Dorna: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Rotlink (conversa | contribucións)
m fixing dead links
Liña 52: Liña 52:
* [http://www.riveira.net/festadadorna/ Festa da dorna]
* [http://www.riveira.net/festadadorna/ Festa da dorna]
* [http://www.festadadorna.com/ Festa da dorna]
* [http://www.festadadorna.com/ Festa da dorna]
* [http://www.geocities.com/webignatius/dorna.html A dorna]
* [http://www.webcitation.org/query?id=1256572820318368&url=www.geocities.com/webignatius/dorna.html A dorna]
* [http://www.modelismonaval.com/magazine/dorna/ A dorna - Asociación de modelistas navais de Galicia]
* [http://www.modelismonaval.com/magazine/dorna/ A dorna - Asociación de modelistas navais de Galicia]



Revisión como estaba o 11 de novembro de 2013 ás 20:44

Ficheiro:Nasa11dorna05eue.JPG
Dorna portando nasas.

A dorna é unha embarcación de pesca típica das Rías Baixas de aproximadamente 4,60 metros de eslora e 1,50 metros de manga, coa proa redonda que sobresae da cuberta, a popa chata e pequena e quilla pronunciada. Evoluciona cunha única vela de relinga (ás veces se lle pon un pequeno foque usado para capear os temporais) e leva dous remos de apoio para cando vai "calma podre". Xeralmente leva dous tripulantes, o patrón á cana e o mariñeiro ás drizas, que é quen se ocupa do izado da vela, aínda que poden ir tres persoas abordo con relativa comodidade ou incluso ser patroneada por un único tripulante.

Procedencia

Dorna navegando a vela.

Segundo diversos estudos, realizados entre outros polo sueco Staffan Mörling sobre as dornas do Mar de Ons ou polo galego Xaquín Lorenzo na ría de Arousa, este tipo de embarcación podería ter unha procedencia viquinga, debido ás similitudes formais e de construción cos drakkar dos viquingos. Segúndo esta teoría a dorna toma recursos formais e construtivos dos navíos viquingos, que poderían ter chegado nas frecuentes invasións dos pobos do norte de Europa que pretendían asediar Santiago de Compostela durante a Alta Idade Media, con características de pouco calado, evolución a vela (con aparellos moi sinxelos), roda de proa sobre a cuberta, bañeira aberta, etc.

Características formais

A dorna é unha embarcación totalmente fabricada de madeira, construída en calime coas táboas da obra viva xustapostas, montando unhas sobre outras, reducindo o risco de vías de auga e simplificando a construción, o que lle confire maior estabilidade á costa dunha perda de hidrodinámica (este tipo de construción denomínase "de escarva ou calime"). A quilla da dorna non abrangue toda a eslora, xa que pola parte de popa hai un tercio de lanzamento do casco que a quilla non soporta. As cadernas sobresaen da cuberta, formando toletes ou apoios dos remos nuns casos (tres toletes para dous remos, un a popa e dous na liña media, para o avance normal a remo, e dous toletes de menor tamaño a proa usados con remos pequenos para a pesca con espello), e noutros casos puntos que serven de guía para a disposición de liñas ou de paso da escota. Leva un timón de grande tamaño que se prolonga por debaixo do lanzado de popa ata a quilla, actuando como orza ademais de como timón, gobernado mediante unha cana de madeira, xeralmente dunha soa peza. Coa aparición do motor mariño de explosión, a dorna sufriu un redeseño da estampa de popa, introducíndoselle unhas pezas de madeira que permiten o acoplamento dun pequeno motor foraborda.

Medidas

As dornas medíronse tradicionalmente en cuartas de quilla (aproximadamente 21 cm cada cuarta) e polgadas, e segundo o tamaño da quilla, podíase sabe-lo tamaño da dorna. Pr exemplo: unha dorna de nove cuartas de quilla menos dúas polgadas ven tendo unha eslora entre perpendiculares de 4,60 m aproximandmente.

Variantes

Dorna navegando a vela na ría de Pontevedra.

Existen moitas variantes segundo o uso ou a forma de construción:

  • A dorna de tope. Variante típica da zona do Barbanza. Leva as xuntas das táboas da obra viva unidas a tope. Reduce a resistencia do mar á costa dunha maior facilidade para que se abran as táboas ó sol. Precisa dunha execución moito máis "fina" para que as táboas teñan a medida exacta e solen ser as dornas de menor tamaño.
  • A dorna polbeira. Usada para ir ás luras e ós polbos dentro da ría, é a tipoloxía máis común nas rías galegas.
  • A dorna Meca Variante de maior tamaño típica da zona do Grove. O seu maior tamaño obedece ó uso desta tipoloxía, con maior frecuencia, en mar aberto e máis batido, e en zonas nas que existen fortes correntes mariñas.
  • A dorna tramalleira. Variante usada para a pesca con artes de tramallo.
  • A dorna ou lancha xeiteira. A Xeiteira é unha embarcación de gran tamaño, con tripulación de tres a oito persoas, deseñada para evolucionar en mar aberto máis aló da bocana da ría, onde se faena con rede de pesca ao xeito para a captura de sardiña, xurelo e bocarte. A xeiteira, dada a súa forma de construción, pode non considerarse unha dorna.

Galería de imaxes

Bibliografía

  • Cabrera de Aizpuru, Fernando e Lechuga Lombos, Enrique (2000). Las Ultimas dornas gallegas, proceso constructivo artesanal de la dorna gallega. ISBN 84-607-0602-8. 
  • Masso, José María (1982). Barcos en Galicia: De la prehistoria hasta hoy y del Miño al Finisterre. Deputación de Pontevedra. ISBN 84-500-7629-3. 
  • Mörling, Staffan (1999). As embarcacións tradicionais de Galicia. Xunta de Galicia. ISBN 84-453-0070-9. 
  • Mörling, Staffan (2000). Lanchas e dornas: A estabilidade cultural e a morfoloxía das embarcacións na costa Occidental de Galicia. Xunta de Galicia. ISBN 84-453-4130-8. 

Outros artigos

Ligazóns externas