Comarca de Ferrol: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 51: Liña 51:
==Véxase tamén==
==Véxase tamén==
===Ligazóns externas===
===Ligazóns externas===
* [http://www.dicoruna.es/municipios/A02.htm Comarca de Ferrol na Deputación da Coruña]
* [http://www.dicoruna.es/municipios/A02.htm Comarca de Ferrol na Deputación da Coruña] {{Ligazón morta}}



{{Commons|Comarca de Ferrol}}
{{Commons|Comarca de Ferrol}}

Revisión como estaba o 18 de novembro de 2013 ás 19:14

Comarca de Ferrol
ProvinciaProvincia da Coruña
Área623,5 km²
Poboación161.541 hab. (2012)
ConcellosAres
Cedeira
Fene
Ferrol
Moeche
Mugardos
Narón
Neda
San Sadurniño
As Somozas
Valdoviño
Concellos da Comarca de Ferrol:
1. Ares
2. Cedeira
3. Fene
4. Ferrol
5. Moeche
6. Mugardos
7. Narón
8. Neda
9. San Sadurniño
10. As Somozas
11. Valdoviño

A Comarca de Ferrol é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é Ferrol. A cal pertencen os concellos de Ares, Cedeira, Fene, Ferrol, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño. Limita ao norte e ao este co océano Atlántico, ao leste coa comarca do Ortegal e ao sur coa comarca do Eume. Ten unha extensión de 623,5 km² e conta cunha poboación de 161.541 habitantes no 2012, distribuídos en 11 concellos.

Descrición

A comarca pódese dividir en tres subcomarcas claramente diferenciadas:

  • Ferrolterra, integrada por Ares, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón e Neda, mira cara a ría de Ferrol; os concellos están moi cohesionados entre si, son pequenos en extensión e teñen gran densidade de poboación; dependen en gran medida de Ferrol e Narón nas súas relacións. Desde 1971 existe unha Mancomunidade de Concellos da Comarca Ferrol, na que se integrou Valdoviño en 1977.
  • Unha segunda zona, a máis afastada da costa, esténdese polos concellos de Valdoviño, San Sadurniño, Moeche e As Somozas.
  • A terceira consiste en Cedeira.

En todos os casos as intensas relacións funcionais con Ferrol integran estas diferentes vinculacións locais nunha unidade comarcal de orde superior moi condicionada por relacións económicas, sociais, administrativas e sanitarias. Ferrol é o concello de mallor importancia económica e o de maior poboación. A administración estatal, moi vinculada a intereses militares, a Xunta de Galicia e a xudicatura teñen a súa sede en Ferrol. A sanidade está artellada na organización do Sergas con sede no Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos.

Concellos

Pertencen á Comarca de Ferrol os seguintes 11 concellos:

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca de Ferrol

Véxase tamén

Ligazóns externas