohemia coñecíaselle como "Fernando V, o Bo" (Ferdinand Dobrotivý). En Austria, chamábaselle ''Ferdinand der Gütige'' (Fernando o Benigno), pero ridiculizábaselle chamándoo ás veces ''Gütinand der Fertige'' (Bueninando o Acabado). |
Pasou o resto da súa vida residindo no [[Castelo (fortificación)|Castelo]] de [[Praga]], dada a súa predilección por [[Bohemia]], foi ademais o último rei deste territorio coroado como tal. Como Rei de Bohemia coñecíaselle como "Fernando V, o Bo" (Ferdinand Dobrotivý). En Austria, chamábaselle ''Ferdinand der Gütige'' (Fernando o Benigno), pero ridiculizábaselle chamándoo ás veces ''Gütinand der Fertige'' (Bueninando o Acabado). |
||
Á súa morte, os seus restos foron trasladados á [[Cripta Imperial de Viena (Kaisergruft)]]. |
Á súa morte, os seus restos foron trasladados á [[Cripta Imperial de Viena (Kaisergruft)]]. |
||
<!-- Non funciona |
|||
== Antepasados == |
== Antepasados == |
||
<div style="clear: both; width: 100%; padding: 0; text-align: left; border: none;" class="NavFrame"> |
<div style="clear: both; width: 100%; padding: 0; text-align: left; border: none;" class="NavFrame"> |
||
Liña 103: | Liña 103: | ||
|31= 31. [[Isabel Cristina de Brunswick-Wolfenbüttel]] (= #19) |
|31= 31. [[Isabel Cristina de Brunswick-Wolfenbüttel]] (= #19) |
||
}}</center> |
}}</center> |
||
</div></div> |
</div></div>--> |
||
==Notas== |
==Notas== |
||
{{listaref}} |
{{listaref}} |
Revisión como estaba o 20 de novembro de 2013 ás 19:49
Fernando I de Austria | |
---|---|
Emperador de Austria, Rei de Hungría e Bohemia | |
Coroación | 1835 |
Nacemento | 19 de abril de 1793 Viena |
Falecemento | 19 de xuño de 1875 [1] Praga |
Sepultura | Cripta Imperial de Viena |
Predecesor | Francisco I |
Sucesor | Francisco Xosé I |
Consorte | María Ana de Sardeña |
Descendencia | Ningún |
Proxenitores | Francisco I María Teresa das Dúas-Sicilias |
Na rede | |
Fernando I de Habsburgo-Lorena. Nado en Viena o 19 de abril de 1793 e finado en Praga, o 29 de xuño de 1875. Segundo Emperador de Austria (1835-1848), ademais de Rei de Bohemia (1835-1848) e de Hungría (1835-1848) co nome de Fernando V. Casou en 1831 coa princesa María Ana de Saboia, (1803-1884) mais non tiveron descendencia.
Enfermidade e incapacidade
Primoxénito e sucesor do emperador Francisco I. Debido á consanguinidade dos seus pais padeceu de debilidade mental e ademais sufría ataques de epilepsia. Polo tanto, contou coa rexencia secreta dun consello por decisión do chanceler Klemens von Metternich, que exercía realmente o poder, xunto ao Arquiduque Luis e o Conde Kolowart. Isto fíxose para evitar que a declaración de incapacidade puidese ser outro factor que puxese en risco ao absolutismo. Non obstante o emperador levou un diario coherente no que en ocasións se encontran ata 20 entradas ao día. A pesar de todo parece que as súas capacidades intelectuais eran bastante limitadas.
Matrimoño
O 12 de febreiro de 1831 casouse en Turín coa súa prima a princesa María Ana de Saboia, filla de Vítor Manuel I de Sardeña e da súa esposa, a arquiduquesa María Teresa de Austria-Leste. Non tivo descendencia, e sospéitase que nin sequera consumou o matrimonio.[2] Foi sucedido no trono polo seu sobriño Francisco Xosé I, en quen abdicou.[3]
Revolución de 1848
Cando os revolucionarios se encamiñaban ao pazo o emperador pediu a Metternich unha explicación acerca do que estaba a suceder, ao que o Primeiro Ministro respondeu "Están a facer unha Revolución", ao que o emperador, ao parecer respondeu: Xa, Pero teñen permiso? (Ja, dürfen's denn deas?).
A pesar diso, tras a Revolución de 1848, que se saldou coa caída de Metternich, e aconsellada a familia do monarca polo príncipe Félix de Schwarzenberg, que se fixo cargo do poder, obrigóuselle a abdicar no seu sobriño o arquiduque Francisco Xosé, que reinaría durante 68 anos. [4]No seu diario Fernando escribiu:
O asunto rematou co novo Emperador axeonllado ante o seu vello emperador e Señor, debo dicir, eu, pedíndolle a súa bendición, a cal dei, poñendo ambas as dúas mans sobre a súa cabeza e facendo o signo da Santa Cruz... entón abraceino e biquei o noso novo Señor, e fomos ao noso cuarto. Despois de todo isto, Yo e a miña querida esposa oímos Santa Misa... máis tarde eu e a miña querida esposa fixemos as maletas.
Últimos días
Pasou o resto da súa vida residindo no Castelo de Praga, dada a súa predilección por Bohemia, foi ademais o último rei deste territorio coroado como tal. Como Rei de Bohemia coñecíaselle como "Fernando V, o Bo" (Ferdinand Dobrotivý). En Austria, chamábaselle Ferdinand der Gütige (Fernando o Benigno), pero ridiculizábaselle chamándoo ás veces Gütinand der Fertige (Bueninando o Acabado).
Á súa morte, os seus restos foron trasladados á Cripta Imperial de Viena (Kaisergruft).
Notas
- ↑ Chisholm, Hugh, ed. (1911). "Ferdinand I. of Austria". Encyclopædia Britannica (11th ed.). Cambridge University Press
- ↑ van der Kiste, John: Emperor Francis Joseph, Sutton Publishing London, 2005 ISBN 0-7509-3787-4, p 2
- ↑ Christian Dickinger: Franz Joseph I. Die Entmythisierung. Verlag Ueberreuter, Wien 2002, ISBN 3-8000-3858-7; S. 77.
- ↑ Christian Dickinger: Franz Joseph I. Die Entmythisierung. Verlag Ueberreuter, Wien 2002, ISBN 3-8000-3858-7; S. 77.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Fernando I de Austria |
Predecesor: Francisco I |
Rei de Hungría 1830 – 1848 |
Sucesor: Francisco Xosé I |
Predecesor: Francisco I |
Rei de Bohemia 1835 – 1848 |
Sucesor: Francisco Xosé I |
Predecesor: Francisco I |
Emperador de Austria 1835 - 1848 |
Sucesor: Francisco Xosé I |