Novas Xeracións do Partido Popular: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 52: Liña 52:
No XII Congreso Nacional, celebrado en [[Toledo]] en setembro de 2006, elaboráronse os actuais Estatutos Nacionais e aprobouse o relatorio político ('Paixón pola Política'), así como textos sectoriais en materia de educación e liberdades.
No XII Congreso Nacional, celebrado en [[Toledo]] en setembro de 2006, elaboráronse os actuais Estatutos Nacionais e aprobouse o relatorio político ('Paixón pola Política'), así como textos sectoriais en materia de educación e liberdades.


{{Galeguizar}}


== Referencias ==
== Referencias ==

Revisión como estaba o 14 de novembro de 2013 ás 19:22

Novas Xeracións do Partido Popular
Organización política Novas Xeracións do Partido Popular
Ano fundación 20 de xaneiro de 1989
Ideoloxía Centro-Dereita, liberal.
Ámbito España
Presidenta Beatriz Jurado Fernández de Córdoba
Afiliados 100.000 (EnEspaña)
Web da organización www.novasxeracions.com

Novas Xeracións do Partido Popular -coñecida orixinalmente como Novas Xeracións de Alianza Popular ou, máis abreviadamente, como Novas Xeracións (NNGG)- é a organización xuvenil do Partido Popular español. O seu ámbito de actuación é toda España, existindo estruturas en todas as comunidades e cidades autónomas, provincias e illas. Ten tamén estruturas noutros países como NNGG de Bélxica, Arxentina, Uruguai, etc. Comparte os postulados ideolóxicos do Partido Popular (en terminoloxía do propio partido centro reformista.[1]).

A súa misión primordial é promover a participación dos mozos na vida política a través do partido, defendendo e impulsando os seus valores e principios, e contribuíndo ao desenvolvemento do artigo 48 da Constitución Española[2]

Conta con máis de 100.000 afiliados en toda España. Nos seus comezos, a idade para formar parte da organización estaba comprendida entre 18 e 28 anos, aínda que posteriormente se ampliou ao intervalo de 16 a 28 anos. O Partido Popular establece que os afiliados menores de idade só son membros das NNGG mentres que os maiores de 18 o son tamén daquel. No XIII Congreso Nacional aprobouse aumentar un ano o límite máximo de idade para pertencer á organización, pasando a estar comprendida entre os 16 e 29 anos. Unha vez chegado ao límite de idade, se non se ocupa ningún cargo dentro dalgunha estrutura local, provincial, autonómica ou nacional da organización, os afiliados pasarán directamente ao partido propiamente dito.


Historia

Novas Xeracións naceu, como Novas Xeracións de Alianza Popular en 1977 (AP nacera en 1976). Promovidas polo entón Secretario de Organización de Alianza Popular, Jorge Verstrynge, a súa impulsora foi Loyola de Palacio. Foi o propio Verstrynge quen elixiu ese nome fronte a Manuel Fraga que prefería Xuventudes de Alianza Popular. Para o politólogo ese nome recordaba moito ás Xuventudes de Acción Popular (JAP) da Segunda República, de tendencia autoritaria. Escolleu ese nome baseándose nunha organización xuvenil francesa gaullista. A súa primeira Asemblea Nacional celebrouse os días 17 e 18 de abril do devandito ano, sendo elixida Loyola de Palacio primeira Secretaria Xeral. A partir do II Congreso, todos os máximos dirixentes da organización pasaron a denominarse Presidentes Nacionais. Durante o XII Congreso Nacional, celebrado en Toledo en setembro de 2006, homenaxeouse a Loyola de Palacio denominándoa estatutariamente como Secretaria Xeral Fundadora de NNGG.

En 1989, coa refundación de Alianza Popular e a súa transformación no actual Partido Popular, as xuventudes tamén se refundaron adoptando o nome de Novas Xeracións do Partido Popular.

Organización territorial

NNGG conta cunha organización descentralizada. Os seus órganos son de carácter nacional, autonómico, provincial ou insular e local; e onde é preciso, existen unidades de acción comarcais ou organizacións de distrito (como na cidade de Madrid) e barrio. Recoñéceselles plena autonomía para o exercicio das competencias estatutarias, sen prexuízo dos necesarios principios de organización e xerarquía que aseguren a súa unidade, coordinación e eficacia.


Organización interna

Novas Xeracións está dirixido por órganos electos propios a nivel nacional, autonómico, provincial ou insular e local ou de distrito. De acordo cos Estatutos Nacionais, réxense por principios democráticos '. Os órganos e cargos dos ámbitos territoriais superiores prevalecen xerarquicamente sobre os dos ámbitos territoriais inferiores, sen prexuízo das competencias propias de cada un nos seus respectivos niveis de actuación nin da xerarquía propia de cada estrutura territorial (segundo o artigo 6).

O goberno das organizacións territoriais de NNGG vertébrase internamente mediante órganos colexiados (Congresos, Xuntas Directivas e Comités Executivos), unipersoais (Presidente e Secretario Xeral), consultivos (Convención Nacional) e especializados (Comité Nacional de Dereitos e Garantías), segundo o artigo 22.

O máximo órgano de Novas Xeracións é o Congreso Nacional, no que se elixen democraticamente o Presidente Nacional, a Xunta Directiva e Comité Executivo Nacional. De acordo co artigo 26.1 dos Estatutos Nacionais, os Congresos celébranse normalmente cada 3 anos. Ademais os Congresos aproban os estatutos e os relatorios para a elaboración dos textos que guiarán a acción política de Novas Xeracións ata o seguinte Congreso.

No XII Congreso Nacional, celebrado en Toledo en setembro de 2006, elaboráronse os actuais Estatutos Nacionais e aprobouse o relatorio político ('Paixón pola Política'), así como textos sectoriais en materia de educación e liberdades.


Referencias

  1. Estatutos de NNGG, pag. 4
  2. Artículo 48 de la Constitución Española:
    Los poderes públicos promoverán las condiciones para la participación libre y eficaz de la juventud en el desarrollo político, social, económico y cultural.

Enlaces externos

Véxase tamén

Ligazóns externas