Inquisición: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q43173
Rotlink (conversa | contribucións)
m fixing dead links
Liña 31: Liña 31:
=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
en castelán:
en castelán:
* [http://www.geocities.com/urunuela34/inquisicion/principal.htm Portal dedicado á Inquisición española]
* [http://web.archive.org/20050328161926/www.geocities.com/urunuela34/inquisicion/principal.htm Portal dedicado á Inquisición española]
en portugués:
en portugués:
* [http://www.paginaoriente.com/catecismo/inquisicao.htm A Historia da Santa Inquisición]
* [http://www.paginaoriente.com/catecismo/inquisicao.htm A Historia da Santa Inquisición]

Revisión como estaba o 11 de novembro de 2013 ás 15:00

San Domingos presidindo un auto-de-fé en 1475. Pintado por Pedro Berruguete

A chamada Inquisición foi un tribunal relixioso que velou pola ortodoxia da relixión católica en España e noutros países europeos. Xurdiu en 1184 na zona de Languedoc (no sur de Francia) para combater as chamadas herexías (ou sexa, as opinións teolóxicas diverxentes da doutrina oficial do catolicismo). O fin da inquisición en todo o mundo deuse no ano 1834, cando terminou a Inquisición na España.

Houbo 4 inquisicións na historia, que sempre tiveron algunha relación entre si: a Inquisición Medieval, a Inquisición Española, a Inquisición Portuguesa, e a Inquisición Romana.

Inquisición Medieval

A Inquisición Medieval surxiu en 1184 na rexión do Languedoc, co fin primeiramente de combater a herexía dos cátaros, unha seita que rexeitaba os sacramentos católicos. Despois de condenados polo 4º Concilio de Letrán en 1215 fíxose unha Cruzada contra estes, e xulgamentos inquisitoriais contra os sobreviventes.

O procedemento da Inquisición consistía en:

  • Investigación, para descobrir os herexes.
  • Xulgamento, no cal xeralmente saía favorecida a acusadora (a Igrexa). En xeral o acusado non coñecía as acusacións, pero era instado a confesar, apenas imaxinando sobre o que.
  • Tortura. No comezo, a confesión baixo tortura non se admitía, pero despois do 15 de maio de 1252 o entón papa Inocencio IV pasou a admitila como forma de obter a confesión.
  • Punición. Durante o xulgamento o acusado permanecía na prisión, e as conclusións anunciábanse na praza pública, nunha cerimonia chamada sermo generalis (sermón xeral). Como punicións, as máis brandas eran a peregrinación obrigatoria, usar unha cruz amarela por toda a vida, confisco de propiedades, exilio, ou prisión perpetua. A pena de morte reservábase para os casos considerados máis graves, porque significava que a Igrexa non conseguira salvar a alma do pecador. Cando se aplicaba, queimábase o infiel en praza pública, e a execución non a realizaban relixiosos, senón as autoridades seculares, pois a Igrexa tiña prohibido matar.

Inquisición en España

Artigo principal: Inquisición en España.

En España, a Inquisición actuou baixo o control da Monarquía de 1478 ata 1834. Foi o resultado da Reconquista Española das mans dos musulmáns, e a política de conversión de xudeus e musulmáns españois ao catolicismo.

Inquisición en Portugal

Artigo principal: Inquisición en Portugal.

Inquisición Romana

O papa Paulo III estableceu, en 1542 unha congregación permanente composta de cardeais, cuxa misión era manter e defender a integridade da fe e examinar e suprimir erros e falsas doutrinas. Ese grupo, chamado entón Congregación do Santo Oficio e hoxe Congregación para a Doutrina da Fe, facía e fai parte da Curia Romana, e tornouse o corpo supervisor das Inquisicións locais. O papa indicaba un dos cardeais para presidir as reunións. Había normalmente outros dez cardeais na Congregación, así como un Prelado e dous asistentes, todos escollidos entre a Orde Dominicana. O Santo Oficio tamén posúe un grupo internacional de consultores, especialistas experimentados en teoloxía e Dereito Canónico, que aconsellan en cuestións específicas.

En 1616 os consultores deran a súa opinión sobre a afirmación que o Sol non se movía e era o centro do Universo, e que a Terra se movía ó redor do sol, dicindo que era "tola e absurda filosoficamente", e a primeira era "formalmente herética", mentres a segunda era "ao menos un erro de fe" en teoloxía. Iso puxo o libro De Revolutionibus Orbium Coelestium de Nicolás Copérnico no Index Librorium Prohibitorium (Índice dos Libros Prohibidos) ata que se corrixiu. Os mesmos consultores xulgaron Galileo Galilei en 1633 cando este tamén afirmou que a Terra xiraba ó redor do Sol. Galileo foi condenado por "grave sospeita de herexía" e os seus traballos todos foron prohibidos.

Nin todos os procesos de alegados herexes, ateos ou outros desvíos da fe católica foron xulgados pola Inquisición. Nalgúns países, como a Francia baixo o Antigo Réxime, os ateos podían ser procesados por tribunais civís, coa posíbel aplicación da pena de morte.

Véxase tamén

Ligazóns externas

en castelán:

en portugués: