Anacardio: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 39: Liña 39:
[[Categoría:Flora de América do Sur]]
[[Categoría:Flora de América do Sur]]
[[Categoría:Oleaxinosas]]
[[Categoría:Oleaxinosas]]
[[Categoría:Froitas]]
[[Categoría:Froitas exóticas]]

Revisión como estaba o 9 de novembro de 2013 ás 13:33

O anacardio (Anacardium occidentale) é unha árbore tropical da familia Anacardiaceae. Nativa do norte e nordés do Brasil, cultívase agora en moitas zonas de clima tropical, polo seu froito, tamén chamado anacardio.

A árbore mide entre 5 e 10 metros de altura, chegando os exemplares máis altos a 20 metros, a súa copa ben poboada o seu froito ten forma de ril, seco e torrada é a forma máis habitual de consumo. Xunto as súas flores, ben pequenas, fórmase un pedúnculo maior e máis brando que o froito, tamén comestible, de cor laranxa ou vermella.

Os portugueses levaron a árbore ás súas colonias de Asia e África, pero foi na India onde mellor se adaptou a árbore. Hoxe a India, Mozambique e Brasil son os maiores exportadores do anacardio. Do anacardio tamén se procesa un licor; o de Goa, chamado fenny é o máis coñecido. En portugués a árbore coñécese co nome de (cajueiro) caxueiro, e o froito como noz de cajú.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas